As sensacions de poder 'corretear' son sempre maravilloso e si é pola mañan mirando o tesouro das cereixas bercianas tomando forma pois mellor.
9.8 Km en 43'46"
Blog específico para ás miñas actividades de exercicio e ó deporte en xeral
30 abr 2011
29 abr 2011
Natación. 100 + 1450
27 abr 2011
Neve de chopo e cheiro a sulfato
Hoxe aproveitei esta tarde primaveral para darlle unha volta ó Bierzo con Aqua entre as plumas dos chopos e o cheiro de sulfato que trae e medo ó "mildiu".
Foron 43 km en 1h 32' había algo de "réxime de brisas mariño-bercianas" ó final, pero as sensacións foron estupendas e disfrutei.
Foron 43 km en 1h 32' había algo de "réxime de brisas mariño-bercianas" ó final, pero as sensacións foron estupendas e disfrutei.
26 abr 2011
London Maraton Lotery
Home, sería inxusto que me tocase; é a 1ª vez que participo nela pero...
Natación 100 + 1100
Natación 100 + 1100
24 abr 2011
Camiño da normalidade
Desta volta o camiño de volta á normalidade me vai levar lonxe do que desexo porque van pasar aínda outras dúas semanas sen ir a carreiras. Polo menos xa non é que non poda físicamente senon que é por "problemas de axenda".
45' de carreira contínua.
45' de carreira contínua.
23 abr 2011
Coa sorte (e o vento) de cara
Non contaba con elo así que me emocionei cando vin a tarde soleada que había no bierzo e me lanzei a coller a "auga" e botarme á estrada. Nada mais sair vin á trona ás miñas costas e detras miña foi vindo, pero sen collerme. Unha vez en A Barosa din a volta e topei co aire de cara... pero non me foi peor que outras veces.
54 km 2h 2'
54 km 2h 2'
22 abr 2011
Polo pontiñas co cuco
Hai que sacar algo positivo de tódalas situacions. Eu atopeime recollendo refugallos dun naufraxio e botei a correr...
O parque do pontiñas estaba cheo de trinos de páxaros e o cuco. As miñas pernas seguen reacias a correr pero fun facendo facendo entre pensamentos e proxectos e fixen 12 km en 56' o que me sorprende bastante dado o pouco adestramento que levo.
Estirei ben e non semella que a cousa vaia a peor, mágoa de puntiños en Quiroga.

20 abr 2011
Natación 100 + 1100
19 abr 2011
Voltando a trotar... sen presa nen horizonte. 8 km
15 abr 2011
Voltando a escomenzar
Bueno, hoxe era o día de voltar a trotar. A cousa non foi mal o matutino habitual en 44'41", o sportypal voltou tolear.
14 abr 2011
Histamina, vento e sonos
Vai soar a escusa barateira e mais si digo que aínda así estou contento; a alerxia nótase, pero por fortuna só a sinto como un pouco de cansanzo permanente e o estómago algo pesado a todas horas, teño algo de mocos pero nada que non domine co pano de man e... xa vou rodando mellor.
Bicicleta: 39km 1h19' (29,4 km/h) cando menos xa me achego ó obxectivo.
E non fun especialmente cómodo polo vento do oeste nin moi concentrado porque a mente se me dispersou en cousas da profesión e proxectos futuribles que non serán nada, pero serían unha gozada de levarense á realidade.

13 abr 2011
Ata o reposo hai que saber facelo
Tocoume parar 2 días por cousas varias e... estou esgotado.
hoxe 100 + 1200 de natación con sensación de lentitude.
hoxe 100 + 1200 de natación con sensación de lentitude.
10 abr 2011
E mais kilometros
Bueno hoxe fixen a primeira tachuela... pouca cousa si, pero hai que irse animando
55 km en 2h 2' (26,77 km/h) a verdade é que a sensación nas pernas era peor que o que pon o sportypal
55 km en 2h 2' (26,77 km/h) a verdade é que a sensación nas pernas era peor que o que pon o sportypal
9 abr 2011
Benvida Sabela¡¡¡
A alegría dun amigo é a propia alegría, non si?
A tarde estivo algo ventosa, pero como viña do oeste non me queixo; xa fixen algo mais de kms...
43 km 1h 33' (27.9 km/h)
A tarde estivo algo ventosa, pero como viña do oeste non me queixo; xa fixen algo mais de kms...
43 km 1h 33' (27.9 km/h)
8 abr 2011
Natación 100 + 1200
7 abr 2011
Rematando a fase I
Bueno, agora ando xa algo mellor na bici, xa teño gañas de facer "swings" e o adiantamento ó tractor entre Cacabelos e Sorribas foi moi bó...
40km 1h22' (>28km/h)
40km 1h22' (>28km/h)
6 abr 2011
Lousa de chumbo
O ceo hoxe era como eso; unha lousa de chumbo e a rúa como unha sauna avariada...
Natación 100 + 1000
Natación 100 + 1000
5 abr 2011
¿Gústache pedalear?... Bierzo
Hoxe O bierzo era un froito en flor e saín darlle unha volta na bici lembrando a fantástica nova de que a candidatura de Ponferrada é a mellor colocada para organiza-los mundiais de ciclismo en 2014. Xusto este ano que ven a Volta ciclista.
Tiven que varia-lo percorrido para tentar esquiva-las obras iniciadas nestas semanas... si non se poden inaugurar pois que se vexan en marcha, non si?
Pouca cousa, que o sóleo non está para moito 41 km en 1h 24' disfrutando.

4 abr 2011
Nadando na tarde
100+ 1300 A perna non acaba de pasar; semella unha tendinite do sóleo en quente ainda tal, pero en frio...
3 abr 2011
Acabando de fastidiarme
Esta finde escollín participar na carreira do Milladoiro porque me acaía mellor para seguir ruta.. e menos mal. Non sei que foi o que pasou pero xa no quecemento sentín o xemelgo dereito moi cargado e aínda que cos estiramentos melloraba o certo é que os 5 km foron "a dolor" fixen 21'10" (4'15") o que non está mal para as costas que había pero quedei algo coxo... a ver como se presentan as cousas mañan.
2 abr 2011
Natación 100 + 1500
A cabeza non para...
A cabeza non para...
1 abr 2011
Pedales contra todo
O día pedía bicicleta e saín, pero esquecín a época de "prestidixitación" na que vivimos e que a falta de inauguracions pois inícianse obras... total que non hai entrada ou saída de Ponferrada que non teña máquinas facendo buratos no asfalto e... pinchei ós 7' de sair alí na rotonda da "gran manzana".
Case quedo sen pel dos pulgares para voltar a por a cuberta no sitio, logo a xente de Nino foi amable e me permitiu dar presión á roda co seu bombín.
Saín enrrabietado a aproveita-lo tempo que me quedaba ata as 19h contra o vento do surleste.. a 28 km de media
En fin, seguen os malos tempos para os palleiros.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)