31 ene 2011

Paradoxo: Malas sensacions bós tempos

Bueno, xa dende onte a tarde voltou a atropelarme o autobús do catarro supoño que por mor do frio pasado pola noite naquel sitio....

Hoxe tocaba 1h con trocos e boteille coraxe e fun: O SportyPal dí que fixen 12,7 km en 59' os 6 trocos vense ben na gráfica e malia a ir moi mal da respiración as marcas foron mellores que outros días e as pernas semellaban poder con mais, pero o aire non me chegaba. (entre 4'17" e 4'23")

30 ene 2011

A diferenza está no previo

Hoxe debera ser un adestramento doado, pero o cansanzo previo me fixo algo de efecto e as pasei canutas para facer 17.3 km en 1h20' Iso sí, cáseque exáctamente o mesmo ritmo que vai 1 mes coa diferencia centrada na zona de terra na hoxe fun mais lento que daquela.
En fin, rematou a "carga" queda algo de trocos pero con mais coidado que ambición.

29 ene 2011

Amanecendo na ruta

Roteiro habitual cara ó choio 9.5 km en 43:44 con precaución.

28 ene 2011

Natación 100 + 1500 (30') cardiopulmonar ben, as pernas algo cargadas.

27 ene 2011

Reencontro

Após de dous días de parón (1 por "atropelo" e outro por circunstancias familiares) hoxe saín ó reencontro das sensacions e do rexistro co renovado HTC e SportyPal.

1h 12' (15.3km) Sen atrancos mais aló da costa da avenida do bierzo que sigue a ser forte para min.

Datos e datos

Como tiven 2 días de repouso estiven a darlle voltas ó tema dos datos... nestes 3 anos de Circuito correr en Galicia a participación se vai incrementando como traslucen os datos das visitas ás web que amablemente o administrador de correr en galicia creou para o proxecto. No meu papel individual vexo que este ano a progresión me axudará a mante-la primeira división; veño facendo unha media de 200 pts por proba e si as lesions me respetan me quedarán 8 carreiras para os vindeiros meses.

Agora a recuperarme da inactividade e disfruta-lo reto da maratón de Sevilla.

24 ene 2011

Contención con tensión

Dempois do de onte hoxe non sabía ben qué facer; pero as circunstáncias mandan e boteime a facer 1h '5 (15km) coa mente posta en non me deixar levar pola sensación de euforia e con medo a me mancar... como non sei si será o caso; porque agora, 2 horas dempois teño unha pancada no xemelgo esquerdo moi curiosa, non molesta ó estirar pero manca sentado... en fin, mañan nadar e logo a ver.

23 ene 2011

Rábade 2011 mellorandome a min mesmo

Como xa indiquei durante a semana acudín hoxe a Rábade a facer unha "serie de 5000" co peso na conciencia dos tempos que veño acadando nos trocos que fago no estadio nos que me custa moitísimo baixar de 4'15"...

Cheguei algo xusto de tempo, collín o dorsal sen cáseque tempo de saudar e fun quecer entre a friaxe 15'.

Na zona de saída topeime co capi da miña equipa 'virtual' "Los últimos de filipinas" e á miña parella 'virtual' o Fleky así que foi unha mágoa non ter unha cámara a man.

Coloqueime baixo o arco e esperei coa intención de non sair moi lanzado non fora ser que me mancase pero que va; en canto sonou a bocina arrinquei só mirando como ir pasando xente; cando cheguei á marca do km1 en 3'33" simplemente pensei "mal medido" collín como referencia á parella de Pedrosas e quedei resguardado do vento por alguén mais alto ca min. Na marca do km2 vin 7'20" no crono pensei "Qué está a pasar?" pero como seguía cómodo agarreime no grupo que ia. Xa non vin mais marcas nin me importou; na longa recta contra o vento tentei aguantarme detrás de alguén e na viraxe fun algo mais relaxado pois sabía que había unha costiña que o ano pasado mas fixera pasar mal. Coñece-lo final axudoume a aforrar esforzo e cando pensei que quedaban 500 mts din o resto.

5km en 19'15" (3'51" min/km) non estivo nada mal (posto 83 de 361).

Agora mirando a clasificación vexo que fixen mellor tempo que o ano pasado (15") e que a proba tamén vai progresando; este ano 361 participantes chegados, en 2010 342 (malia a coincidir coa MM Manuela Machado) e en 2009 238. Eso só se debe a unha organización consciente das súas limitacións pero ben orientada con bós servizos, sinalización correcta, seguridade no percorrido e tamén probas para tódalas idades.

22 ene 2011

Troco de imaxe e mais auga

Bueno; sen pensalo moito, sen copia de seguridade, sen garda-lo html vello... boteime ó monte e troquei a imaxe do blogue... espero que a xente de ADAS non se mosquee

Natación 100 + 1100

Mañan rodaxe curto e "serie de 5000" en Rábade; Os puntiños mandan.

21 ene 2011

Xoaniña (a longa)

Nada, que tra-lo reposo necesario por mor do cabreo "made na HP de AIDA" onte á noite a ocasión era inmellorable para facer un longo adestramento...

Foron 1h e 42' (uns 22,5 km) en solitario 13 deles pola herba do circuito da torre da rosaleda as sensacions non foron malas e semella non haber efectos colaterais. Todo no seu sitio.

19 ene 2011

Encontro afortunado

Ia eu cara ó estadio facer voltas e mais voltas e pilloume Jorge (perdón) e me dixo "vente conmigo".

Fixemos unha rodaxe moi agradable de 1h (aprox 13 km) e logo me deu tempo de facer 6 rectas na herba do estadio. Boas sensascions en mellor compaña e bos consellos que procurarei seguir. A ver si os proxectos que se albiscan no horizonte chegan a bó fin que falta fai que algo se mova.

17 ene 2011

Corpo e mente

Sesión de 1h 7' (15 km)

Tra-lo estres mental do día e 36 horas de 'reposo guardian' non sabía como respostaría o meu corpo pero a choiva e o exercicio foron moi bós para á mente e as pernas, que respostaron estupendamente.

15 ene 2011

A cidade das marabillas

Outra volta Lugo e outra volta auto-sorpresa.

4100 mts en 16':12"

Foi unha experiencia moi boa malia que a saída non foi de todo agradable pola cantidade de xente foi eso mesmo o que me axudou a progresar e facer un rexistro moito mellor do esperado dado o esforzo acumulado e a escasa velocidade que podo acadar.

14 ene 2011

Os longos do medo

Cando un empeza a acumular longos sen facer traballo de calidade....

Tiven que facer unha variación pois empecei e rematei o adestrametno en Columbrianos.

18 km en 1h 28'

13 ene 2011

Zapas novas, marcas d...o que se pode.

Saín a estrear as zapas que me deixaron os pajes meigos e...

17 voltas no estadio (13km) en 55' os 6 trocos foron pésimos (entre 4'24" e 4'34") non entendo nada.

11 ene 2011

Dándolle voltas á alimentación

18.4 Km en 1h 25'

O mesmo percorrido que o día 28 cuns poucos metros mais; todo foi ben ata 1h 15' que me deu unha páxara bastante boa o que me fai reflexionar sobre a alimentación e a hidratación que levo estes días... teño a impresión que esta en concreto se debeu a ter bebido pouco e a temperatura tan impropia deste tempo.

9 ene 2011

Mesmo plan mellor tempo

Mesmo roteiro do día 30 pero mellor tempo supoño que por ser de tarde e non estar cáseque en aiunas.

17.2 km en 1h 19'

7 ene 2011

Rqprnd

Saida curta con 4 trocos de ritmo de 1 km, as pernas no seu e os pulmons aturando. 42' 9.5 km

6 ene 2011

Longo soberano

Hoxe tocaba o longo mais longo polo menos en canto a tempo antes de dar pasos definitivos...

Fixen 1h 35' (21km aprox.) pero, a verdade é que noto a respiración cargada polo que o adestramento foi moito mellor do que esperaba.

4 ene 2011

Húmido, mollado, empapado.

Humidade todo o día... e haivos un andazo d..... o que sexa que medo me dá.

Mollado; na piscina nadando 100+1000 sen novidade malia que por primeira vez dende que vou á piscina da uni tiven que coller taquilla do pasillo de fora.

Empapado. Da piscina á casa... e que chove como si fose Galicia... ou non.

3 ene 2011

Saindo coa choiva

Semellou que agardei por ela; o caso é que non me veña mal.

O mesmo percorrido que o día 28; 18 km   en 1h 22'

Cruceime cun foguete con forma de Fiur... mal o levan os rivais para pillalo.

2 ene 2011

Fora da casa

Hoxe corrín nunha proba 'en casa' como si fose de fora... Cheguei moi xusto, tanto que si non é que me colle o meu mister o dorsal non saio. Como ia sen quencer tiña medo de me mancar e fun rodandiño na primeira baixada; logo xa me puxen o meu paso e fixen o resto sen complicacions malía que a min esas pontes do paseo do pontiñas non me prestan. Non sei nin canto tempo fixen, pero disfrutei a carreira. Logo fun ás duchas do pavillón (debía facer 20 anos que non ia a esas duchas) e voltei para a entrega de diplomas e o sorteo. Escomenzar participando (e puntuando) está ben; mágoa que a reprogramación da carreira popular cadre coa proba obxectivo deste semeste.

Como o meu mobil se avariou non sei nin tempos nin velocidades.

1 ene 2011

Inicio na nostalxia

Como comentara fun pasa-lo fin de ano en Compostela e aproveitei o día 1 para voltar a rodar pola querida alameda como tiña o compromiso dunha participación "virtual" na carreira lúdica que se fixera o día 30 pois collin duas tomas de tempos...aproveitei para contemplar o duro adestrar dunha das mellores atletas que temos agora mesmo.

1º 6 voltas ó perímetro exterior da alameda (5.1 km en 22')

2º 2 "Nudos completos" que eran as voltas que facía eu cando adestraba... cheguei a facer 10 preparando Toral no 90. (6.3 km en 28').

Total 50' que me viñeron ben para facer sitio entre a cea e o xantar.