E hoxe tocaba a Media maraton da festa do Polbo en O Carballiño... non estivo a meteoroloxía para botar foguetes mais ben algo dura (6º e orballo) pero alí nos xuntamos mais de 300 dispostos a completa-lo percorrido algo duro no tramo final con duas rampas duras no derradeiro kilómetro... de cada volta.
Moitos coñecidos viñeron a completa-la preparación para a maratón de A Coruña do día 21 e iso notouse pola forma e os ritmos da carreira; eu entroques a tentar completala sacando do corpo a mala sensación do domingo pasado.
Saín, como sempre que se corre por voltas, obsesionado con non seren dobrado apretandome na primeira volta sobor de todo no tramo chan antes da subida e na baixada inicial da segunda volta... ata o km 16 fun mais ou menos con bó ánimo e ó ritmo que mais podía; logo tiven que "soltar" e pasar un par de km ó ralentí para rematar con bastantes gañas para o que eu esperaba...
1 h 33' 59" 136 de 327 chegados. Desta volta o iPhone non tivo un bó comportamento polo que non vos fago perder tempo co enlace... pero sí vos deixo unha foto do tramo final da proba.
Para rematar agradecerlle a Camilo co que tiven a sorte de correr dende o km 6 ata o final pola súa compaña... (non é o da foto)
No hay comentarios:
Publicar un comentario