Mostrando entradas con la etiqueta Kan-rreiras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Kan-rreiras. Mostrar todas las entradas

1 dic 2013

MM Volta á ría de Ferrol 2013

Foi una boa idea teimar de ir a esta proba tiña eu esas boas sensacions deste mes pasado e quería saber ata onde podía chegar aínda que o venres me pasei de festa e o sábado tiven unha boa resaca...

Gran ambiente na saída o de facer carreira para nenos sen dúbida fai que haxa mais xente... a entrega de dorsais ben organizada e con tempo dabondo.

Coloqueime regular e cecais me veu ben para non tolear de inicio; fun ben acompañado na ponte das pías tratando de non cegarme e de coidarme do vento (que non era para nada o de outros anos pero o medo é libre). A primeira boa nova veu ó remata-la ponte e ver que seguíamos directos cara a praza de castela... evitando a terrible costa do centro de Ferrol.

Atravesamos Narón con bó ritmo... pasei o km 10 en 40':40" sen decatarme... Hai que decir que non corrín co crono nin fun preguntando os tempos... só trataba de encontrar xente con ritmos que puidese levar.


Cruzando as Pías
O final de Narón tiven unha pequeña baixada que me influiu na primeira costa de Neda sorte que levaba a don Amador que si mantivo o ritmo...

https://picasaweb.google.com/104618769454917143071/AdolfoRos2013#5952442731952053938
 
Foi por alí cando decidín: "ou rompe ou racha" e me decidín a apretar cunha xente que me adiantaba... aguantei ata o 17 con eles e foime moi bó... a esas alturas veía posible a miragre e no km 20 perguntei o tempo... xusto a unha persoa que non levaba cronómetro... dixome a hora e calculei... ahí, ahí... e lanzeime con moito ánimo.
 
https://plus.google.com/photos/106075340898950094693/albums/5952480678049683473/5952497531684447986?authkey=CJb_zsG7gcXf8QE&pid=5952497531684447986&oid=106075340898950094693
 
Cando daba a curva de acceso a meta non podía sabe-lo tempo pero estaba decido a chegar esprintando... entrei na meta e mirei o crono...1hxx' 57" (lembreime de para qué son as gafas)... e víñenme un pouco abaixo... seguín... voltei a mirar 1h 29' 00" e escomencei a dar choutos e a bailar ó son dos gaiteiros... Entrei berrando: AÍNDA PODO¡¡¡
 
Segundo ChampiónChip fixen posto 163 (de 876)  e 1h 29' 07" (1h 28' 56" netos).
 

24 nov 2013

Unha volta mais... Dragonte

O Castelo á dereita, Dragonte aló no alto...
E por fin voltou a conxunción astral a funcionar e cadrou que puiden ir ó asalto que cada ano nos propón Miguel M Basurko.












Fotokedada


Fixo un día perfecto para a carreira; disfrutei moito da previa pola cantidade de amig@s que atopei e logo pois tamén disfrutei o que puiden dunha dura proba.










Moi satisfeito no tema de rendemento pois aínda que na ascensión me levou 15" mais que vai 2 anos no total da proba o fixen en 35" menos que daquela (Dragomán 2010) e iso que este ano pouco andiven na bici e non fixen esas terribles series pola avenida do bierzo (costa de 500 mts).

Resultados 2010
Resultado 2013

Había unha grande festa...


Disfrutamos moito da paisaxe na baixada....

17 nov 2013

San Martiño 2013 con manguitos e ó tolo...

Boteime ás rúas de Ourense con outras 4551 persoas nunha mañan de outono fermosa e non moi fría pero polo menos para quencer puxen os manguitos... Por primeira vez en moito tempo (dende a maratón de Sevilla e por 1º vez en Galicia) empreguei o servizo de gardaroupa o que me obrigou a estar os derradeiros 20' coa mínima ropa (a de correr e una camiseta "de tirar") polo que me fun pronto para a saída pois é sabido que entre a xente se ten menos frío.

Non as tiña todas comigo, pero saín ó que  daba e pronto fun facendo grupeta cunha xente... sabía que ía rápido de mais para min pero pensei que coa de público que había e o que animaban ben pagaba a pena reventar no km 4 ou 5 total entre 45 e 47 minutos tanto me daba... a mente estaba concentrada en mante-lo ritmo costa arriba e alonga-la zancada costa abaixo e face-lo percorrido mais preciso posible. Entre o km 5 e o 6 non fun tan ben como podía pero logo saquei algo de alento dun compañeiro que me dixo en qué tempo iamos... disfrutei moito do último tramo (este da foto).

Foto Alexha Pires


Total 555 de 4552 en 40'42" A carreira popular con mais participantes chegados á meta en Galicia; ahí non é nada.

O resultado foi una proba superior á do ano anterior (2') e con moi boas sensacions...

Comparación 2012 - 2013




27 oct 2013

Mellorando na pedestre...

Un ano mais tiven a sorte de poder acudir a Compostela para participar na carreira pedestre... a mais popular do país.... a "nosa" cita como o demostra a afluencia de correlegas na fotokedada.


Para min foi unha cita redonda porque disfrutei o sábado da tarde noite pola cidade e porque na proba o pasei moi ben e saiume "redonda". Fixen 50'15" e posto 506 de 3595 co que mellorei 1' e algo o tempo do ano anterior pero o mellor foron as benditas sensacions e o ben que o pasei polas rúas da cidade salvo en parte da costa de Vite e na Meta que me deron nauseas...  polo esforzo pero nada importante

Pasando pola praza da universidade a todo gas


7 sept 2013

Repetín en Petín

Hoxe tocou voltar a participar na dura media maratón de Petín, desta volta ó non ser campionato galego eramos ben menos (71 chegamos desta frente ós 164 do 2010) pero eso non lle quitou o nivelazo humano que ten a organización e o agradable de correr polas terras de valdeorras.

A meteoroloxía foi moi favorable pois ós 25º vianse suavizados en gran medida pola brisa do nordeste que no segundo tramo nos deu de fronte.

A min persoalmente saiume unha proba expectacular e totalmente inversa á de vai 3 anos... si daquela me reservei ó principio e logo fun en boa compaña na segunda parte desta collín unha grupeta boa ó principio e fun nesa compaña ata o km 10 (44'21") no que baixei o ritmo para comer unha barriña e xa fixen o resto da proba só... afrontando as costas... para rematar en 1h 38' 19" só 1' mais que daquela e no posto 31 1:38:21 polo SportyPal.

A organización foi outra volta impecable; só se me ocurre que deberan abri-los contenedores do percorrido para non vernos obrigados a bota-lo lixo ó chan... que non podemos enlixa-lo entorno polo que disfrutamos correndo.


30 jun 2013

Polas beiras do sil cheando o fin...

Hoxe corrín outra volta a proba das sendas do sil en O barco con unhas condicions propias da estación e con participación dos habituais da bisbarra... Pouco que decir; que mantiven a concentración en correr pola sombra, en mollar o gorro de circunstancias co que corrín (e que me deu a vida) e en non mancarme nos tramos de senda.

Como comentario xeral decir que a falta de detalles como da-la auga en vasos e non por unha mangueira ou similar nas zonas de mais calor se supliron con boa vontade... os trocos no circuito respecto ó ano pasado... na zona da marxe dereita non se debeu recurtar nada, na marxe esquerda a zona das táboas... era un obstáculo engadido (a min veume ben, que mollei os pes e o gorro alí) esperemos que a manteñan para o ano.

O sportypal dí que foron 19.3 km e os fixen en 1h 31 o que non está nin ben nin mal é para o que estou.

Con esta proba chega o fin de moitas cousas, algunhas moi especiais e outras propias dos ciclos anuais... este (segundo o gráfico de Sportypal) foi o período mais longo de actividade dende 2010 pois salvo a "pausa voluntaria" en febreiro dende novembro levo facendo mais de 150 km (e de 200, ver a imaxe)
ó mes sen grandes mancadelas o que non lembro dende 2005... remata tamen a participación no circuito de correr en galicia coido que asegurando a permanencia en 1ª pero ata que pasen unhas semanas non o saberei... remata a ilusión de facer un tri este ano... simplemente non me cadra nada ben e teño a bici abandoada como para botarme agora a facer 40 km...

12 may 2013

A ferreirua 2013 o sabor da mellora contínua

E chegou o día de voltar á ferreirua... Todos temos na vida cotián un sitio "o que voltar"; pois ben, como corredores tamén pasa que alguns temos unha proba na que "hai que ir" porque si non a tempada sería... triste.

A grandeza dunha proba non se mide polo tamaño da poboación que a organiza nin polo despriegue de medios no seu desenrolo... mídese (ou eu así o fago) polo trato que cada persoa do lugar dispensa ós que os visitan. E nesto A Ferreirúa (Pobra de Brollón) sácalle varios corpos de vantaxe a organizacions "profesionais".

Non vos é unha proba para ir "de paseo" porque o terreo é 'do país' e eso esixe ter certa resistencia acumulada na que hai que engadir as condicions meteorolóxicas concretas do día de celebración que poden voltar alguns tramos un auténtico calvario.

Desta volta corrín moi consciente das miñas limitacions e conservando a calma ó principio o que me permitiu completa-lo percorrido cun extra de forzas e mellora-lo rexistro do ano pasado sobor de todo grazas a unha segunda volta mais estable.

O gráfico de comparación de ritmos o acredita



21 km en 1h 34' 84 de 174

Para rematar quero voltar a mencionar a honra que se fai ó foro de correr en galicia coa conceción do "premio á fidelidade" pois mais que adicado á miña persoa o vexo como un premio a unha labor de grupo.


Agradecer tódalas fotos compartidas por tanta e tanta xente e que ó final conforman a memoria que un ten da súa participación nesta festa.

7 abr 2013

A voltas co Carballiño...

E hoxe tocaba a Media maraton da festa do Polbo en O Carballiño... non estivo a meteoroloxía para botar foguetes mais ben algo dura (6º e orballo) pero alí nos xuntamos mais de 300  dispostos a completa-lo percorrido algo duro no tramo final con duas rampas duras no derradeiro kilómetro... de cada volta.

Moitos coñecidos viñeron a completa-la preparación para a maratón de A Coruña do día 21 e iso notouse pola forma e os ritmos da carreira; eu entroques a tentar completala sacando do corpo a mala sensación do domingo pasado.

Saín, como sempre que se corre por voltas, obsesionado con non seren dobrado apretandome na primeira volta sobor de todo no tramo chan antes da subida e na baixada inicial da segunda volta... ata o km 16 fun mais ou menos con bó ánimo e ó ritmo que mais podía; logo tiven que "soltar" e pasar un par de km ó ralentí para rematar con bastantes gañas para o que eu esperaba...

1 h 33' 59" 136 de 327 chegados. Desta volta o iPhone non tivo un bó comportamento polo que non vos fago perder tempo co enlace... pero sí vos deixo unha foto do tramo final da proba.

Para rematar agradecerlle a Camilo co que tiven a sorte de correr dende o km 6 ata o final pola súa compaña... (non é o da foto)


3 mar 2013

Forte en Monforte

Elexín facer outro esforzo e, de paso, facer puntos para o circuito aproveitando que a proba me quedaba na ruta para ir ver á miña velliña...

7.1 km en 29' con altibaixos claro, pero contento da resposta das pernas e de non me mancar... agora que podo Chiar os resultados o saberedes antes de que eu o publique aquí... 111 de 380

20 ene 2013

E caeu a de Noé en Viana...

Pronto resumo eu esto: Eu sen forma, moita xente moi boa, a lancha pinchada... pero disfrutei. A organización ten algunhas cousas que mellorar: A entrega de dorsais, tendo tantos voluntarios... a saída por caixons... pero tamén e certo que é a 1ª vez que vexo un servicio de microbuses para ir ás duchas e funcionou de marabilla

1H 33' 18" (oficial) 661 de 2215

Gracias Mincha polas referencias na saída polo que fun tratando de acompasar ata valora-la costa do km 13 (que a baixamos no 6) e tamén gracias á xente de Taninos Ponteareas que me levaron en volandas do 13 ó 18; logo pinchei e fun como puiden que foi pouco...

No Sportypal vese ben que dendo o 17.6 xa non fun quen de manter un ritmo ata a parte final...


16 dic 2012

A media das congostras

Hoxe tocou unha PROBA ben distinta do que temos en mente cando falamos dunha media maratón i é que o de Caldas foi un loitar contra os elementos de tal xeito que o de menos foi cómo rematar senon rematar en sí mesmo...

O caso é que foron 19,5 km en 1h 29' e que xa estou para outra


25 nov 2012

A sorpresa de Arousa

Hoxe participei na Media Maratón de Vilagarcía de Arousa coa intención de completa-lo percorrido nun limite de 1h 40' pero a cousa foime moi favorablemente e rematei en 1h 31' 57" (segundo Championchip) ritmo medio de 4'22"  Como SportyPal non mediu ben... vos poño un cálculo de ritmos segundo a cronometraxe...

ata o km 3.5 15' 55" (4'18")
no km 7 30'28" (4'09")
no km 10.5 46'23" (4'32")
no km 14 1h 1' 6" (4'12")
no km 17.5 1h 17' 22" (4'38")
ultimos 3.5 km a (4'10")

Dende logo non debo deixar pasa-la ocasión de agradecerlle a eskijama a labor e "metronomo" durante mais da metade da proba... a cousa houbera sido diferente si non teño esa referencia. Fixen o posto 190 dos 426 chegados á meta.

As sensacions foron boas sobor de todo ó final e iso que facía meses que non pasaba dos 16km de adestramento.

18 nov 2012

A formiña de San Martiño

Uns din que un "veraniño" eu digo que é unha especie de estado de forma efímero que cadra coa popular carreira ourensana...

Foime moi ben, disfruteina moito e saiume ben e non me manquei

O Sportypal dí que fíxen 42'22" en 10.4 km ChampionChip dí que fixen 42'23" (42'09" neto) posto 769 dun total de 3768 chegados á meta

Como dato e aínda que o tempo e o posto foron peores este ano que o anterior eu coido que corrín mellor e o gráfico comparado do Sportypal o refrenda...

Comparación de ritmo de carreira San Martiño 2011 (verde) e 2012 (azul) 
Os tempos de paso polo km 5 (22'50") e 8 (33'42") veñen dicindo que:

Nos primeiros 5 km fixen unha media de 4'34"
do 5 ó 8 fixen 10'52" media de 3'37" (así cheguei alí reventadiño)
e do 8 á meta 8'41"  media de 4'20" pero o sportypal dí que os derradeiros 500 mts voei...

11 nov 2012

Apoiando á familia do ADAS

Tocou ir ata O Barco para participar na festa da carreira dos santiños con esta gran familia á que penso que temos que apoiar agora mais que nunca...


Porque fan unha labor de apoio social por medio do deporte e porque aportan valor a tódolo que fan.

A min a proba foime moi ben, disfrutei, me esforcei e non me manquei.

6.9 km 28'35" 

28 oct 2012

O lugar onde aplauden as pedras

Outra pedestre mais... e van... O certo é que ainda que sigo empeorando me sinto moi afortunado de poder participar e rematar esta querida carreira e mais con un día tan bó como o que disfrutamos e co ambiente de festa deportiva que reinaba. Foi tanto o que disfrutei que ata sentín que as pedras aplaudían.

51'36" para os 12.2 km da carreira (Posto 740 de 3000 e pico )


24 jun 2012

Sendas do sil 2012

Derradeiro esforzo na pasarela do Sil
Foto cortesía de Xosé M Álvarez
Achegueime a Valdeorras a disfrutar dunha mañan fabulosa na compaña de un bó feixe de xente disposta a facer bó o esforzo dunha organización moi voluntariosa pero algo inexperta nunha proba cun percorrido ben imaxinado e moi fermoso.

A proba foi unha gozada para mín pois pensei estar moito peor pero non sei si sería pola compaña ou pola configuración do terreo sain ben contento de alí.

Foron 20.5 km en 1h 35' para o sporty pal (25 de 84 chegados segundo a clasificación oficial)

2 jun 2012

Collendo páxaron en Ferreira de pantón

Pois como era a proba que mais perto tiña aló me fun a Ferreira de Pantón a ver si saia deste marasmo no que está o meu corpo...

Moi bó ambiente e boa organización. Carreira sube-baixa cun tramo de senda e outros superficie de empedrada. Saín demasiado apurado porque non conseguin arraca-lo crono no disparo... e logo xa non fun quen de tranquilizarme... e rebentei como unha castaña logo só fun pensando en rematar, respirando e tentando non estorbar.

Tal é así que debe se-la primeira proba na que acabo da mitade cara atrás.

93 de 163 chegados 6.2 km en 27'46" (4'29")

A ver mañan cómo me atopo para seguir adestrando...

27 may 2012

Media Maratón A Coruña 21

Pois aló fun coa boa compaña de Paco Bao a facer bulto nesta prova que semella consolidarse no calendario galego primaveiral.

Meteo estupenda 15º, nubrado, algún orballo. Organización ben pero con cousas a mellorar dada a taxa que cobran. Por exemplo os caixons de saída si non se ven é como si non os houbera... e menos si non se fan respetar (Tipo Lugo Monumental).
Non vou facer un descriptivo das miñas doenzas e deficiencias: é o que hai e vou seguir vivindo con elo e penso seguilo disfrutando. O meu corpo simplemente me dí "ou así ou nada" e eu acepto esa chantaxe.

Saín con pulos na primeira volta sen medo a pinchar e así fun ata casi o km 9 no que baixei o ritmo a algo mais levadeiro para as miñas articulacions; entre o km 11,5 e o 13,5 voltei a apretar para tentar non seren dobrado pola cabeza de carreira e conseguino. Logo xa tiven moitos altibaixos... e un pouco de pinchazo entre o 17,5 e o 18,5 para acabar apretandome outro pouco.

Ó final fixen 1h 34' 24" (1h33'59" neto) e o posto 267 dos 836 chegados. O meu Sportypal tamén me levou a conta.

13 may 2012

Ferreirua 2012

Foi o que tiña que ser... disfrutei do ambiente e da acollida. Gustoume o troco do circuito metendo a volta curta ó principio faise mais levadeiro o final.

Sain conservador, confieime algo no primeiro paso por veiga e sufrin moito dende o 18 á meta... pero xa está,

21.097 km 1h 38' 33" (99 de 220)

Engadir que sego disfrutando do ambiente desta carreira "de aldea" mais que ningunha outra do mundo mundial; boa xente traballando con mellor espíritu e comprendendo cada necesidade dos participantes, superandose cada ano e buscando mellorar. Moitas grazas por seguir ahi.

5 may 2012

Vilalba 2012

Pois aló fun entre chubascos e sol

Non me foi mal na estrea das Mizuno novas 5.53 km en 22' quedando no 30% dos participantes (34 de 115 mais participación que o ano pasado) o que me permite seguir sumando a ver si acado a permanencia.

Si antes o digo antes pasa... o GPS do iPhone non debía andar moi ben que na traza me mete por sitios... e ese tramo a 2'09"/km... non sei eu. Pero o tempo total coincide co de ChampionChip.

As sensacións non foron malas no muscular así que podo ir pensando en ir a mais cousiñas neste mes.