20 ene 2008

A "corrida" de Viana

Bueno, pois alá fomos a darlle sabor a unha fin de seman moi fermosa.

Chegamos con tempo dabondo para andar buscando praza polas ruelas da parte vella, o ir polo dorsal xa fun atopando xente de CenG e tanteando o magnífico ambiente plenamente xustificado pola espléndida meteoroloxía e a celebración do campionato de estrada de Portugal.
Quecemento pola avenida da carreira, cámara en man facendo fotos turísticas e percurando sitio para xantar mais tarde. Volta á liña de saida, poño a kanmiseta e "mira outros de correr en galicia" saio como unha chispa tras deles e remato o quecemento cun pequeno grupo da grande familia.
Imos á percura da saida... algo mal organizada pois a xente da mini-maratona se meteu polo medio dos da carreira principal e a rúa era estreita para a participación que había; soa o disparo de saida, a carreira que non vai, pasan uns segundos alí parados e logo imos andando aínda uns metros... O pasar pola saida poño o crono en marcha hai motos na rúa e o público prolonga o embudo das gradas e os valados ainda uns metros mais. Ó entrar na Praza da Galiza por fin boto a correr iso sí, pola beira rua e esquivando postes, sinais e xente... Ata ben chegado o 1º Km. non noto que estou nunha carreira; logo vou tentando non me lanzar e axusta-la pegada. Viramos baixo a vella ponte e xa noto os efectos do sol, vou falando cun galego que me saudou; estou moi contento de correr sen nengunha molestia e me sinto moi comodo así que apreto, atopo un compañeiro do foro, e imos esquivando xente e avanzando posicions. Cabo do mar viramos, aire de fronte non moi forte e que a min me refresca. Sego con gañas, axustando a pegada e tentando achegarme ás espaldas que levo diante, bebo que estou a sudar coma si fose verán. Entre o 8 e o 10 afrouxo un pouco mais logo me decato de que vou ben e que todo o circuito é prácticamente chan así que me zurro outro pouco. No 11 atopo a outro compañeiro que vai algo afundido, ofrezolle as costas para se cubrir do vento mais non pode e mándame seguir... Vexo un par de grupos ó alcance e tiro coa gaña de saberen onde é que está o meu límite... No Km. 14 teño que voltar a afrouxar porque as pernas avisa de cansancio. Vexo a costa do circuito e me reservo, xa na baixada tiro con gañas e chego a meta asi... 1.01:47 (1:01 polo meu)


Que nos gustou e que voltaremos.

Engado as marabillosas fotos de Lentoperosejuro porque é bó ter lembranzas de cando se pode disfrutar.

No hay comentarios: