Mostrando entradas con la etiqueta Lesions.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lesions.. Mostrar todas las entradas

29 jun 2024

Relato dun suceso


O pasado 21 de xuño ia eu tan féliz disfrutando da paisaxe do bierzo...

 Non é que fora unha saida de grande rendemento mais como estivera 15 dias sen sair en maio era a 1ª na que me atopaba disfrutando sen arrastrarme... 

Subín o alto de Pobladura de Somoza e comencei a baixar; vin as vacas ó lonxe e baixei a velocidade

era un lugar no que atopara as vacas mais veces e no que hai unha vista fermosa dos ancares...

O tema é que unha das vacas estaba na marxe dereita da estrada pastando no arcén baixo a sombra dunha árbore... eu pegueime á marxe esquerda para pasar tras dela e logo parar porque o resto das vacas ocupaba toda a estrada... mais a vaca asustouse e deu a volta de xeito súpeto cara a min; por reflexos freei con forza e sain despedido da bici ó chan caendo sobre o costado dereito.

O reloxio chamou ó 112... case non daba alentado e institivamente peguei o brazo dereito ó costado porque pensaba ter partido moitas cousas sobor de todo a clavícula. A operadora pasoume cun médico e mentras falabamos vin vir unha C-15 dende paradiña.

Fíxenlle acenos ó coche mentras falaba co 112 que me informaba que unha ambulancia tardaría 1 hora en chegar así que como o conductor ia cara a Cacabelos lle pedín que recollera a bicicleta e me levara.

A baixada foi mais un xogo de nervios por contactar coa miña xente que pola dor, puiden comprobar que non tiña a clavicula rota e que no costado non había signos do temido "volet" costal.

O Médico de Cacabelos me explorou con minuciocidade e consideramos que non pagaba a pena mandarme ó hospital en ambulancia (un recurso escaso polo que se ve) e que si tal me vise o meu médico... así pois me levaron á casa, me duchei e botei antiséptico nas feridas (mais pequenos cortes que abrasions) e fun á consulta do meu médico para xustifica-la ausencia ó turno de tarde e logo xa veríamos.

 Na fin de semana tomei antinflamatorios a punta pala pero conseguin durmir na cama pasando dor ó erguerme de cada silla, sofá ou cama pero podía andar e o hombro só me molestaba nunha posición moi concreta (coller a taza de café e subila cara a boca)... o domingo xantando fixen un movemento reflexo cando caia un vaso e a partir de ahí a dor do costado se incrementou.

O Luns fun ver outra volta ó meu médico e na exploración apreciamos que a dor do costado era significativa e me pediu unha Rx...

Algo ó que estaba afeito do meu traballo en urxencias... hai fracturas que non dan a cara ata 2/3 días dempois.

Bueno, tocaba convalecer un tempo e seguir "sufrindo" ó erguerme da cama e o sofá... co que xa non contaba era con que o tema do hombro fose a peor. Non é que doese mais, o caso é que custaba ata comer; calquer movemento co brazo dobrado e tratar de subilo cara a boca ou mesmo move-lo rato do ordenador era molesto e saiu este hematoma...

Así que pedín cita nunha clínica de fisioterapia e me exploraron con ecografo e diagnosticaron escordadura da articulación acromio-clavicular e rotura parcial do ligamento supraespinoso.

E ahí estamos, dándolle tempo ó tempo, facendo o que podo facer e sobor de todo NON facendo o que non debo facer.








 

6 nov 2016

Menos menisco mais diversidade

Ainda non vai unha semana dende que me manquei teño claro que só é un punto indicativo de algo que xa viña pasando e continuará...

Non teño claro qué carafio está roto ou mancado ahí dentro semella o ligamento cruzado ou o lateral pero dá algún síntoma meniscal así que como aquelas relacions adolescentes que remataban sen rematar voulle dar  tempo e logo vou calibrar si está roto ou só mancado. Si está mancado haberá que face-los exercicios axeitados; si está roto... pois xa verei canto me impide facer.

Mentras centrarei o exercicio na natación e pode que na bicicleta si o tolero... Xa vos contarei.

1 may 2016

Abril de bágoas mil...

Home seguro que esaxero un pouco, pero este problema ten pinta de que vai se-lo definitivo... Durante este Abril sufrín unha lesión aínda por determinar no xeonllo dereito como consecuencia do que acabo con bastante dor e un derrame importante na articulación tras tentar correr (e non manifesta molestia durante a carreira)... por riba os compromisos profesionais e combinacions de circunstancias non axudaron para poder ir nadar e a meteoroloxía se aliou contra a bicicleta.

Pedalear: 131.92 km
Chapotear: 16.4 km
Corretear: 20.55 km

Verei como evoluciona o problema e si co "reforzo" ciclista podo aturar...

1 abr 2016

Marzo marzán bó inicio e mal final

Todo ia de perlas ata que non foi.

Por primeira vez teño problemas no xeonllo dereito e eso me pon moi triste porque non sei cando voltarei a corretear... todo sexa que poda empezar coa bici para que colla forza e tal.

En marzo a cousa ia moi ben, como dixen; fixen:

Chapoteo: 22.9 km
Correteo: 109.86 km

En fin, iremos como se poda...

4 ene 2014

Por falar

Se antes o digo antes me pasa... só quería ter unha tempada como a pasada... pero non puido ser... a molestia que sentín no biceps femoral esquerdo incrementouse e cáseque ata me molesta na vida diaria... tocará esperar un pouco tampouco me ven mal sempre que non pase mais de 1 semana parado... logo teño tempo de prepara-la media de Coruña antes da "pausa entroideira"

16 sept 2012

O temido

Hoxe arestora estase a disputar a milla de Valdeorras... E non voy ser da partida por mor desta lesión o que mais me preocupa é que ó ser na perna dereita semellame de mais difícil recuperación.

Non quería faltar a esta cita pois foi nela na que ideei o alcume de Kandpalleiro vía 8 anos pero é visto que non se escolle a data para os problemas.

12 sept 2012

A recuperación mais curta da historia

tra-lo  do luns hoxe me decidín a probar e, ós 6 kilómetros... outra vaca no millo.

Non ia mal, e non tivera molestias...  simplemente rachou outra volta.

24 ago 2012

Remate antes do inicio

E tocaba ir cedo por aquelo que esta tarde imos de festival... pero torceuse... e ós 3 kilómetros escomencei a sentir unha mancadela no sóleo da perna dereita e non podía cáseque pisar... alterei a ruta para  tentar non subir costas e chegar a tempo ó traballo.

8 km 43' Sorprendenme os ritmos rexistrados....

Sei que non dixera nada pero xa estaba a especular coas probas de Septembro nas que participar escomenzando pola media de Petín na que faría un adestramento longo e sen presas... agora todo eso queda  para mais adiante... lonxe, lonxe.

14 jul 2011

Adianto das vacacions

Bueno, hoxe o meu sóleo esquerdo decidiu que tomara vacacions... tras 35' de carreira renqueante rachou así que me uno ó clube dos lesionados (con beauvais y Xabi) adicareime a comentar os resultados do circuito... escomenzo por vos poñer o "cadro de honra" desta tempada.


3 abr 2011

Acabando de fastidiarme

Esta finde escollín participar na carreira do Milladoiro porque me acaía mellor para seguir ruta.. e menos mal. Non sei que foi o que pasou pero xa no quecemento sentín o xemelgo dereito moi cargado e aínda que cos estiramentos melloraba o certo é que os 5 km foron "a dolor" fixen 21'10" (4'15") o que non está mal para as costas que había pero quedei algo coxo... a ver como se presentan as cousas mañan.

17 mar 2011

Unha muller e as estrelas nunha camilla

Vaites¡¡ que vida esta de revello... Agora cando unha muller me fai ve-las estrelas tendido nunha camilla xa non é como antes... Foi dolorosísimo pero o peor non foi pagar por elo, o peor é que quedei tolleito toda a tarde... a ver si só queda en contractura ou que é o que pasa.

16 mar 2011

Outra de mancadela

Pois nada por bruto non disfruto...

Hoxe tiña "invitación" no choio e fun trotando ou eso pensaba eu; pero xa no KM 4 o xemelgo dereito se acordou do maltrato do domingo e do día do luns conducindo e que eu só prestaba atención ó xeonllo esquerdo e 'ata aquí cheguei' dixo.

fixen os 9.5 km en 45' pero a dor na pisada non me pasou nin coas MBT do choio.

12 feb 2011

En capela

Os 20' de trote de onte foron...Sufrimento; a perna non perde rendemento, pero a sensación de "mordedura" contínua me fixo entristecer moito.

Agora estou xa en Sevilla, no hotel; na viaxe paramos un par de veces e non notei nada estrano na coxa pero hoxe non trotei porque non atopei o momento oportuno. O que sexa será.

10 feb 2011

A "nejra"

Pois si que teño "a nejra" coas probas de fora... outra volta na derradeira semana e volta a estar mancado.

O martes após de estirar e ducharme me puxen a facer unha reparación doméstica agachado diante da lavaroupa. O mércores tiña unha molestia parva na cara interna do muslo que foi crecendo co día; hoxe a molestia era xa unha sensación de contractura... Desesperado preguntei e me dixeron dun fisio bastante bó que emprega 'técnicas de choque' e para a aló que me fun.

Agullas, correntes, electrobisturí "light", electromagnetismo... a ver como vai; mañan debo ir trotar "2 series de 8'".

Non queda outra que ir e ver que acontece.

20 may 2010

Feito un 8

Hoxe fun á consulta dunha osteopata que me recomendou xente de confianza...

En resumo estou retorto e non como unha columna salomonica, que polo menos ficaría "lindo", senon coma un oito 8. Non deu feito moito porque non son quen de me relaxar, pero aínda así quedei algo moido e por precaución non fun nadar...

O mellor é que me dixo que si, que TODOS os problemas que teño son resultado das contínuas adaptacions de posición que fago ó correr e no choio (non esquecer que pasei de traballar de pé quieto a camiñar e logo a 'despacho-sprint'); en especial dixo que non tiven tantas roturas de fibras como pensaba senon unha inflamación do tendón. De tódolos xeitos seica podo seguir correndo mentres non teña molestias dese tipo e que as molestias meniscais van ser constantes así que "a jo... y 'auga'".






27 mar 2010

Camiñada cara a desesperación

Hoxe, tras 2 loooongos dias de reposo "absoluto" (nada de actividade física agás as escadas no traballo) decidinme a dar un bó paseo...o resultado non pode ser mais desalentador. O xemelgo durante a camiñada non me molestou, mais tras 30' de estar sentado no sofá xa me queimaba... ten pinta dunha tendinite ou algo así do sóleo...estou un pouco sobrepasado por este tema e estame a afectar xa en tódolos ámbitos da miña vida.

24 mar 2010

A dor que non cesa

Hoxe saín a correr pensando en ter superado esto e...

8,2 km 37'

Teño unha forte dor no soleo da esquerda; non semella unha rotura, é mais como si todo o tendón me doese.

24 feb 2010

ACABOUSE

Bueno, tras o adestramento do domingo e logo de ve-las fotos de Ordes...tiña gañas, moitas, demasiadas, de adestrar nun día como o de hoxe...o terreo empapado do parque da torre era ideal para a sensación de cross que buscaba, pero non contei coa mala calidade do meu material.

Tras 9,5 km e 41 PLAS outra vez un pinchazo no xemelgo esquerdo...e aló van as ilusions de ir á ALTO SIL este ano... haberá que centrar este tema, supoño que terei que adicar mais tempo ós estiramentos.

Pero vou seguir nadando

7 ene 2010

TODO O BÓ REMATA

Aínda non estou calmo, pero hai que poñer as cousas no diario que para iso está.

O caso é que tras a guardia e algún recadiño quixen aproveitar a soleada e xélida mañan para correr coa ollada posta no cordal Aquiliano cheo de neve. A cousa ia moi ben porque seguía disfrutando de boas sensacions ata que, pasados 45' (10,5 km) ploff¡¡ o xemelgo dereito deume un latigazo... supoño que é cousa do mal material... é o que hai.

Agora a esperar e ver, pero esta rotura si que me vai ter no dique "mollado" (a piscina) unha boa tempada e aínda menos mal que xa pasaron as festas e podo ir tódolos días a nadar...(eu sempre miro o lado menos negativo). Así teño mais tempo para circuitear e apañar unhas cantas ideas e lerias.

21 nov 2009

Despistado

Natación 100 + 1400

Pensaba que o Dragonte era mañán... bueno, a ver si así podo ir mais tranquilo, que isto aínda quere da-la vara nas costas abaixo.