28 dic. 2016

Contratado¡¡

Fai uns días critiquei abertamente a nova na que se deba conta de que NIKE contrataba a corredores para baixa-la marca da maratón de 2 horas. Preguntaba polas impliacions éticas e polas consecuencias de ter un "contrato" desa índole.

Mais resulta que o programa de NIKE non implica só a corredores de elite senon que ten unha sección na que brindan a oportunidade a persoas que sentimo-la paixon por correr com fundamento da vida para facer realidade o soño de acadar unha grande marca... e tocoume.

Xa estou na lista de espera para repara-los meniscos dos dous xeonllos e me asignaron adestrador, fisio e nutricionista... terei que deixar de comer certas cousas pero o mais terrible será non poder tomar un pouco de cervexa ou viño. O seguro médico cubreme calquer problema cardiovascular que xenere o programa de adestramento e tamén inclue as futuras operacións froito do desgaste articular malia que non se pronuncia sobor dos síndromes asociados ó deporte de alto rendemento estou certo de que non haberá problema.

O contrato e moi longo para explicalo aquí; incluso para leelo mais os recursos postos garanten que chegarei ós obxetivos e non fará falta aplica-las clausulas finais...

Teño tamén que adicar certo tempo ó tema das promocions polo que dendo o vindeiro ano este blogue terá patrocinio non só de NIKE senon doutras marcas do programa "acada as túas metas" no marco do cal irei publicando entradas sobre os trebellos, prendas, accesorios e demais que me acheguen para acada-lo meu obxectivo. Pode que complete o programa cunha canle de video no Youtube mais non teño claro si a producción será por conta propia ou allea.

Entre medias delo debo adicar 10 horas diarias a adestrar e ou outras actividades que me marquen no programa de preparación e elo me leva a pensar en deixa-lo traballo... pero como me indicaron "xa haberá tempo de tomar esas decisions...

En fin que se abre unha tempada chea de emocions e vivencias únicas escomenzando polo paso polo quirófano.





































Si chegache ata aquí e creiche algo do leido Grazas, xa sabía que tiña amigos de bó corazón.

Publicar un comentario