Como é ben sabido non son moi áxil nin forte así que pouco antes de saír a proba en Pazos de Arenteiro á vista das escaleiras polas que deberíamos pasar nada mais soa-lo disparo me preguntaba: Qué fago eu nesta movida?
Un día francamente apropiado para correr polo monte si che gusta como a min enlamarte... 7 Cº e nuboso con algún chuvasco. Unha vez que a xente da organización nos deu a "charla de advertencias" decidín que, de esnafrarme, que fose ó principio que logo xa tería que seguir andando moito tempo ata un sitio no que me puidesen sacar...
Así que o primeiro sube-baixa, o da prolongación do percorrido, o fixen algo adiante e forte para tentar non estobar a quen viñese detrás. Tiven sorte e non me pasou nada nin na baixada de rochas nin saltando entre os ramallos recen cortados. Xa nese tramo vin que ESTO É TRAIL e berrei como na peli "Isto é Espartaaaaaaaa..."
Tra-lo paso pola ponte quebrada subín o primeiro tramo con forza e así seguín ata que me decatei do lento que pasaban os km e que os meus cuadriceps si ben respostaban ó que lles pedía xa estaban algo fartos ademais; a camiseta interior que puxera estábame abafando así que aproveitei un tramo de pista ancha e non moi forte para sacala.
A partir da primeira baixada fun afrouxando e deixando paso na medida que o sendeiro o permitia; disfrutando da paisaxe e das paraxes que se veían e arrepentíndome de non ter levado o cinto de estas ocasions coa cámara... houbese feito unhas fotos caralludas.
Tra-lo chapuzón no regato e o avituallamento de aguita da man do amigo homónimo un tramo precioso de bosque para voltar ó terreo trailero choutando entre penas e raices. Só me decepcionou unha zona xa cerca de Carballiño chea de lixo. Funme apagando pouco a pouco dende o km 10 notando a falta de forma pero xa no paseo do rio na propia vila me animei.
Disque tiña xesto de cansanzo na recta de meta; pode ser, pero disfrutei a proba e da compaña.
Aínda non hai clasificación e as fotos non as enlazo que logo borran os albunes e quedan os post deslabazados.
16.5 km 1h 45' e 114 de 240. Outra de puntiños para o saco
No hay comentarios:
Publicar un comentario