Xa iniciei a tempada 07/08 sen mais obxectivo que facer o que poda mentras o chasis non me falle.
Este ano adiantei a inauguración á semana pasada na milla de Ponferrada porque fixeron carreira popular e puidemos voltar a tempo dos cantís de San Andrés. Non me saiu nada ben a carreira, corrín incómodo malia que o circuito se prestaba para dar "zapatilla".
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiXDqFOz0299JNE7cKpp03HyKsg5-DM5uzpOGD9ezN-cNbIpCMyTq3B6AatUm7z7TyH6A7DNXG1ur9bQyr2C-ASSgjyMtqnXaejIUD9_6-KULy8TG3to-oGzoVjaSRv6_XoniN-zg/s200/Ponferradasencoche2007.jpg)
Nesta fin de semana a cousa foi ben diferente. Coma en anos anteriores fixen dobrete correndo pola mañan a "
PONFERRADA SIN MI COCHE" na que, gracias ó amigo Luis P., fixen un tempo de 40'06" (
40'13" na clasificación oficial) con moi boa sensación pois fun de menos a mais e rematei ó sprint; foi unha boa ocasión para coincidirmos a maioría dos habituais das populares bercianas e
irme enterando das próximas citas.
Pola tarde tiven a sorte de participar novamente na milla de O Barco desta volta na categoría de veterans "A" mais sen posibilidades de facer nada meritorio pois trocaron os escalons das categorías e cadrabamos os de 35 a 45 na mesma, para empeora-la cousa este ano corremos xuntos os veterans e os populares (alguns deles federados con marca) polo que decidín dar por bó o esforzo da mañan e sair a desfrutar do sensacional ambiente da
proba con mais público por metro de carreira que hai en Galicia.
![](http://lh5.google.es/clubadas/Ru9NGpcDROI/AAAAAAAAGKE/ACOjMU8qsYI/Milla%20Urbana%20%28140%29.JPG?imgmax=912)
Tamén me saiu bastante ben pois voltei a correr de menos a mais e decidín que tiña que chegar á meta con todo asi que na derradeira recta fun capaz de alcanzar ós que ian diante mais sen poder sobrepasalos.
INCONFORMISMO
Recoñezo que por esto eiquí non leva a ningures, mais coido que ainda mais ridiculo sería facer unha reclamación ou calquer outra trangallada polo estilo.... O caso é que na foto de arriba se pode observar como chego á meta un segundo dempois que dous participantes da milla de O Barco; a ámbolos dous se lles pode identificar polos seus dorsais nas fotos número 84 da 1º galería e na foto 244 da 2º galería; cal non foi a miña sorpresa e LEDICIA ó ver que a estes compañeiros de chegada se lles asignaron como tempos de meta 5'23" e 5'25"; polo que deduzo que os moi satisfactorios 5'40" que me poñen a min nas
clasificacions son, en realidade uns FANTÁSTICOS 5'27"...
No hay comentarios:
Publicar un comentario