30 mar 2012

Maio en marzo

Xa caín da burra e puxen o SportyPal no iPhone vai moi ben...

i eu... pois ahí ando polo de pronto coido que o domingo irei a Verín a correr pero non o entroido.... e con estas temperaturas e tanto polen farase o que se poda.

Hoxe 11km 50' nin ben nin mal senon tódolo contrario.

29 mar 2012

Holgando

Había que aproveita-lo día... uns van de paseo ou á piscina e eu... vou correndo.

9.5 km en 43' o SportyPal segue a valerme polo de agora só que teño que esperar a ter unha WiFi para subi-los datos dende o HTC pois aínda non me decidín nin por unha funda nin por un programa para o iPhone.

28 mar 2012

Sen rastro

Pois estou a facer sen deixar rastro... non teño aínda claro que app porlle ó iPhone para esto do deporte/forma física.

Hoxe auguiña 150 + 1250

27 mar 2012

Resolvendo o cruce tecnolóxico

En tanto non resolva o cruce do HTC ó iPhone e non saiba como vou facer para seguir co SportyPal pois vou co HTC e rexistro os resultados nel aínda que non me deixa subilos coa WiFi como era a miña intención...

8.3km en 37'

26 mar 2012

Natación intelectual

Hoxe fun nadar á hora dos intelectuais e bohemios... ás 12 da mañan...

150 + 1250 Os mocos non paran, a cabeza menos.

24 mar 2012

As pernas piden o que os pulmons non dan

Unha mezcla de catarro e alerxia fai que non saiba si vou o veño.

Os 9.5 km de sempre os fixen en 44'25" que non é o peor rexistro e sei que fun amodandome porque os mocos cáseque non me deixaban respirar.

23 mar 2012

Monolítico

Estoy a pasar un proceso gripal Ou catarral pero sigo Facendo. Natación 150 + 600

22 mar 2012

Adpatado á realidade

O catarro pegouseme ben, pero eu son mais teimudo...

Natación: 150 + 1000 a ritmo vou ben, cando tento apretar... teño que elexir entre respirar ou botar mocos.

21 mar 2012

Arrastrase é o que ten

Que un non sabe si vai ou ven.

Hoxe 1h xusta 13km moi afogado a trozos, entre tos de catarro e alerxia... pero seguimos funcionando.

20 mar 2012

Augas forzadas

Así andamos, que facemos duas sesions curtas a medio gas e xa temos os tendons apretados.

Hoxe fun nadar... bueno, arrastreime a nadar... o quecemento xa foi significativo pero cando ia nos 750 vin que si quería aprovita-la sesión o mellor era deixala pasar.

150+1000+100+50 os meus músculos non daban mais.

19 mar 2012

Espoleado

O de onte me animou e hoxe saín espoleado... Porque non dou mais si logo dou mais? será que me adico a pensar...

Fixen os 11 km da dobre volta de campo en menos de 48' (menos de 4'30" o km) pero lonxe aínda dos 4'04" de onte... eso sí disfruteino.

18 mar 2012

Probando o combustible negro Monforte 2012

Como queira que non estou a preparar "en serio" nada pois cando menos darme un gusto de cando en vez... e por iso o San Patricio de onte non foi coxo en pintas e supoño que mal non me fixeron.

E con esa carga me acheguei a Monforte para participar na IV carreira popular do concello da vila. Non me foi nada mal en canto a que mellorei en tempo (fixen 28'27" fronte ós 29' 14" do ano pasado) pero visto o tropel de galgos (e gacelas) que había perdín posicions.

Gustei da carreira porque ainda que saín moi apresurado e tiven que ir 2 kilometros recuperendo logo collín bó ritmo cunha referencia boa e mantivenme ata o final no que botei o resto; mágoa de SportyPal pero...

7 km 28' 27" 122 de 392 (ainda que o PDF pon III carreira e data de 2011 é o bó).

16 mar 2012

Vento de troco?

Seica troca o tempo... a ver si é verdade. Hoxe matutino tradicional 9.5 km en 43'39" o que non é mal tempo para como viña desempeñandome. O domingo si non hai trocos a participar en Monforte.

15 mar 2012

Auga ou mocos?

Esto da seca e da cuspreaceas estame a poñer algo tolo...

 150 + 800 + (3x200) Non estivo mal pero cáseque ten que entrar a socorrista a sacarme... afogaba cos mocos.

13 mar 2012

Melloría pola manga

Calor nun día de Marzo... manga curta e melloría en tempo e sensacions.

13.6 km 1h 3'

12 mar 2012

Sen tempo e sen aire

É o que ten face-las cousas ás presas... quedas sen aire.

Fun a nadar co tempo xusto e así non se pode facer nada ben.

150 + 1100

11 mar 2012

Alcorconando

Hai que ir purgando o que se fai... ainda que sexa dando pena.

Sen prisa 8.5 km en 43'

9 mar 2012

ESGOMATENTO

Esgotado mais contento...

Saquei vontade para ires ó choio correndo? Bueno como fose, pero o fixen.

9.5 km 45' o SportyPal púxose tolo pero o rexistro vale.

8 mar 2012

Melloría empeorando

Pois si aínda son capaz de facer peores tempos si pero tamén de ter forza de vontade e sentíndome esgotado sair a troto-correr.

13.5 km 1k 4' Non o entenderei nunca, fixen incluso algo mais de percorrido que antonte pero o SportyPal dí que fixen menos distancia...

7 mar 2012

E mais rutina

Natación 150 + 1100

Estou contento polas sensacións aínda que os ritmos sexa tan penosos.

6 mar 2012

Trotada baixo mínimos

Así son as cousas e non hai porqué ocultalo.

14 km 1h4' Só lembrar que en Oporto fixera mancado (rotura de fibras no xemelgo) 15km en1 h en 6'...

Pero estou ben de ánimo e fun pensando nun tema que me plantexaron hoxe... e disfrutei qué carafio o outro é para os gacelos¡¡¡ eu son Kandpalleiro.

5 mar 2012

Auga anaeróbica

Polo menos nadando podo facer que fago...

150 + 800 + 3x200 + 50

3 mar 2012

Cross de Ordes 2012

E reiniciei a tempada con bó pé, non podo dici-lo contrario.

Fun ata Ordes a corre-lo cross ambiental que organiza o concello e o clube da vila con moitas probas "paralelas" nas que destaco pola envexa que me produce non poder estar eu nela o Canicross.

Foron 9,4 km en 44'10" segundo a organización e fixen 55 de 174 chegados á meta o que non está mal porque o circuito sin ser un trail era esixente mais tamén precioso (salvo un tramo de eucaliptal recen cortado) e ben marcado.

Agora outras duas semanas de adestrar e a ver qué decisions vou tomando.

2 mar 2012

Rutina con forza

Tocaba hoxe rutina natatoria; pero colleume con gañas e a fixen disfrutando de cada brazada.

150 + 1100

1 mar 2012

Outra tanda incógnita

Hoxe fixen 1h 2' con boas sensacións ó principio algo de cansazo ó final e mala hostia porque o trebello este voltou tolear.

Coido que fixen uns 13 km.