30 nov 2024

Novembro completo

 Non foi un mal mes, conseguin superar-los obxectivos e por moito e con momentos de gran satisfacción como esta do 29/11...



Non é gran cousa mais é o meu esforzo.

Pedalear: 419,8 km ascensión 4168 mts dureza: 9,92 O Novembro con mais Km en bici de tódolos 57 da miña vida.

Chapotear: 32,5 km o mes con mais km nadados dende que teño rexistro.


1 nov 2024

Nen dobrando acado obxectivos

As circunstancias mandan e non vai ser menos a dunha viaxe coa familia e un peche inesperado da piscina (2 semanas)... malia a facer dúas dobraxes non puiden acadar de todo os obxectivos.

Pedaleo: 401,98km desnivel positivo 3.905mts "dureza": 9,71 mts/km

Chapoteo: 19,3 km 

Agora podo subi-la natación ó Strava mais no resumo non me deixa separar as actividades por tipo.

30 sept 2024

Septembro de obxectivos

 Está claro que non se pode recuperar un mes de parón cos días mais curtos mais se fixo o que se deu con ledicia.

Pedalear: 635,6 km con 6430mts positivos (Dureza 10,11)

Chapotear: 24,4 km.

31 ago 2024

Liderando agosto

 

Bueno, non teño dereito a queixarme; se non fixen mais foi por precaución sobre todo ó inicio do mes que non quixen nadar porque os días de xullo que nadei acababa con algo de molestia no hombreiro e non quería ir para atrás... ademais, tiña o empeño romántico de ir nadar ó mar mais non puido ser.

Con todo fixen 16 km e fun mellorando resistencia e ritmo ata hoxe mesmo.


 Na bici progresei axeitadamente... tamén polo tema da molestia no hombreiro decidin aproveita-lo novo xogo de piñons e tratar de subi-las costas (ata o 7%...) sentado. 

Así chegou o día da etapa de ancares e me lancei a subir Lumeras dende Ponferrada vía Valle de Finolledo... foi especial subir e ver a tanta xente xa alí posta nas súas caravanas... todos dando ánimos como si eu fose da carreira. Case sen decatarme fixen o meu 3º mellor tempo nesa subida.

O certo é que pasei "lider" da volta por Lumeras; eles pasaron 6 horas dempois e o último da xeral estaba a 3h así que me sobraron 3 horas. 😂😂😂

 

En total foron 869,9 kilómetros e 8696 metros de ascenso (Dureza 9,99)

31 jul 2024

Tratando de arrincar.

 Bueno pois após 36 días do suceso comencei a chapotear... á bici custoulle mais "recuperarse" así que queda para Agosto.

Chapoteo 5 km.

Ritmos lentos que a escordadura acromio-clavicular aínda dí "estou aquí" se quero apretar ou si trato de face-los xiros rápidos.

Imos.

30 jun 2024

O mes truncado

 Bueno pues todo son excusas para quen non da.

Escomencei o mes o día 3 e remateino o día 21. Viña de 15 días de "turismo aerobico" con 30000 pasos/dia e moitas escaleiras subidas pero sen nada de anaerobico. Remato cun suceso que ben puido ser moito peor para min e tamén puido non ser si non tivera tanto reflexo.

Xullo non vai ser para nada o mes que quería que fora, pero hai que se adaptar a facer o que se pode facer e a NON facer o que non se debe.

Chapoteo: 21,75 km

Pedaleo: 473,2 km subida 5291mts Dureza 11,18

29 jun 2024

Relato dun suceso


O pasado 21 de xuño ia eu tan féliz disfrutando da paisaxe do bierzo...

 Non é que fora unha saida de grande rendemento mais como estivera 15 dias sen sair en maio era a 1ª na que me atopaba disfrutando sen arrastrarme... 

Subín o alto de Pobladura de Somoza e comencei a baixar; vin as vacas ó lonxe e baixei a velocidade

era un lugar no que atopara as vacas mais veces e no que hai unha vista fermosa dos ancares...

O tema é que unha das vacas estaba na marxe dereita da estrada pastando no arcén baixo a sombra dunha árbore... eu pegueime á marxe esquerda para pasar tras dela e logo parar porque o resto das vacas ocupaba toda a estrada... mais a vaca asustouse e deu a volta de xeito súpeto cara a min; por reflexos freei con forza e sain despedido da bici ó chan caendo sobre o costado dereito.

O reloxio chamou ó 112... case non daba alentado e institivamente peguei o brazo dereito ó costado porque pensaba ter partido moitas cousas sobor de todo a clavícula. A operadora pasoume cun médico e mentras falabamos vin vir unha C-15 dende paradiña.

Fíxenlle acenos ó coche mentras falaba co 112 que me informaba que unha ambulancia tardaría 1 hora en chegar así que como o conductor ia cara a Cacabelos lle pedín que recollera a bicicleta e me levara.

A baixada foi mais un xogo de nervios por contactar coa miña xente que pola dor, puiden comprobar que non tiña a clavicula rota e que no costado non había signos do temido "volet" costal.

O Médico de Cacabelos me explorou con minuciocidade e consideramos que non pagaba a pena mandarme ó hospital en ambulancia (un recurso escaso polo que se ve) e que si tal me vise o meu médico... así pois me levaron á casa, me duchei e botei antiséptico nas feridas (mais pequenos cortes que abrasions) e fun á consulta do meu médico para xustifica-la ausencia ó turno de tarde e logo xa veríamos.

 Na fin de semana tomei antinflamatorios a punta pala pero conseguin durmir na cama pasando dor ó erguerme de cada silla, sofá ou cama pero podía andar e o hombro só me molestaba nunha posición moi concreta (coller a taza de café e subila cara a boca)... o domingo xantando fixen un movemento reflexo cando caia un vaso e a partir de ahí a dor do costado se incrementou.

O Luns fun ver outra volta ó meu médico e na exploración apreciamos que a dor do costado era significativa e me pediu unha Rx...

Algo ó que estaba afeito do meu traballo en urxencias... hai fracturas que non dan a cara ata 2/3 días dempois.

Bueno, tocaba convalecer un tempo e seguir "sufrindo" ó erguerme da cama e o sofá... co que xa non contaba era con que o tema do hombro fose a peor. Non é que doese mais, o caso é que custaba ata comer; calquer movemento co brazo dobrado e tratar de subilo cara a boca ou mesmo move-lo rato do ordenador era molesto e saiu este hematoma...

Así que pedín cita nunha clínica de fisioterapia e me exploraron con ecografo e diagnosticaron escordadura da articulación acromio-clavicular e rotura parcial do ligamento supraespinoso.

E ahí estamos, dándolle tempo ó tempo, facendo o que podo facer e sobor de todo NON facendo o que non debo facer.








 

31 may 2024

Facer un mes en medio...e con frio.

 Non puiden... foi así.... tiña que tratar de facer toda actividade do mes en medio e por riba me trabuquei alguns días ó calcular a meteoroloxía e este frio en maio me condicionou os percorridos...

Pedaleo: 308,9 km ascension 3054mts dureza: 9,88.

Chapoteo: 20,1.

1 may 2024

Abril das moitas facianas...

 Non me podo queixar malia ás oportunidades deixadas pasar... tratei de facer mais subidas porén non fun quen...

Chapoteo: 26,7 km

Pedaleo: 601,6 km Ascensión 5902 mts Dureza: 9,81.

31 mar 2024

Marzo Frio con flores e lastres.

 Non teño dereito a queixarme...

Chapoteo 23,95 km en xeral con medias por baixo dos 2'/100mts

Pedaleo: 443,3 km 4508 mts dureza 10,16. e case tódalas saidas cos lastres.

A ver qué nos depara abril.



29 feb 2024

Febreiro de resilencia informatica

Unha vez mais atopo sentido a ter este blog ou un rexistro online da actividade física porque voltei a ter unha perda total de datos do disco duro do ordenador.

O mes nin tan mal: 

Chapoteo: 27,25 km

Pedaleo: 348,4 km ascensión 3028 mts dureza:8,69

 

31 ene 2024

Xaneiro con medo á bretema

Unha excusa coma outra calquera mais o certo é que non me apeteceu pasar o trago non tanto polo frio como pola humidade.

Pedaleo: 150,5 km 1003 mts de ascenso

Chapoteo: 28,1 km

Rodillo 4 sesions

1 ene 2024

Resumo 2023

Adoitaba facer unha entrada única para a actividade de decembro e resumi-lo ano mais a perda de datos informáticos que sufrín en xuño me tiña pendente de reface-lo excel grazas ós datos deste blogue e recuperar-los datos de todos estes anos.

2023 non foi un mal ano deportivamente.

Chapoteando acadei os 306,65 km (apenas un 0,18% mais ca en 2022) pero cada vez me custa mais ir por baixo dos 2'/100mts.

Pedaleando acadei os 5000 km no ano e duas novas cimas da contorna berciana; o alto do portelo (mais o do cebreiro) e o alto das danzas tras tentalo 3 veces antes.

tamén fixen por primeira vez Bierzo-Valdeorras-Bierzo.

Mais o peor é que dende Septembro teño unha baixa forma preocupante... non acabo de ir e non atopo ben porqué.

Será a vellez.