31 mar 2011

Coa sinfónica ornitolóxica vaise mellor

Hoxe viñen acompañado pola "sinfónica ornitolóxica" foi un bó xeito de despedir este Marzo...

9.5 km 43'54"

30 mar 2011

Malos tempos para un palleiro

Pois iso; tocan horas baixas... aínda así hoxe na piscina non me sentin mal, a ver mañan pola ceda como vai o xemelgo este..

100 + 1200

27 mar 2011

Que forte o de Monforte

E o de tod@s os que hoxe se botaron ás rúas do país a correr...

A min non me foi mal; fixen os 7 km en 29'14" (4'11"/km) sen problemas de sobrecargas nen outras mancadelas, incluso no 1º km fun a 3'44"... disfrutei da compaña e da proba. A carreira estaba ben organizada e foi lucida malía a meteoroloxía. 109 de 297.

23 mar 2011

1,2,3... Probando 1,2,3 cabreando

Saín a trotar... ós 20' xa notei a perna cargada... a ver si mañan no fisio o TECA ese fai milagre porque ir irei a Monforte, pero non sei ó qué.

22 mar 2011

Vento...de troco

Hoxe xa non facía o día tan bó do domingo; así e todo boteime á ruta a facer exercicio nese "tunel de vento" que é a N-VI cando che dá de frente.

39 km 1h 27' evidentemente a media ata Cacabelos foi así polo vento...

20 mar 2011

Bici primaveral

Recupera-la esperanza é o mellor nun día coma hoxe... tiña que estar en moitas partes pero tocou quedar na casa e tiven o premio de disfrutar unha modesta saída en bicicleta:

40.5 km en 1h 28' pero as sensacions...ahh as benditas sensacions...

A perna xa non amolou tanto hoxe nin camiñando nin na bici.

17 mar 2011

Unha muller e as estrelas nunha camilla

Vaites¡¡ que vida esta de revello... Agora cando unha muller me fai ve-las estrelas tendido nunha camilla xa non é como antes... Foi dolorosísimo pero o peor non foi pagar por elo, o peor é que quedei tolleito toda a tarde... a ver si só queda en contractura ou que é o que pasa.

16 mar 2011

Outra de mancadela

Pois nada por bruto non disfruto...

Hoxe tiña "invitación" no choio e fun trotando ou eso pensaba eu; pero xa no KM 4 o xemelgo dereito se acordou do maltrato do domingo e do día do luns conducindo e que eu só prestaba atención ó xeonllo esquerdo e 'ata aquí cheguei' dixo.

fixen os 9.5 km en 45' pero a dor na pisada non me pasou nin coas MBT do choio.
Natación 100 + 1100

A "mordedura" que notei na meta en Carballiño mancoume algo nadando ademais de que teño unhas fenomenais mañiotas, mais o que me ten contento é que onte pasei o día en branco cando esto me facía mail falta que hoxe.

13 mar 2011

Caralliño para O Carballiño

Como é ben sabido non son moi áxil nin forte así que pouco antes de saír a proba en Pazos de Arenteiro á vista das escaleiras polas que deberíamos pasar nada mais soa-lo disparo me preguntaba: Qué fago eu nesta movida?

Un día francamente apropiado para correr polo monte si che gusta como a min enlamarte... 7 Cº e nuboso con algún chuvasco. Unha vez que a xente da organización nos deu a "charla de advertencias" decidín que, de esnafrarme, que fose ó principio que logo xa tería que seguir andando moito tempo ata un sitio no que me puidesen sacar...

Así que o primeiro sube-baixa, o da prolongación do percorrido, o fixen algo adiante e forte para tentar non estobar a quen viñese detrás. Tiven sorte e non me pasou nada nin na baixada de rochas nin saltando entre os ramallos recen cortados. Xa nese tramo vin que ESTO É TRAIL e berrei como na peli "Isto é Espartaaaaaaaa..."

Tra-lo paso pola ponte quebrada subín o primeiro tramo con forza e así seguín ata que me decatei do lento que pasaban os km e que os meus cuadriceps si ben respostaban ó que lles pedía xa estaban algo fartos ademais; a camiseta interior que puxera estábame abafando así que aproveitei un tramo de pista ancha e non moi forte para sacala.

A partir da primeira baixada fun afrouxando e deixando paso na medida que o sendeiro o permitia; disfrutando da paisaxe e das paraxes que se veían e arrepentíndome de non ter levado o cinto de estas ocasions coa cámara... houbese feito unhas fotos caralludas.

Tra-lo chapuzón no regato e o avituallamento de aguita da man do amigo homónimo un tramo precioso de bosque para voltar ó terreo trailero choutando entre penas e raices. Só me decepcionou unha zona xa cerca de Carballiño chea de lixo. Funme apagando pouco a pouco dende o km 10 notando a falta de forma pero xa no paseo do rio na propia vila me animei.

Disque tiña xesto de cansanzo na recta de meta; pode ser, pero disfrutei a proba e da compaña.

Aínda non hai clasificación e as fotos non as enlazo que logo borran os albunes e quedan os post deslabazados.

16.5 km 1h 45' e 114 de 240. Outra de puntiños para o saco

9 mar 2011

Cicatrizando

Saída sen agobios só a rodar e ver como me quedou o corpo...

42' uns 8.6km.

6 mar 2011

O running de entroido

Bueno, non todo vai ser danzar e correr cos piliqueiros.

Aporveitei a mañan do domingo para repasa-lo roteiro polo monte; 10 km en 49' ainda que o mobil me quedou se batería a 1 km do final.

3 mar 2011

Mañans de entroido

Foi o adestramento mais confuso deste tempo... o SportyPal medio toleou (mirade as altitudes) pero o caso é que fixen os 9.5 km en 43'12" o que me deixa satisfeito pois por cuestions loxísticas podo dicir que fixen, cando menos 45" menos en 'tempo real'.

Todo listo para entroidar; levarei os trastos de corrertear e de chapotear porque hai que facer sitio para tanta festa no corpo... e ¿Bailar considerarase adestramento?

2 mar 2011

Natación atrancada. 100 + 1100

Non iba moi ben hoxe, o saínte de guardia pasoume algo de factura.

1 mar 2011

Matutino productivo

A de hoxe foi unha "carreiriña de can" moi satisfactoria. O amañecer estivo espectacular coa lúa e o luceiro abrazados ollando cara ó leste.

9.6 km 42'55"