13 jul 2006

Tritouratlon

Viña eu dun tempo ó ralentí; un tempo de adestrar sen adestrar e ollando pasa-lo tempo -deportivamente- sen facer ren; ate case me afeccionara ó fuchibol de tanto que o puñan en todas partes e tanto que se falaba del no traballo...

Entón arrinquei de tolemia e me botei á estrada; O domingo día 9 participei no triatlon demostración que o programa Vigoarena 2006 fixo na praia de Samil; foi unha cousa curtiña apta para maulas coma min e para nenos, quedei gratamente sorprendido de ver ós rapaces de 12 anos facendo a proba con tan boas maneiras. Non me queixo do que fixen pois na auga non me perdín nen sain o derradeiro e fixen o meu tempo habitual de chapoteador; na bici si que non dín o meu rendemento ainda que recoñezo que o circuito pola avenida da praia ofrece unhas condicions inmellorables salvo o problema das viraxes de 180º. O que mais me gustou foi a carreira a pé; por dous motivos, un polo meu rendemento que foi bó dado o escaso adestramento e o segundo porque se fixo pola praia (marea baixa) o que fixo realidade unha desas ilusions nas que cavilo cando adestro pola praia do vilar... mágoa que a xente pasou tanto de nós que andivemos a apartala en mais de unha ocasión. Ó cabo non atopo fotos nen clasificacions pero SEI que estiven alí.

Acto seguido fun coa familia á praia de Canido e botei uns chapuzons dende a ponte de Toralla; que diredes que é unha parvada, pero xa é un salto nada despreciable.

Logo collemos o coche e cruzamos a península deica....

PAMPLONA

E alí tamén me botei... ó encierro¨...

Á festa rachada....

Foi unha tolemia mais pasámolo moi ben.

Agora, a agardar outras oportunidades, porque esta fin de semana vai ser que NON.

No hay comentarios: