31 dic. 2014

2014 o ano no que empecei a facer exercicio


Os problemas ó lonxe... mellor.
Vaise xa 2014... si tivese na mente o marco de referencia anterior diría que foi un desastre pero visto dende a actual perspectiva non teño mais queixa que as dores articulares que me acompañan cando me entusiasmo e quero "apretar".

Non o pensara, xurdiu así e coido que é a evolución natural de algo que se iniciou a finais de 2012... e froito das perdas que foron mermando os motivos para pasar cada fin de semana que podía por Galicia adiante correndo e visitando... simplemente sin motivo para a viaxe o participar en probas deixou de ser necesario.

E tal foi así que ata Agosto non me percatei de que nin tiña ansia de mira-lo calendario para "programar" probas... logo estivo o tema da obriga de inscripción previa... como me vou a inscribir si non sei si vou a ir? e a ecuación resolveuse: Xa non preciso participar porque non fago deporte; fago exercicio.

Supoño que voltarei a participar; teño un compromiso cun amigo e seguro que xorde algún mais... pero será xa irreversiblemente outra cousa... e nin mellor nin peor; simplemente outro xeito de disfrutar.

ahh o resumo da actividade de 2014 xa completo:

Corretear: 1203,3 Km
Pedalear: 814,38 Km
Chapotear: 218,97 Km
Publicar un comentario