Todo remata por chegar... Dani gosta de ir correr e cando lle dixeron que fora co clube para o relevo 4x60 non o pensou malia ter que pasar dende as 10 da mañan ata as 12 da noite fora da casa... para él todo foi un xogo.
Tras 3 horas e media no coche non houbo xeito de que parase na sombra ata que chegara o grupo; os nervios non lle deixaban descansar. Coa camiseta e os seus primeiros clavos (prestados) se enterou que tamén correría nos 60 mts lisos individual. Tomouno xa con calma, a él o que lle preocupaba era o do relevo polo de pasar ben o testigo.
Eiqui tendes o vídeo da súa carreira individual.
E unha foto da súa chegada á meta.
Fixo 9,6" e quedou (por tempos) de 12 dos 44 participantes e de 5 dos do seu ano.
O relevo era unha das derradeiras probas e tiveron tempo de practicar empregando unha botella de auga como testigo. A Dani correspondeulle a saida así que só se tería que preocupar de pasalo e non de recibilo. Eu coido que o relevo todo foi moi bonito
Fixeron menos de 10" cada un e gañaron (tamén por tempos) así que lles tocou recibir "chapa" no alto do podio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario