Blog específico para ás miñas actividades de exercicio e ó deporte en xeral
17 oct 2010
A Media das antipodas
Escomenzo a repesca das actividades deste mes coa participación na media maraton das River Run Trail series en Albert Town, Wanaka (Nova Zelandia).
Teño que dicir en primeiro lugar que a organización resultoume impecable ainda que a taxa de inscripción 45$NZ (uns 23€) semella algo cara pero que si ben non dan camiseta conmemorativa si que prestan moita atención ós participantes antes, durante e ó remate da proba por exemplo entregando unha folla con exercicios de estiramentos previos e posteriores á carreira (fotocopias do famoso libro "Estirandose") e un bono para masaxes na cidade cercana de Wanaka (unha visita imprescindible) Para proba estes servizos portátiles montados nun remolque perto da zona de saida/meta.
Comentar que dada a pirámide poboacional do pais esperaba ver tanta xente nova como vin, o que non esperaba era que participaran mais mulleres que homes tendo en conta que se trata dunha media maraton pero ahí están as clasificacions...(PDF) e ista foto da saída.
A proba foi toda por unha pista de terra e pedras cun perfil non chan mais non moi esixente; como queira que o SportyPal esixia que actualizara os satelites e iso me custaba cartos pois empreguei o NaviMap para facer un track que agora subín ó SportyPal (por certo, con novidades).
A medición doume 20.75 km que me levaron 1h e 36' o que ven sendo mellor do que contaba ainda que rematei algo canso notando a falta de adestramento de toda 1 semana e a longuísima viaxe de facía 3 días. Ó final tiven que disputar o sprint con outro participante...
Penso que tiven sorte de atopar esta proba que se adaptaba ó noso plano de viaxe perfectamente só lle faltaba ter sido na zona de Kaikoura que é onde cadran exactamente as antípodas de Ponferrada.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario