27 nov 2005

!!!Carallo que frio¡¡¡

Onte pola mañan sain facer unha rodaxe longa (1º45') polas pistas de San Lorenzo e ainda que ia abrigado me chegou ben... Mentres ia deixando pegadas pola neve acordeime dos compañeiros que hoxe están na Maratón de Donosti.

Meses de esforzo e sacrificios se poden estragar por un tempo así. Frio e auga son mala combinación para correr unha proba tan esixente como unha maratón e xa deixan de contar as series, as progresións e as rodaxes. A alimentación, un grupo numeroso, bebidas quentes etc. pasan a ser puntales nos que se apoiar para rematar un desafio así.

Sorte a tod@s.

21 nov 2005

San Fins de Vedra

Onte fun disfrutar da paisaxe de outono ós pés do mítico Pico Sacro nunha festa do deporte organizada con moito espiritu e corrección por unha asociación veciñal; como xa sinalei noutra ocasión quen lle dera este entusiasmo a moitas organizacions.

Sobor dun trazado típicamente galego se correron probas para tódolos grupos de idade con participación de moitos nenos (que gusto ver tantos da escola municipal de atletismo do Deza); na carreira de adultos participamos 150 persoas sobor dun percorrido, como non, mal medido mais ben indicado e protexido... Non quedei moi satisfeito polo resultado (28'37"; 48º) mais as sensacións foron moi boas no referente a manter un ritmo rápido pensando nunha distáncia mais longa... Tiven a fortuna de atopar a compañeiros ós que facía 14 anos que non via (e seguen a ter pelo...) e xente do deza da que non sospeitaba tal afección e que o fai moi ben.

En féminas gañou Noemí Villar Vargas do Gorras Bierzo que seméllame que está a obter unha boa progresión neste ano.

Edición 23 de Novembro


Onte colgaron en correr en Galiza os resultados (.PDF 63kb); (46º; 28'35") bó esforzo dos webmasters, menos bó o meu mais paseino ben.

14 nov 2005

Despiste

É que estou no mundo porque ten que haber de 'tó'. Onte laiandome eu de ter que ir só a correr pola fermosa paisaxe berciana... Viñeron uns amigos a visitarnos xusto cando eu ia sair (11:30) e me din:
-"¿que, vas a la carrera eh?"
i eu digo
-"Si, voy a correr por el monte un poco"
-"como, ¿que no participas en la Media Maraton?"
-"¿que media maraton?"
-"la de Ponferrada..."
-"¿tu que dices?"
-"Que hoy hay una media maraton en Ponferrada; que está el tráfico cortado en el centro.. Lo lei en el diario de León."

Corrin ate o PC; carguei a páxina e eli estaba a nova... "Me cago en Poncio Piloto". Collin as 'rodas' de correr, o pantalon e a camiseta das ocasións e ala me fun (11:45).

Dentro das actividades do II Maraton Deportivo 'ciudad de Ponferrada' habia unha Media Maraton e carreira de 10 Km. Por sorte tiven a prudencia de me apuntar á carreira de 10 Km. (!!!e que gañas tiña eu da media¡¡¡) pois tomei a saida (12:00) sen quencer nada.

Foron mais de 10 Km.(o 10 paseino en 37':40") e me sentin ben; non me molestou a perna para nada. A organización pois; o percorrido estaba ben sinalizado i era bastante chan, habia auga e ate habia público animando. Mágoa outra volta da mala (pésima) promoción que se fai destes eventos; eu fun á piscina de arriba (universidade) 3 veces na seman, fun ós 2 estadios de atletismo, fun ós 2 parques polos que corre a xente en inverno e non vin cartel da carreira en ningún e o cartel do 'Maraton deportivo' só falaba do desfile dos clubes e da entrega de medallas a deportistas.

Eiqui tendes a proba gráfica por cortesía de Bierzo Deportes. Como facía algo de 'rasca' puxen unha camiseta por baixo e as luvas.


13 nov 2005

Paron...

Por iso é que hai que aproveitar o que se pode... Pois a molestia do xemelgo resultou unha sobrecarga e/ou tendinite e me tivo PARADO toda a seman. Recoñezo a miña adicción á actividade física e confeso que o pasei moi mal; i é que cumplir anos e non poder "celebralo" 'reventando' co crono (que non reventando o crono) nen tan sequer nadando me resultou moi duro.

Ainda por riba de tantas opcions que hai para ir a facer bulto esta fin de seman tanto en galicia coma en outras partes pois... ná de ná. Sairei polas pistas a rodar e mirár os cúmios nevados por riba das pinceladas ocres e roxas das viñas e os soutos.

7 nov 2005

Magosto, Matanza, Martiño...

Xa pasou a San Martiño 2005; foi, outra volta, unha festa do deporte popular cunha organización de grande nivel e unha participación que lle dá azos ó desexo de que se extendan os hábitos de vida sans.

Non me saiu mal (38'00" a 3'48" posto 181 da xeral e 28 da categoria) conquerin facer unha carreira mais regular tanto por postos (178 no 1º control e 182 no 2º) coma por tempos (fixen os 2 derradeiros Km a 3'45") mais quedei algo tocado nos sóleos da perna esquerda polo que nesta seman haberá que baixar un pouco o ritmo... A clasificación inclue a interesante opción de "tempo real" que axuda a valorarse a quenes non puideron/quixeron poñerse "no mogollón" durante a saida.

O meu querido mister "a frecha nercelleira" fixo un gran papel na sua reaparición (posto 50)... agardamos con interese a tempada de cross para velo repetir esto. Cristian Diaz tamén fixo unha carreira inmensa (2º Ourensan, posto 21 en 32'22") mais vai ter que tomar as cousas con algo de serenidade nesta seman pois tiña un hematoma importante nun xemelgo.

Grande papel da abondosa delegación berciana; o Cacabelense Jonhatan Descosido Gonzalez entrou en 34'26" como segundo Junior masculino (só a 5" do 1º), Hugo Alvarez Alvarez do Gorras Bierzo de Bembibre foi 3º na dita categoria con 34'35" (xusto diante de Nercellas), Ricardo Gracia Sancedo quedou 7º na categoria M-40 (35'36"), Sergio Fernandez Macias quedou 7º na categoria Junior e Noemí Villar Vargas foi a 9ª fémina (6ª senior).

A próxima cita... ah? a ver: Temos Negreira , Lugo ou Quiroga. ¿Qué será? pois xa se verá.

Para rematar un chiste doado...
-¿logo quen gañou en Ourense?
- O Kamais
-¿Kamais?
-Si, O que mais correu...