9 mar 2007

Probando

Visto o de Padrón decidinme a probar un pouco de "traballo"; para escomenzar estreei a costa da prolongación da Avenida do Bierzo facendo series (450 mts); a verdade é que me custou mais baixar que subir porque o vento metia unha friaxe de demo. Ben, unha pendente continuada dun 7% con boa iluminación nocturna.

Hoxe mandeille uns intrevalos (fartlek) 15-5 a ver como lle sentan á perna...

Maña "proba de conducción" e pasado 'longo'. Hai que seguir preparandose que logo chegan "as 5 de primaveira" (Vig-Bay, Vilagarcia, Ferreirua, Coia e Betanzos).

1 comentario:

Anónimo dijo...

Alégrame moito a tua recuperación, agora a entrenar duro e preparar as medias que xa están á volta da esquina. Mais coido que todas será moito, non si?