Blog específico para ás miñas actividades de exercicio e ó deporte en xeral
24 ago 2011
Antes de correr... trotar
Ou como se poda.
Volto das vacacions arrepentido por non levar roupa e zapas... ou non, quen sabe? O caso é que ademais da xa sabida perda da ocasión de sumar sitios recónditos nos que corrin (como o caso de Lairg en plenas highlands ou a illa de Skye) perdín a ocasión de participar nunha proba de 10 km na fermosa e querida cidade de Galway (Irlanda) e a mais fermosa ocasión de correr o cross dos xogos de Ballater pois, que o saibades, as probas teñen unha modalidade "aberta" de inscripción in situ GRATUITA e hai carreiras de 100 e 400 yardas e de Milla e un cross duns 6 km. Vamos, que foi unha mágoa.
En fin, que voltei con gañas e sain para ir facendo callo.... 8 km en 40' e gracias; que o xeonllo esquerdo escomenzou a tocarme as narices xa ós 5 km.
Mañan ou pasado unhas gloriosas mañiotas darán conta de tan paupérrimo esforzo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario