Hoxe fun ata Rábade correr (manda truco esta afición; 2 h de viaxe para 20'...)o VII Memorial Eduardo Fernández Villamarín. Nada mais chegar asaltaronme as lembranzas dos tempos mozos, sobor de todo do Triatlon de 1990...a meta estaba no mesmo sitio.
Topo cun bo feixe de xente coñecida e vou con eles cara á recollida de dorsais, logo comentamos o percorrido ó carón dun café e a quencer. Cumprindo a máxima non escrita de que a proporción entre o tempo de quencemento e a distancia dunha proba son inversamente porporcionais tendo o punto de equilibrio na distancia de 5 km.
Xusto cando me dirixía á zona de saída, ó cruza-la vía, esbaro nos tablons do lugar da feira e caio sobre o costado dereito; érgome mais mancado na mente que na cadeira pero aínda tardo en escomenzar a trotar...
Xa na liña de saída atopo á miña parella "circuiteira" e a moitos outros foreiros-circuiteiros (e iso que había outras dúas probas hoxe con 'mais posibilidades'). Colcámonos como podemos aproveitandolle os flancos ó arco e !!!veña que vai¡¡¡. Saio moi rápido porque quero aproveita-la boa colocación para evitar bloqueos, 1º km 3'28"... ahí me decato do tolo que vou e modero algo o paso imos dando curvas e mais curvas, sae o sol pero a temperatura é boa, a cadeira non me manca e sigo a bó ritmo, paso o km 3 en 11'15" pero a partires de ahí xa sei que non vou seguir con ese ritmo... estiro a zancada con medo e concentrome en respirar, a pequena costa da praza da estación non me afecta e tento apretar o que me quede pero do 3 ó 4 fago 4'15" (15'30" no 4) e pouco podo xa apretar...loito por facer menos de 19'30" e penso que o consigo...mais oficialmente non (a min deume 19'28"). Posto 99 de 342 e 19'31" (4'55").
Saudo incluso a quen semella non querer saber nada de saudos e vou para o coche, estiro e arrinco de volta. Xa na casa me vexo un bó golpe na cresta ilíaca dereita pero nada que me quite a alegría de ter corrido novamente e por baixo de 4'/km... Paciencia e pouco a pouco... sen presión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario