19 nov 2006

San Martiño

Outro ano mais acudin a Ourense para esta carreira fronteiriza entre unha "pura carreira popular" e un 'espectáculo atlético'. Ainda que este ano a piques estiven de non chegar porque a mañan foi Dantesca; cando saín de Valdeorras caía auga en "modo caldeiros" e se formaban uns charcos na estrada que dificultaban enormemente a conducción chegando a facer dúas veces o temido "acuaplaning".

Aparquei, fun polo dorsal e me dirixin á cafetería de costume ainda que non "Kedara" con ningúen alí sabía que pronto ou cedo algún do grupo aparecería. Ás nove e media "abriron os grifos do ceo" e consideramos a posibilidade de correr con bañador, gafas e aletas. Apareceu a mais 'bullangueira' do foro cargada de chips e dorsais e percuramos ó resto. Cada vez me gustan mais estas xuntanzas de xente absolutamente descoñecida que compartimos a adicción de 'corretear' por Galicia (e o mundo enteiro), variopinto grupo en tódolos aspectos (idade, profesión, actitude...) salvo no 'bó rollo'.
Prepareime e acudín a Kedada oficial para a foto de rigor; foto que agardo con impaciencia pois tivemo-la sorte de que Elias Domínguez grande atleta e mellor persoa se achegase por alí. Con isto non se rompe a nosa relación con Pedro Nimo senón que se amplía o círculo de atletas que son referencias inexcusabeis dos populares galegos.

Quencemento escaso sobor de todo falto de estiramento i entrada no 'mogollón' da zona de saida; moitos saudos, e xente de bó humor. Supoño que a melloría do tempo nos fixo ver de xeito diferente o panorama comparado con como se presentaba.

PUM; saida, vexo ó amigo que foi a NY a escasos 10 metros mais xa non consigo achegarme. cruzamo-la ponte e vexo a primeira costa decátome de que saín moi atrás para facer unha San Martiño á altura do ano pasado mais como tamén sei que ando mais lento e que o principal era NON LESIONARSE decidín colle-lo 'paso de kan' e ir tirando...
vou vendo ós quilómetros pasar sempre no 4' "pelao" ou perto (algún quilometro medía mais ca outro); cara ó 7 teño unha pequena crise por mor da costa da avda. da Habana mais conquiro refacerme e mante-lo tipo. No control do 8 vexo unha pañoleta coñecida ali adiante e digome: "¿e que sería isto sen os 'piques'?" e Veña, un pouquechiño mais... Na miña temida costa do quilómetro 9 vexo claro que non vou a acada-lo obxectivo mais sego estirando o zanco para tentar face-los 40'. O esbaroso adoquinado da ponte romana (!!!corredores, miles de anos de historia vos contemplan¡¡¡¡) cáseque me xoga unha mala pasada mais escoito xa o piii, piiii da alfombrilla da meta. Apreto un pouco mais, miro o crono xusto no intre en que marca 00:40:00 e digo MERDA¡¡¡ por que pouco. 40':08" oficial total (39':56" netos). 290 de 2055 chegados e sensación de dar mais (sobor de todo no que respecta á distáncia); estivo ben coma "rodaxe de fogueo" e non me manquei que era a miña obsesión tras unha semana de estranas sensacións Luns e Martes no xoenllo dereito e Xoves e Venres no esquerdo.

Quedan dúas sesions...

Das persoas coas que me atopei na proba quixera facer mención de Honra do señor Rosales.....

que recentemente voltou a rematar con éxito a maraton de NY quedando 2º na súa categoría.

Quero mencionar tamén a dous amigos do Deza que por diversos motivos NON acudiron á proba; por unha banda a Cristian Díaz ó que teño que agradecer a reportaxe fotográfica e por outra ó meu mister e mellor amigo "a frecha nercelleira" que se está a recuperar dunha tórpida lesión que o levou ó coitelo hai uns días: Sei que pronto estarei vendo a túa espalda nalgunha carreira.

Dos amigos do Deza que SI participaron Cristian conqueriu estas fotos...
Se as precisades xa sabedes o meu correo.

No hay comentarios: