Entrou o outono con forza no bierzo e tratamos mante-la dureza mentras fora posible... afrontamos a subida do terrorifico rampón de Onamio e gozamos das vistas do miradoiro de Otero de toral.
Chapoteo: 23,65 km
Pedaleo: 337,4 dureza: 11,65
Blog específico para ás miñas actividades de exercicio e ó deporte en xeral
Entrou o outono con forza no bierzo e tratamos mante-la dureza mentras fora posible... afrontamos a subida do terrorifico rampón de Onamio e gozamos das vistas do miradoiro de Otero de toral.
Chapoteo: 23,65 km
Pedaleo: 337,4 dureza: 11,65
Non sei porqué me queixo si sego facendo o que me peta... o certo é que agardaba ter feito mais sobre todo ter pillado mais tractores que só 4 son poucos... A sorte é termos paisaxes como este da foto dende Lombillo.
Chapoteo: 25 km (só van 6 días de piscina de 25 mts e xa estou mareado).
Pedaleo: 464,5 km e 5249 mts de ascenso (11,30 de "dureza").
Non se trata de a donde chegas ou canto fagas senon de seguir tendo gañas de facer e folgos para chegar.
Chapoteo:21,5
Pedaleo: 746,7 (dureza 13,54)
Nestes días días voltamos a presencia-lo paradoxo-oximorón do "deporte de alto nivel amateur".
Calquera de nós sabe que acadar niveis de rendemento significativos a nivel global en calquer disciplina das incluidas nos XXOO implica unha adicación que sin ingresos económicos é imposible. Ademais os XXOO non son unha competición exenta de "apoios" económicos; de feito son un monopolio si ben non de publicidade "visible" no campo si de eso que xera mais ingresos: os dereitos de emisión.
Os dereitos de emisión en calquer canle (radio, tv, streaming...) semellan se-la orixe do derradeiro acelerón cara a esas competicions das películas futuristas dos 90 que só existían como transmisión global e que representa o tema da superliga que acabará sendo a 10 anos vista unha NBA de futbol global... ou eso quixeran.
Porque os altos ingresos por publicidade son a clave da alta tarifa dos dereitos de emisión e o pilar no que se sustenta todo o constructo mais hai varias nubes nese horizonte: Por unha banda a mais evidente que as cifras non cadran porque o ROI (retorno de investimento) da publicidade televisiva non se achega ó agardado mais iso ten unha orixe mais profunda e que pouca xente semella aceptar.
Non era preciso parar mais tocou facelo... por mor das cousas da vida, da meteoroloxía e das vacacions... e aínda menos mal
Pedalear 304,8 km
Chapotear 24,67km
Sei que foi un privilexio poder nadar tantos días en Orzán sen ondas malía a brétema... pero tamén sei que é normal "querer mais".
Non debería de me queixar que non foi por ningún problema mais o certo é que este San Xoan deixoume un mal rendemento... a concatenación de cousas da vida e do traballo non me permitiron completar o bó inicio do mes.
Chapoteo: 22,35 km
Pedaleo: 427km ascenso: 5566 m dureza 13,04
A comparación co 2020 é odiosa pero hai que ter en conta que viñamos dun confinamento terrible e que pouco mais podíamos facer que sair na bici.... o certo é que este San Xoan foi o mes mais "duro" dende Abril de 2018
Non me debera queixar mais puidera ter ido moito mellor mais as combinacions laborais e algunhas cousas raras me fixeron rematar así.
Pedaleo: 411,5 km 3961 mts de desnivel (9,62)
Chapoteo: 25,2
Non debera queixarme mais non saiu como eu agardaba este mes de Abril, puiden ter feito alguns Km mais coa fraca mais as cousas veñen como caen e logo a meteoroloxía tamén importa.
Vou engadir a partires de agora os metros de desnivel de cada mes e a razón desnivel/km e traterei de reface-los cálculos respecto ós meses anteriores.
Chapoteo: 23,5 km
Pedaleo: 313,2 km (3102 m) 9,90 m/km
Non é que poda recuperar o que perdín en 2020 mais si que me resarce do mal intre que paso en outros eidos.... o clima e os turnos axudaron e pudien sair incluso de corto.
Pedaleo: 477,9 km (4581m de ascenso)
Chapoteo: 27 km.
Vermos qué nos depera Abril.
Conquerir facer neste mes "coxo" como si fora un mes "completo" só pode ser obra da COVID... a suspensión do entroido non deixou más remedio que pedalear e chapotear e por certo con mellor rendemento do que cabía agardar.
Chapoteo: 22,8
Pedaleo: 256,8
Iniciamos 2021 con temor a todo e a nada, conscientes da fortuna de poder sair a pedalear e poder ir chapotear...
Chapoteo 25,75
Pedaleo 249,6
Decembro foi un derradeiro intento por salva-las cifras deste ano... non estivo mal pero na bici deixei moito que desexar porque polo menos desbotei 4 saídas.
Chapoteo: 28,35
Pedaleo: 104,2
No chapoteo baixamos os km un 33% (3 meses e medio sen nadar) mais teño boas sensacions na auga nestes derradeiros dias... pedaleando 2020 foi o mellor ano da miña vida mailia a facer 2% menos kilometros que o 2019 mais as rutas e os intentos (con éxito ou non) realizados foron moi especiais...
Non é nada bó que en Novembro puidera sair na bici tantas veces de curto... pero tampouco hai que deshidratarse sen motivo pois sair de longo non vai repercutir no clima.
Pedaleo 298 km
Chapoteo 23,9 km
Non me podo queixar dado o contexto e as circunstancias persoais e meteorolóxicas acadei os mínimos que tiña na cachola...
Chapoterar 20,4 km
Pedalear 199,9 km
Non estará ben visto que neste ano un diga que ten acadado os obxectivos mais... eso é o que pasou.
Pedaleo: 512,1 km
Chapoteo: 21,3 km
Este agosto presentabase como unha oportunidade pois as circunstancias apuntaban a ter moitas ocasions para sair coa fraca... malía que finalmente non as aproveitei todas e que houbo uns días de mal tempo cumrpin coa espectativa tanto cuantitativa como cualitativamente pois os 806 km do mes incluen algunhas cotas que malía a súa modestia obxectiva constituen hitos no plano persoal.
O Chapoteo viuse afectado por tanta actividade de pedais e porque a infraestructura resulta algo complicada así que quedeime nos 15,9 km.
Tedes os perfis de ruta no Strava que agora se pode ver no lateral do blog.
Unos largos de 2,3 km para @clubdelpaseo &Plage des Sablons pic.twitter.com/B365o3DWqt— Xosé Manuel Meijome (@Kandpalleiro) July 6, 2019