31 dic 2015

A derradeira foi a boa

Este Decembro non me podo queixar polo feito malia a saber que aínda pudo ser mellor

Carreira: 143,41 km e iso que houbo algún día que me saltei...
Natación: 22,05 km e iso que a piscina de Ponferrada pechou o 22 de decembro... tamén é certo que o 26 fun en Compostela ás piscinas de Santa Isabel.


30 nov 2015

Incumprindo en Novembro

Ás veces un debe aceptar non cumprir os mínimos que se esixe porque ten motivos para elo...

Foi o que aconteceu este mes; no que non acadei os mínimos que me marco malia que xa os rebaixara (na carreira) porque coñecía a dificultade que tería unha semana concreta deste mes.

O importante é mantermos as gañas ¿non si?.

Carreira: 93,83 km xusto lle faltan os 7 km que por falta de luz natural non puiden correr en Cuenca.
Natación: 14,45 km xusto falta unha sesión que a preferín dedicar á bici.
Bicicleta: 37,7 km

11 nov 2015

A punta do Iceberg...

Calquer actividade feita POR comparar, competir... ten tendencia a irsenos das mans. O deporte non ía ser menos.


Alguén podería pensar que falar agora é moi doado falar da xente que se engancha ó deporte popular por competitividade... e que eu debería estar caladiño pois durante un tempo me adiquei a fomentar "a participación" que remataba nesa competitividade mal entendida ou no enganche ó límite desmesurado.

Na Behobia San Sebastían; proba mitica para calquer popular da península e arredores faleceu un corredor (e van varios nestes anos) e catro están na UCI ademáis de unha ducia de feridos... Cousa da multitude? A xente se pide mais do que pode? Exceso de competitividade?

Non sei pero si a elo lle sumamos a falta de precaución da xente que se mete a facer deporte a partires de certa idade temos un cóctel explosivo polo que sospeito que eses incidentes graves non son mais ca punta dun iceberg de lesions e doenzas contraproducentes respecto ó que se quería conquerir facendo deporte... 

Por iso agora só fago exercicio e prefiro só compartir.


1 nov 2015

Outubro de dous tercios

Rematou Outubro con dous tercios dos obxectivos acadados mais coa sensación de que era imposible acada-lo 100%.

Natación: 20 km
Carreira: 109 km
Bicicleta: 51,62 km

Non foi a falta da cuberta dianteira o que me impediu acada-los 200 km na bici é un calendario ateigado de pequenas cousas nas que resulta complicado encaixar sesions de mais de hora e media... con todo conquerin facer 20 km nadando adaptándome ós horarios da piscina... pero non vai ser doado facelo moito porque nas mañans non sempre podo ir ás 15 h a nadar.

30 sept 2015

Septembro qué malo é non saber resignarse...

Estou levando tan mal esto do peche da piscina de arriba que ata me da frouxeira escribi-lo resumo mensual.

Normalmente en Septembro sempre afrouxo un pouco por mor dos días festivos na cidade e nas vilas que son importantes na miña vida pero esta vez igual foi "por de mais".

Nadei moi pouco porque unha vez pechada a piscina descuberta non conseguin artellar onde ir nadar nos días que tardou en abrir a piscina cuberta de abaixo; total para rematar indo a nadar e disfrutando delo onde sabía que tiña que ir: ó lago de Carucedo.

Na bici o normal do mes e correndo pode que ata algo mellor porque como non ia a nadar....

Bicicleta: 267,49 KM
Natación: 12,4 KM
Carrera: 86,98 KM

31 ago 2015

Outra volta mais 10 triatlons...


Outro Agosto mais remato o mes coas distancias equivalentes a ter feito 10 triatlons non me queixo nin de distancias nin de ritmos cecais algo das sensacions do xeonllo esquerdo pero é de esperar que evolucione a peor, mais; mentras a articulación ature...

Natación 17,8 KM en 10 saídas
Bicicleta 401,93 Km en 8 saídas
Carreira 110,2 Km en 10 saídas

Dobrei dous días pero descansei algún mais do que pensaba... pero foi por ben así que non me queixo.

31 jul 2015

Pasando o meridiano do desgate...

Remata Xullo; así nas cifras semellaría un mal mes e as molestias do xeonllo poderían xustificalo pero o certo é que non o sinto así. Seguin facendo de todo e engadín 2 países maís no meu mapa (Noruega e Finlandia) particular e un lugar "extremo" novo... o cabo norte.

Carreira 74.3 km
Bicicleta 54.8 km
Natación 15.2 km

Que mais ten? o caso é moverse.

30 jun 2015

Resumo dun Xuño reducido

Outro mes no buche... foi un pouco comprimido por mor dunha viaxe na que me arrepentín bastante de non leva-la roupa non polo kilómetros que tería feito senon pola singularidade de apuntarme esa cidade no mapa. Pero xa está feito.

Polo demais, pois ben; disfrutando sen agobios.

Carreira:70,09 Km
Natación: 16,3 km
Bicicleta: 130,17 km

31 may 2015

O resumo de Maio no San Xoan

A miña vida é bastante sinxela mais porén nada aburrida e tal é o caso que para facer algunhas cousas novas teño que deixar outras... xa deixei de compartir cada adestramento polo blog porque non tiña sentido visto que (cumprindo co tópico) os podo compartir nas redes sociais de xeito automático e agora cáseque non teño tempo nin de face-lo resumo mensual; de feito si non fose por Club del paseo non o faría porque é un pouco pesado recabar os subtotais... e para seren sinceiro prefiro saír a facer algo que sentarme a escribi-lo feito no mes.

Maio non foi malo en vista dos días que tiven que ir fora (de feito levei a roupa de correr e voltei a correr en Valladolid -3 días- e me estrenei en Murcia) e as cousas nas que me vou metendo. As molestias da edade mais eu chegamos a un acordo: Eu non me paso e elas me deixan ir facendo.

Natación: 20,6 km
Correteo: 71,5 km
Bicicleta: 164,54 km

30 abr 2015

O roubado de Abril

Rematou o mes das mil augas... non me foi mal. O meu corpo xa non é o que era e non dou moito mais de min, pero sigo facendo exercicio e de cando en vez... pois o disfruto.

Carreira: 92,7 km
Bicicleta: 177,1 km
Natación: 21,9 km

1 abr 2015

Decindo adeus a Marzo con alegría

Outro mes mais de decadencia e loita.

Ate a natación me foi difícil nos derradeiros días por problemas coas lentes... Correndo seguimos coa rutina de 10 km un día e dous de "reposo" co xeonllo algo hinchado.

Natación 23.7 Km en 12 chapuzons
Carreira  86.23 Km en 9 saídas

28 feb 2015

Curto mes da decadencia

Aquí seguimos cos problemas de menisco esquerdo que non me permite correr mais de 10 km... fago algo de ximnasio para reforza-los músculos da perna a ver si imos resistindo.

Natación: 22.5 km en 11 sesions
Carreria: 28.4 km en 3 sesions

31 ene 2015

Empezando mal

Bueno, eu tentei de facer como que non ia comigo pero o meu xeonllo esquerdo é teimudo e non me deixa ignoralo así que a final de mes decidín darlle un alento e aproveitando as obras na piscina escomenceei no ximnasio coa inestimable axuda e compaña da moza.

Carreira: 77,4 km en 7 saídas
Natación: 23 km en en 11 chapuzons.

A ver que pasa no tempo dun mes...