31 may 2010

Animándonos

Natación 100 + 1000(19') + 50

Coido que os 274 pts obtidos en Betanzos (a falta de confirmar) non van ser dabondo para a permanencia, así que; malía á reaparición da 'tensión' no xemelgo esquerdo (tendinite) vou tentar prepara-la Maraton de Toral eso si, para 4 horas.

30 may 2010

Betanzos 2010

Acudín á XIV media maraton "Volta á ría de Betanzos" coa intención de probar a resistencia das miñas articulacions e tendons e en busca de puntos que me deixen en primeira do circuito ainda que só sexa un ano mais.

Moi bó ambiente e meteoroloxía. 330 Inscritos e unha organización fantástica moi rodada e sen prepotencia de ningunha clase apoio loxístico do clube ciclista da vila, de protección civil e da G.C. postos de avitauallamento ben servidos, duchas, masaxe, xantar na meta. Todo estupendo.

Moitos coñecidos na saída entre eles alguns dos "magníficos" bercianos como Luis P., Basurko e Chus Alonso, vencedor da proba malia ó esforzo de Manute por celebrar o seu aniversario coa ansiada vitoria na proba.

Saín, como sempre, por riba das miñas posibilidades pero xa me decatei delo antes de enfrontar a costa de "A Angustia" nas que me tomaron estas fotos...suplicando polo seu final...




; logo fun atopando o meu paso sen fixarme noutra cousa pois nin levaba crono nin preguntaba nos pasos polos kilómetros; cardiopulmonarmente topeime moi ben e só tiña que ir mirando as sensacions das pernas, na subida a Pedrido pensei en apretar pero ó remata-la ponte xa me 'mordía' o menisco da esquerda e afrouxei...con tranquilidade seguin ó paso que a molestia me permitiu ata que, chegado ó km 15 desapareceu e voltei a botarme cara adiante, dende o 18 fun quen de ir incrementando o paso e cheguei ó 20 con clara sensación de "sobra" de xeito que botei un sprit na recta de meta.

1:37:28 a miña peor marca en media maratón, a miña maior alegria nunha carreira: Aínda podo correr.

29 may 2010

Limpeza axitada

Tras o rotúndo 'esito' da noite de onte...tocaba desintoxica-los pulmons.

Natación 100+1000

28 may 2010

Derradeiro test cara ó sufrimento

Saída de 1h e 15' ben salvo ó final que coa calor e a falta de costume tiven que baixar (si, aínda mais) o ritmo.

Logo, pola noite festa rachada e bailoteo...a ver si non parto nada.

26 may 2010

Outra hora

Sain outra hora...probando o SportyPal pero o GPS toleou... e non teño gañas de ver canto fixen pero non sería moito mais de 13,5 km.

As pernas no seu sitio, sen emocions e algo de cansanzo ó rematar pero pouca cousa.

24 may 2010

A Betanzos vou moi lentiño, vou trotando

Versión da canción do grande Pucho "A santiago voy".

Rodaxe de 1 hora. Lento todo semella ir ben, en canto quero apretar escomenza o baile de pezas na miña perna esquerda; que si o menisco, que si o xemelgo, que si o nocello...

23 may 2010

BiciChof

A mañan do domingo tiña que ser malia o cansanzo 'mental' non atopo outra explicación o certo é que fixen unha ruta xa moi coñecida e fun mais ou menos ben ata o kilómetro 35, logo petei e cheguei a casa tiritando cando había 28º fora.

45 km 1h40'

22 may 2010

Novamente matutino

Outra volta correndo cara ó choio... en 44' non foi gran cousa, pero prestoume e mais hoxe que non puiden ir á Ruta de la mencía (é que avisan mooooi tarde).

O resto da mañan o menisco queríame fastidiar, pero non lle deixei.

21 may 2010

Natación: 100+1000+4x100

Entre cruxidos, algunha estrana sensación e unha molestia nun tendón da perna dereita.

20 may 2010

Feito un 8

Hoxe fun á consulta dunha osteopata que me recomendou xente de confianza...

En resumo estou retorto e non como unha columna salomonica, que polo menos ficaría "lindo", senon coma un oito 8. Non deu feito moito porque non son quen de me relaxar, pero aínda así quedei algo moido e por precaución non fun nadar...

O mellor é que me dixo que si, que TODOS os problemas que teño son resultado das contínuas adaptacions de posición que fago ó correr e no choio (non esquecer que pasei de traballar de pé quieto a camiñar e logo a 'despacho-sprint'); en especial dixo que non tiven tantas roturas de fibras como pensaba senon unha inflamación do tendón. De tódolos xeitos seica podo seguir correndo mentres non teña molestias dese tipo e que as molestias meniscais van ser constantes así que "a jo... y 'auga'".






18 may 2010

Lento contento

Hoxe fixen un adestramento curto malía non saber si mañan vou a adestrar ou a viaxar...

8,5 km en 36'37" (4'18"). O Mellor, a falta de sensacions moi molestas nos xemelgos. O peor, que o menisco esquerdo volta a 'avisar'.

O certo é que si sigo adestrando podo mante-la esperanza de quedar en primeira con menos de 2000 puntos; esperanzas que pasan pola dupla Betanzos-Toral. Outra cousa será a vindeira tempada que me semella a min que a primeira se vai a poñer en 2500 puntos como mínimo.

Por certo, ata o luns si buscaba "liga atletica del bierzo" en google o primeiro resultado era... A miña entrada¡¡¡ hoxe xa sae a páxina do concello, menos mal.

17 may 2010

Natación 100+1000+4x100

Más de la liga atletica del bierzo

A la vuelta de este finde me enteré de la carrera de La Martina el viernes a la tarde...da igual porque a esa hora ya tenía que estar en Madrid, pero sí que gracias a ello dí, por fin, con la información "oficial" del tema; eso si, algo incompleta.


Sistema de puntuación:

* Por finalizar la prueba: 10 puntos
* Por batir record de la prueba: 25 puntos
* Del 1º al 50º: de 50 a 1 puntos

Pruebas puntuables para la Liga:

* III Media Maratón de montaña Monte Pajariel
* III Tebaida Berciana
* Ponferrada Camina: Cuatrovientos
* Ponferrada Camina: La Martina
* XV Travesía integral de los Montes Aquilianos
* ... etc

Organiza:

Escuela Municipal de Campo a través

Si se observa la ruta no es de extrañar que sea difícil de encontrar, lo raro es que ni el buscador de la web municipal la encontró. En fin, es el primer año; sólo queda mejorar...o no.

16 may 2010

Primeira hora e premio

Estreei o adestramento na casa de campo da capital, fixen 13km en 1h. O mellor foi non sentir molestias na perna e acadar o agasallo de Strands (mágoa non poder agardar á kedada).

O problema é que alí non hai onde ducharse nin pagando.

13 may 2010

A despacio e con precaución

Bueno, hoxe fun mais ó xeito pero podo dicir que non me mancou nada a perna nesta saída e que tampouco é gran cousa o que me manca agora... iso sí vou leeeeeento, pero contento.

11.5 km en 50'.

11 may 2010

Como as molestias foron a menos no canto de ir a mais e a chuvia torrencial deu paso a unha hora ben 'linda' decidín ir correr.

8,5 km en 37'50" (4'27") con algo de molestias pero ahi foi a cousa. Logo estirei "esaxeradamente" a ver que me dí a perna mañan.

10 may 2010

Desatascando

Xa dende o Sábado pola mañan, ó sair da guardia, me sentín algo cargado...onte pola tarde foime a peor e hoxe pola mañan estiven tusindo e esbirrando seguido e con sensación "camión" moderada. Tomei moita auga e flumil e...fun nadar.

100+1000+3x100

Algo me despexou, pero procurei andar abrigado que a neo-invernía esta é fastidiada.

9 may 2010

Ferreirúa 2010

Outra volta participei na proba desta parroquia afeita xa a dar un "master" en organización e motivación humana cada mes de Maio.

Corrín a proba curta por aquelo de que nin teño forma nin coido te-la perna en condicions e fixen ben; porque non houbera podido correr mais de 12 km...
Foi unha gozada falar con tanta xente coa que levo tanto tempo nesta "droga", xente do foro e xente que só lee ou nin eso. Todos coincidimos en que hoxe había que estar e, malía a ameaza meteorolóxica, que a organización voltou a se superar... tanto foi así que o tempo abriu e corremos gran parte da proba con sol.

As carreiras dos raparigos como sempre do mais agardado e do mais satisfactorio...hai futuro. Persoaxes ilustres como Pedro Nimo e o homenaxeado Alejandro Gómez e xente coñecida como Jesús B. ó que puiden darlle o pésame persoalmente polo pasamento do seu pai.

Non couallou entroques a necesaria lembranza tanto para Don Julián como para o compañeiro corredor falecido estes días atrás en Ourense.

Sairon os da media e boteime a quencer con moito medo, estirei...a cabeza do peroné facíame 'cóxegallas' e a cousa non pintaba ben. Concertación na saída e ¡veña que vai! arrincamos. Eu suave, tanto que o 1º foi o peor kilómetro (4'36") co xoenllo e o nocello vacilandome, nos tres seguintes decidín esforzarme un pouco e apreteime conquerindo facer a 4'05" os 3; logo xa non me puiden manter e seguín cun pasiño que tolerase a carga que xa sentía na perna esquerda. No 7 adiantame un grupiño e tento seguirlles o paso...co que acabei de estragarme; xa na costa do final apretei para ver di "rompia ou rachaba" e bueno, a perna non rompeu nin o músculo rachou, pero doer doeme e unha vez en frío coxeo ostensiblemente...fixen 41'09" polo meu crono a 4'25" que é o de menos, pero debo de me ir acostumando a eses ritmos.

Para mostra un boton...que mala cara e só iban 200 mts.


A ver si para o ano podo voltar á media....

6 may 2010

Dandolle voltas ó problema

Fun dar voltas no estadio a ese ritmo pausado que a perna e a baixa forma me permiten...19 voltas, 11 km en 50' (4'32")... e estirar ben e a esperar.

Coido que o domingo vou ir a Ferreirua... todo sexa por descender "con honor".

4 may 2010

3 may 2010

Estreando a piscina de O Barco

Fun facer xestions e a percurar esperanza e xa postos decidín probar; madialeva a instalación, que por fora non pinta nada ben para o meu gusto, por dentro... e o prezo: 1,50€ 1 hora con sauna no vestiario... ten pouco fondo, pero como eu non son un "saltón" pois dame igual.

Natacion: 100+1000+4x50

2 may 2010

Seguimos

Bueno, tras 1 semana "aguantando" os adestramentos para manter o anterior post 'no alto' seguimos.

Bicicleta: Ponferrada-Dehesas-Toral-Ponferrada 39,83 km 1h:25' (28,16 km/h)

Liga atletica del bierzo

Bueno, está claro que hay zonas que tienen sus características y por estos lares las características deben ser algunas señas de identidad poco o nada deseables, creo yo.

Lo cierto es que el 27 de Abril se presentó la "Liga atletica del bierzo" una competición de caracter comarcal que intenta crear un calendario único de pruebas (grandes pruebas) que incentive la participación en las mismas.

No menos cierto es que a esas alturas ya se habían corrido dos de las pruebas anunciadas (Pajariel y Tebaida berciana) y que no se anunció la prueba de Cuatrovientos hasta el mismo día 27 (ese día recibí el correo).

Por ningún lado he visto otra información que la enlazada, ninguno de los corredores blogueros (Maky, Palla, TRIBeerzo...) de la zona hace la más mínima referencia a esto en sus blogs...no hay NADA en la Web del ayuntamiento, ni en la del Consejo Comarcal ni en la de Rutas del bierzo (uno de sus miembros aparece en el vídeo)...yo me he enterado por un twitt de ebierzo que enlazaba la noticia de la carrera de cuatrovientos en la cual ya se hablaba de un problema de poca publicidad...

Yo creo que o se hace poca o se hace con un inegable atraso tecnológico... las pruebas ahora mismo hay que promocionarlas en las páginas de atletismo popular (o de montaña según el caso) y con antelación. Puede valer tambien la creación de una página en facebook y crear los diversos eventos de la liga dentro de ella, tener un twitter ayuda a la difusión rápida de noticias breves y a la recepción de comentarios y opiniones, un blog y un foro pueden ser herramientas de apoyo y seguro que en el bierzo hay gente con grandes conocimientos de informática más allá del nivel de usuario que te crean incluso una hermosa web con java o flash.

Hay que adaptase a los tiempos, las ideas buenas son buenas si las pueden "ver" como tales las personas a las que se dirigen.

EDICIÓN 9/5/2010
Informado, por la calle, de como va el tema (puntúan los 50 primeros de cada prueba en orden inverso: 50 al 1º, 49 al 2º...) sólo puedo añadir que supongo que el objetivo de esta liga es 'fidelizar' a atletas de "calidad"...para el resto "entrar en los puntos" como en la fórmula 1 será ya una meta...o no.

1 may 2010

Investigando

Saín na bici e como estou no mundo por estar non me enterei da feira do viño de Cacabelos ata que cheguei a Magaz así que me fun a explorar o desvío e xa que me puxen pois seguin...


36,88 km en 1h 25'