Mostrando entradas con la etiqueta Lerias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lerias. Mostrar todas las entradas

14 sept 2025

Espectáculo (deportivo) e política.

Tódolos humanos temos un raseiro diferente para según qué cousas; hai xente que lle da máis importancia a unhas cousas e menos a outras... "debería" haber cousas que non entrasen nese doble raseiro e esas cousas eu, e a maioría da xente que coñezo, son os dereitos humanos; selleiramente o da vida.

Xa escribín sobre cómo @s persoas que fan deporte dentro do entramado dos espectáculos de entretemento chamados "deporte profesional" (O financiamento dos participantes depende de ingresos por difusión e por publicidade por diversas vías) se ven implicados en entramados de intereses nos que acaba influindo a política.

 

Se vistedes "Invictus" coincidiredes en que o uso político dunha competición deportiva (espectáculo de entretemento) non é algo novo e seguramente o podemos identificar incluso en espectáculos da época clásica como os combates do circo en roma...

Eu me nego a pensar que ninguén sexa indiferente ás mortes que acontecen en oriente medio... aínda os que negan a temeridade dos atentados de Hamás ou que pechan os ollos perante a masacre xenocida desproporcionada que está a cometer o estado de Israel saben que a imaxe pública do horror se pode modificar coas pancas axeitadas e que iso pode ser importante para os obxectivos de cada bando.

 
É innegable que os estrategas políticos saben como "posicionar" a "marca" para lavarlle la imaxe porén ó crime mais horrendo... 

Podemos discutir qué medios se poden empregar para protestar ou si é "proporcional" afectar ós deportistas de outros equipos porén tamén do dobre raseiro da UCI que expulsou sen miramentos ós equipos de capital Ruso pola invasión de Ucraina e obriga ós deportistas rusos a participar sen que apareza a súa nacionalidade mais non ós israelitas.

Eu pregunteime E si isto pasara xogando Revivo no Celta? Sería "lexítimo" bloquear os partidos do Celta? Botarlles cousas ós xogadores?

O deportista, aínda o profesional, pode ser responsable das súas accións e opinións mais non das barbaridades dun estado como as que está a cometer Israel.... 

Detén a masacre bloquear "la vuelta"? Non, mais é innegable que se visibilizou a oposición de moita xente á presenza dunha equipa cunha clara implicación política nun espectáculo de entretemento... implicación política demostrada polo propio "xenocida maior" que apoiaba ó director do conxunto.

"Gaña" palestina co bloqueo de "la vuelta"? O tempo o dirá... algúns senten unha vitoria a visibilidade, outros por obrigar á "la vuelta" a trocar percorridos ou suspender etapas, mais tamén hai xente que se remexe contra isto e, sorprendentemente, culpa de violencia ós manifestantes esquecendo a violencia que cada minuto dende vai 2 anos sofren nen@s en Gaza. 

1 ago 2021

Deporte like e ROI

 Nestes días días voltamos a presencia-lo paradoxo-oximorón do "deporte de alto nivel amateur".

Calquera de nós sabe que acadar niveis de rendemento significativos a nivel global en calquer disciplina das incluidas nos XXOO implica unha adicación que sin ingresos económicos é imposible. Ademais os XXOO non son unha competición exenta de "apoios" económicos; de feito son un monopolio si ben non de publicidade "visible" no campo si de eso que xera mais ingresos: os dereitos de emisión.

Os dereitos de emisión en calquer canle (radio, tv, streaming...) semellan se-la orixe do derradeiro acelerón cara a esas competicions das películas futuristas dos 90 que só existían como transmisión global e que representa o tema da superliga que acabará sendo a 10 anos vista unha NBA de futbol global... ou eso quixeran.

Porque os altos ingresos por publicidade son a clave da alta tarifa dos dereitos de emisión e o pilar no que se sustenta todo o constructo mais hai varias nubes nese horizonte: Por unha banda a mais evidente que as cifras non cadran porque o ROI (retorno de investimento) da publicidade televisiva non se achega ó agardado mais iso ten unha orixe mais profunda e que pouca xente semella aceptar.



Moita xente xa terá deixado de leer porque vai unha década que vivimos inmersos na chamada "cultura do like", da inmediatez, do gráfico... o queremos todo e xa.

Esa troco cultural tan empobrecedor ten impactado con forza no xeito de consumir entretimento e polo tanto no consumo do deporte como espectáculo a xente xa non quere adicarlle tempo a ver futbol e as audiencias televisivas o notan, cada vez menos xente ve os partidos que non son trascendentes e dos importantes apenas ven a media hora final salvo os hinchas das equipas participantes. O efecto indirecto desto é a suba dos deportes "electrónicos".

Aínda menos mal que somos moitos os que decimos "MENOS DEPORTE E MAIS EXERCICIO".

22 jul 2017

Tiña que pasar: o "fakesportismo"

https://fakerunner.com/

Nunha era na que gañar e non "competir" semella ser o único que satisfai á xente e na que grandes multinacionais como o "Real Madrid" ou o "Barcelona FC" crean a ilusión de que se pode gañar sempre a reacción á frustrante realidade (non se pode gañar sempre, e mais; o mais frecuente é non gañar) é o "postureo".

Dende o meu punto de vista a creación de "servizos" que simulan a realización de actividade física para subila a aplicacions onde ser partilla este tipo de cousas ten mais que ver con esa intolerancia a non gañar (azuzada pola mala xestión dos comentarios de outras persoas coas que se cree "competir") que polo suposto "exibicionismo social" que poden impulsa-las ferramentas TIC.

De sempre houbo este tipo de círculos nos que a conversa semellaba unha liorta de "machos alfa" para ver cal "a ten mais grande"; o que fan as TIC é amplia-lo círculo e permitir chegar a persoas ás que non se coñece... pero é a mala xestión do ego e do contraste da realidade a que leva á xente a estes extremos de postureo.

Trampons sempre houbo... eu lembro xente artellando estratexias para esconderse e gañar en carreiras populares de 5 km¡¡ nas que só corriamos os do pobo... están tamén os que atallan en cada recuncho dunha carreira popular, os que toman anabolizantes nos ximnasios, os que empurran na saída das carreiras e os que se poñen diante ainda que o seu ritmo sexa para chegar atrás...

A competitividade non é mala si se entende como un estímulo para a propia superación pero cando o ego só admite "vencer" (en absoluto ou en relativo) e non se teñen habilidades de xestión das relacions persoais para sobreleva-los comentarios dos "matons de patio de colexio" pasan estas cousas... senon peores. Coñecemos casos de xente que por mor de "non perder" caeu lesionada cando non perxudicada por productos tóxicos ou morta.

Así que xa sabedes: o mais sano é "perder" sempre que sexa con esforzo.

18 jul 2017

Bó Strava e morreu SportyPal

Pois si, tras 7 anos chegou o momento de empregar outra app para rexistra-los adestramentos porque SportyPal semella abandoada á súa sorte polo menos para o modelo de móbil que eu emprego que xa me avisou que na seguinte renovación do sistema operativo a app non funcionaría.

7 anos e 877 actividades principalmente correr e bicicleta mais tamén algunha camiñada como non hai opción de descarga dos datos capturei os mesmos mes a mes para poñelos no excel que levo de actividade... o que si ofrece a páxina de SportyPal é un gráfico resumo da actividade tanto en velocidade media como en distancia percorrida.

Aquí volo deixo por si é de interés: Carreira


Bicicleta


Pero como o de que o móbil rexistre a actividade me semella moi práctico pois indaguei sobre outra app e ó final aconsellado pola xente de correr en Galicia e lembrando os consellos de algún colega mais escollín Strava.

A verdade é que a app funciona ben pero só consigo rexistra-las saídas en bici (e si correra pois tamén) pero non sei como carallo "meter" outro tipo de actividades e tampouco consigo que me vaia dicindo cantos km levo no mes así que teño que confiar en @clubdelpaseo ou ilos levando eu.

Xa conseguin a "conexión social" gracias a que Strava admite IFTTT e o relacionei co meu twitter (e de ahí vai ó FB). Tamén o conectei cunha folla de cálculo de google pero apenas garda a data, a distancia e o tempo e enlaces á imaxe do mapa da saída e á páxina de Strava da actividade. A descarga que permite Strava é en formato .gpx polo que faría falla un software de navegador para empregalos.

O mais entretido de Strava é o tema das clasificacions (si fas rutas estandarizadas por outros ou unha túa pública que outros fagan) e os segmentos que son anacos do percorrido no que "compites" con outros participantes e contigo mesmo (esto pode ser interesante). Os segmentos os podes definir tí si queres pero sempre que entras nun (teu ou de outro) a pantalla da app xa che vai cronometrando como vas no segmento... vamos moi competitiva.

Este será o meu novo perfil en Strava; porei un widget coas saidas da bici no lateral do blog si decido seguir con ela.

19 feb 2016

Demasiada presión destrue o puro...

Leo sobor do "estourido" dunha atleta á que non lle permitiron participar nunha proba por mor dunha encerrona administrativa e vexo como a presión da competición "dirixida" destrue a esencia de aquelo que nos fai felices cando corremos...

Non podo mais que reafirmarme no dito: xa non adestro nin fago deporte... fago exercicio e saio a disfrutal del.

As normas e a seguridade son necesarias si, pero non poden estar por riba do obexcto polo que tanta e tanta xente se xunta... unha especie de "burocracia autoxustificada" de xente que, algunha, xamais soubo o que é disfrutar dunha tanda de exercicio mirando as montañas...

11 nov 2015

A punta do Iceberg...

Calquer actividade feita POR comparar, competir... ten tendencia a irsenos das mans. O deporte non ía ser menos.


Alguén podería pensar que falar agora é moi doado falar da xente que se engancha ó deporte popular por competitividade... e que eu debería estar caladiño pois durante un tempo me adiquei a fomentar "a participación" que remataba nesa competitividade mal entendida ou no enganche ó límite desmesurado.

Na Behobia San Sebastían; proba mitica para calquer popular da península e arredores faleceu un corredor (e van varios nestes anos) e catro están na UCI ademáis de unha ducia de feridos... Cousa da multitude? A xente se pide mais do que pode? Exceso de competitividade?

Non sei pero si a elo lle sumamos a falta de precaución da xente que se mete a facer deporte a partires de certa idade temos un cóctel explosivo polo que sospeito que eses incidentes graves non son mais ca punta dun iceberg de lesions e doenzas contraproducentes respecto ó que se quería conquerir facendo deporte... 

Por iso agora só fago exercicio e prefiro só compartir.


21 sept 2013

Fago exercicio ou deporte?

Son as cousas do paso do tempo e da propia natureza un perde o que nunca tivo "capacidade competitiva" e gaña en conciencia do que precisa...

A actividade física como ferramenta de saúde non implica "per sé" facer deporte senon exercicio... pero Hai diferencia? A diferencia está na pertenza a unha organización (clube), en ter unha ficha (e un seguro), en participar en probas????

Penso que non, que a diferencia está, como en moitas cousas na ACTITUDE... un deportista sempre quere gañar (na xeral, na categoría, no paso diante da casa...). No exercicio o que conta é o que es quen de facer a cada intre porque non é tanto a idade como outras cousas o que marcan o que podes ou non facer en cada ocasión... Mentras que no deporte conta o que fas un día (a proba) no exercicio conta un contínuo, unha tendencia...

Cando moita xente fala dos problemas que teñen "por facer deporte" eu lles resposto que o que teñen que facer é exercicio e deixa-lo deporte para os que poden... pero haivos moita xente que só existe por ser mais que outros, por gañar inda que sexa "en broma"... e non digo que sermos competitivos sexa negativo; o negativo ven de ser competitivo ata o extremo de non ser quen de saber onde está o propio límite.

18 ago 2013

Pola boca morre... Yelena Isinbáyeva

Supoño que estarei trabucado mais non podo menos que pensar que a Yelena Isinbáyeva non a voltaremos a ver dándolle á pértiga porque si non non sei a qué ven que faga unhas declaracions de "estómago agradecido" procurandose un bó posto nos despachos...

Ela que é muller nun megapaís onde hai unha comunidade islámica grande ¿qué pensaría si non puidese saltar porque as absurdas costumes relixiosas llelo impiden?

A culpa pode ser de que entendemos o deporte como unha actividade profesional cando pola propia fisioloxía humana non se pode ter ese tipo de actividade como único sustento durante toda a vida polo que chegado certo punto... hai que percurar un despacho... e canto mais complexo e comercial é o entorno esa percura resulta mais difícil polo que... hai que lamer cús e canto mais grande se é (no deporte) mais alto se quere o despacho así que... mais patente ten que se-la lamida.

En fin, menos mal que as do relevo lle respostaron (coido) que moi gráficamente

Kseniya Ryzhova e Yuliya Gushchina bicandose



7 ago 2013

América e un bono

Bueno, boto algo en falta ir comentando os adestramentos pero tamén aliviou a presión de ter que publicar tras cada sesión...

Xa pasou a "pausa" mais non a baixada de tren... tras 10 días sen facer ren deportivamente falando (do 13/7 ó 23/7) a primeira sesión foi bastante agobiante non sei si pola falta de forma ou polo cansanzo do turisteo... as outras duas foron mellores ainda que os ritmos non o digan simplemente porque gocei de correr no amañecer por monument valley ou polo bosque de Williams (Az).

Tiven un par de sustos co xeonllo esquerdo facendo as rutas por yellowstone e gran cañon... pero non hinchou nin se trabou, só fixo un estourido...

Dende que voltei ando sen moitas gañas de correr e menos de "sufrir" o encontro coa bici... saquei o bono da piscina descuberta... e se pon a chover... Porén eso aínda me presta.




30 jun 2013

Na adaptación está a intelixencia... seica

A verdade é que levar este blogue como cuaderno de adestramentos foi unha idea secundaria, eu só quería ter un sitio para escribir sobre o deporte e as actividades deportivas e como daquela non sabía emprega-las etiquetas de blogger pois creei un blog específico... agora mesmo é tan doado "apunta-los" adestramentos na nube... con tanto detalle, tan inmediato que levar ese aspecto deste blogue non ten sentido e por iso veño facendo a labor por rachas... pero dende hoxe 30 de San Xoan xa non vos canso mais... non pecho nin borro nada, non deixarei de escribir... pero só das probas nas que participe ou de acontecementos deportivos nos que teña algo que decir...

Os adestramentos? pois no SportyPal o que sexa correr e bicicleta e no Runkeeper o de nadar (e a final de ano decidirei como unificalo) si non queredes acceder a esas webs o podedes seguir polo meu twitter persoal ou ós que vos teña engadidos no Facebook...

Un pracer.

9 dic 2010

Bici e tristeza

E aínda menos mal.

Porque si chego a escoita-las novas antes... non saio. Fixen 1h8' de bici que me veu ben e me prestou. Logo veu a decepción, o tremendo varapalo... sego a pensar que é moi estrano que no futbol non xurda nada disto coa de cartos que move... ou xustamente por iso.

3 ago 2010

Dobraxe e complicacions no Kanlendario

Hoxe dobrei: Natación 50+100+4x250 Sentinme moi ben e estou rabeoso por non ter bici.

Teño que facer malabares de aquí a Outubro para poder cumplir os caprichos que me propoño; ir a un triatlón está complicado pois ó de Allariz o 21 VSQN que non terei bici ata o 23 e o de Cambados semella a única opción...Antes irei ó cross de Torre o 14 e rezarei para ir á carreira de O diaño en Artes (ribeira) o 22.

Para logo queda o tema da media maraton de Petín (o 5 de Septembro) que me temo que vai cadrar coa milla da encina en Ponferrada pero que ten prioridade por ser unha actividade "de clube"; e a Maraton de Penedos do lobo (o 19 de Septembro) que vai cadrar ou cos milla de O Barco ou coas festas de Lalín pero que xa non quero que pase mais tempo sen "mete-la no saco"...quédanme na 'reserva' a media de Vigo -nautico- o (26 de Septembro) ou a Maraton de Ourense (o 3 de Outubro).

Vaites, si un Kandpalleiro coma min ten estes problemas cales non serán as cábalas de gacelos como Lolo Penas?

27 jul 2010

Dia de critica

Hoxe tomeino de reposo churrasquero (tanto por fora como por dentro) e me adico á crítica do do Sábado.

a) DEBE MELLORARSE:

O avituallamento; non se pode permitir baixo ningunha escusa que nin durante a proba nin ó remate da mesma a xente non teña cando menos auga para tomar e mais si se trata dunha proba que se fai no verán.

b) SERÍA BÓ MELLORAR:

A saida: o punto de saida tan perto da rotonda...púdose poñer no lateral do estadio (onde estaba o quencemento) ou mover a meta.

Si se trae un invitado de categoría...facelo notar un pouco mais sobre todo si é tan aberto e amable como Martín Fiz.

Do tema horario non falo, que igual ata foi premeditado...pero abri-la entrega de dorsais a 600 participantes unha hora antes da saída e ó mesmo tempo permitir inscripcions...

O peche do tráfico mellorou respecto ó que coñezo, pero aínda lle falta sobre todo na 2ª volta do percorrido e iso que eu este ano non tiven problema porque as rapazas da despedida de solteira da avda Perez Colino foron ó seu sen se meter conmigo.

Para acadar categoría hai que HOMOLOGAR o circuito e facer esta homologación visible, tras 3 edicions cun circuito básico estable só queda determinar ben os puntos de chegada e saída e ter aspiracions para pagar o custe da homologación e botarse a por un campionato nacional (por exemplo).

Si a proba forma parte dunha competición multiproba do tipo que sexa debería constar na cartelería e falarse dela na megafonía do evento... non é de estranar que aínda hai xente que non sabe de qué vai a Liga atletica del bierzo e si a media puntuaba ou non.

c) Outras herbas:

As duchas seica estaban fervendo...claro, o sistema de auga solar termica un día de verán...sería un problema técnico.

Sinalar o circuito con frechas de outra cor que non sexan amarillas que logo botamos 4 días reorientando peregrinos...e non é broma.

Hai compañeiros que miden a calidade dunha proba pola "bolsa de corredor" eu coido que para 5€ estaba mais que ben, pero....e faise raro que non se engada na mesma ningún material de promoción turistica da cidade e do bierzo.

Facer unhas carreiras complementarias para cativos ó redor do pabillón...

d) Manter:

A implicación da policia municipal: numeroso persoal facendo toda clase de funcions.

O circuito: coas melloras sinaladas arriba. A min gústame, só ten a costa esa do final da avda das hortas... o paso polo centro dúas veces é moi estimulante.


E xa está, espero corre-la 4ª (salvo que estemos de vacacions)

17 may 2010

Más de la liga atletica del bierzo

A la vuelta de este finde me enteré de la carrera de La Martina el viernes a la tarde...da igual porque a esa hora ya tenía que estar en Madrid, pero sí que gracias a ello dí, por fin, con la información "oficial" del tema; eso si, algo incompleta.


Sistema de puntuación:

* Por finalizar la prueba: 10 puntos
* Por batir record de la prueba: 25 puntos
* Del 1º al 50º: de 50 a 1 puntos

Pruebas puntuables para la Liga:

* III Media Maratón de montaña Monte Pajariel
* III Tebaida Berciana
* Ponferrada Camina: Cuatrovientos
* Ponferrada Camina: La Martina
* XV Travesía integral de los Montes Aquilianos
* ... etc

Organiza:

Escuela Municipal de Campo a través

Si se observa la ruta no es de extrañar que sea difícil de encontrar, lo raro es que ni el buscador de la web municipal la encontró. En fin, es el primer año; sólo queda mejorar...o no.

10 ene 2010

Rutas Modulares

Bueno aínda que é cedo para facer avaliacions completas si que podo falar do que non teñen as páxinas de "axuda ó adestramento".

Eu non sei vos, pero eu non soio sair correr polo mesmo sitio tódalas veces que corro e tampouco adoito a facer EXACTAMENTE o mesmo percorrido en cada sesión; é pura cuestión de necesidade e método.

Todos sabemos que hai adestramentos nos que facemos 'rodaxe' e imos nun ritmo que podemos levar a unha distancia media. Tamén facemos saídas longas que son como indica o seu nome tiradas de moita kilometraxe. Logo están esas tiradas de 'calidade' nas que alternamos tramos a ritmo suave con tramos de ritmo forte (Fartlek) que mais que por distancia adoitase a controlar por tempo. E están as series; o traballo de calidade por execelencia que precisa de tramos ben medidos.

Así pois; o plantexamento das webs como Strands, MapMyRun, Wikiloc, Openrunner etc. neste aspecto tende mais a centrarse en probas de ruta fixa que en veradeiras "zonas de adestramento".

Pola contra eu plantéxome a idea de que os usuarios podan crear "zonas de adestramento" compostas de módulos configurables e que se poderían "apilar" para xerar a ruta de cada sesión de adestramento; incluso cada usuario podería ter módulos persoais (por exemplo para os que adestramos desde casa os tramos de ida/volta ata a "zona de adestramento").

Así unha sesión de ir ó parque de abaixo polo toralín, dar 2 voltas e voltar por Compostilla convertiríase na suma de 3 módulos (ida, circuito do parque -x2- e volta) ainda que tamén poderían ser mais (por exemplo a costa da Avda do Bierzo podería ser un módulo que me serviría para as series de costas que fago alí) coa tecnoloxía actual se podería facer esto, incluso, de xeito gráfico "arrastra e soltar" ou sinalando as rutas nun mapa e logo asignandolle o nº de repeticions que se desexan (para as voltas ós circuitos).

Mágoa que as entradas en galego non sexan seguidas polos sniffers... igual os de Strands se enteraban e facían algo similar.

29 dic 2009

Os medios e o atletismo

Vaites¡¡¡ a verdade é que esta afección nosa sae pouco nos medios vese que é un "recurso" para cando os peidos dos futbolistas cheiran mal.

Hoxe mentras voltaba do traballo escoitei nunha emisora local un...debate?,disputa?,dialectica? non sei como cualificalo todo por mor de terse cobrado na San Silvestre Berciana...
Seica houbo algunhas voces que protestaron por ese cobro e ata houbo chamamentos á non participación...eu non os lin e non lle houbera feito caso pois quería ir co meu amigo pequeno. Si é certo que houbo menos participación e que houbo xente coñecida da "movida atletica" local que pasou por alí mais non participou pero de ahí a falar de boicot e telo moi creido.
O que vexo esaxerado é adicar 20' de programa de radio a esta carallada e logo NON FALAR DO ATLETISMO EN TODO O ANO e ternos aturando peidos atravesados de futbolistas profesionais.

No que respecta ó cobro de taxas... dicir que se trata dunha arma disuasoria contra o insano costume de botarse coma lobos a todo o que é gratis (propio da xente que pasou necesidade e non ten nada mellor que rascar) pois pode ser, porque aproveitados os hai en todas partes. Comparar este pago para esta proba co que se paga para outras...terreo peligroso; habería que comparar tamén as probas en si e o que se ofrece por elas a quen paga; por exemplo: Había algunha istalación deportiva da cidade na que os foraneos se puidesen duchar? eu non o sei (non o precisaba) pero si sei que cando vas correr fora e pagas esa é unha cousa que das por suposta.

O concello colaborou no que era principal i é que a policia municipal estivo atenta á nosa seguridade como corredores ata o punto de ter incidentes con conductores que non querían respecta-la limitación de circular. Outra cousa é que os cartos asingados ós clubes polas escolas deportivas non dean para moito e que a obrigatoria organización de probas sexa unha "sangría" para os clubes...

Bueno, que non me gustou que se falara tanto desta nimiedade e que cando hai outros eventos nin se mencionen porque hai 22 tios que cobran por elo dandolle patadas a un balón.

Eu prefiro a Pepa Fernandez de "No es un día cualquiera" que se lembra da xente que vai correr os domingos pola mañan (polo menos o día da media Adolfo Ros se lembrou de 4 carreiras na peninsula).

24 ago 2009

Acatar e calar.

Bueno, hoxe día de reposo...forzado. No día de peche quedei moi doido polo xeito no que rematou o 1500 Femenino; deille moitas voltas ó vídeo e supoño que non vale de nada revolver nelo mais...


Foto 1 Hai sitio; a Etíope tenta forzar ás rivais a que se abran...


Foto 2 Cando nota a Natalia a Etíope corrixe cara adentro...


Foto 3 Natalia fai un intento de esquivar á Etíope que sigue meténdose cara adentro decatándose do erro cometido.


Foto 4 O hombreiro de Natalia tropeza co da etíope.

E aquí fago unha pausa, Natalia vai mais rápido e é mais grande o que en calquer libro de física se pode constatar como maior empuxe.


Foto 5 O impulso de Natalia e o maior empuxe dela fan que a etiope saia despedida...


Foto 6 Natalia bracea para evitar perde-lo equilibrio


Foto 7 Burka cae...despedida polo impulso de Natalia; froito dun mal cálculo do espazo co que tentaba forzar ás rivais a correr por fora.

FOTOS TOMADAS DO VÍDEO DE RTVE.

Repasando a miña memoria lembrei...



No minuto 3'16" Fermín adianta por dentro, no mesmo punto da carreira que Natalia...só que o seu rival ACEPTA que se trabucou e non volta a pecharse. E non me veñades con lerias de que estaba comprado.

17 ago 2009

Marta, a incombustible



Ahí a tendes, coa súa cinta na man festexando... unha grande carreira. O atletismo ten isto de cal e area no mesmo intre. Lolo abandou unha proba infernal non apta para 'humanos' mais o seu tamén é de outra xeira.

16 ago 2009

Deus voando no olimpia stadium



Lonxe estaba eu de saber cando fixen esa foto no pebetero do olimpia stadium de Berlín que nese mesmo lugar un home se ia a achegar ós poderes etéreos do creador (si o hai).

Vinno dende a saída, na que Tyson tiña tantas esperanzas, na que nin un centímetro cedeu. Ós 15 mts. xa estaba claro quen mandaba e, desta sen afrouxar, si que ollou dúas veces cara á banda dereita antes de facer entrada fixandose no crono... 9"58.

Eu penso que dúas centésimas aínda llas arrincaba si correse mirando só cara adiante...claro que iso iria contra a filosofía de 'felicidade' que tanto os beneficia. En fin, deus voando sobre o olimpia stadium.


25 abr 2009

Limpando...

Onte debín ter algo de asma e deshidratación... hoxe topeime canso á primeira hora, logo foime pasando e iso que subin varias veces as escadas no choio; iso pode indicar que co aire acondicionado me topo mellor, ergo: a alerxia aféctame sin que me decate por mor da capacidade pulmonar extra que me dá o deporte.

Fun nadar para ver como ia da respiración 1000 mts; e efectivamente algo me custou ter ritmo. É o que hai, e gracias que podo seguir facendo isto.