31 dic 2016

Decembro e 2016

Bueno pois aló vai este mes e este ano... Non podo dicir que fose un bó ano no eido lúdico-deportivo pero supoño que algunhas cousas das que suceden son parte da natural evolución da vida...

A natación aínda me vai consolando e tento sacar proveito das oportunidades de ir andar na bici aínda que é un pouco complicado con tan pouca luz.

Chapotear: 23,1 Km
Pedalear: 77,31

O 2016 quedou así a escala da esquerda é para correteo e pedaleo e a da dereita para o chapoteo.


Non teño plans para 2017 pero non penso deixar de facer exercicio; vaime a saúde nelo.

28 dic 2016

Contratado¡¡

Fai uns días critiquei abertamente a nova na que se deba conta de que NIKE contrataba a corredores para baixa-la marca da maratón de 2 horas. Preguntaba polas impliacions éticas e polas consecuencias de ter un "contrato" desa índole.

Mais resulta que o programa de NIKE non implica só a corredores de elite senon que ten unha sección na que brindan a oportunidade a persoas que sentimo-la paixon por correr com fundamento da vida para facer realidade o soño de acadar unha grande marca... e tocoume.

Xa estou na lista de espera para repara-los meniscos dos dous xeonllos e me asignaron adestrador, fisio e nutricionista... terei que deixar de comer certas cousas pero o mais terrible será non poder tomar un pouco de cervexa ou viño. O seguro médico cubreme calquer problema cardiovascular que xenere o programa de adestramento e tamén inclue as futuras operacións froito do desgaste articular malia que non se pronuncia sobor dos síndromes asociados ó deporte de alto rendemento estou certo de que non haberá problema.

O contrato e moi longo para explicalo aquí; incluso para leelo mais os recursos postos garanten que chegarei ós obxetivos e non fará falta aplica-las clausulas finais...

Teño tamén que adicar certo tempo ó tema das promocions polo que dendo o vindeiro ano este blogue terá patrocinio non só de NIKE senon doutras marcas do programa "acada as túas metas" no marco do cal irei publicando entradas sobre os trebellos, prendas, accesorios e demais que me acheguen para acada-lo meu obxectivo. Pode que complete o programa cunha canle de video no Youtube mais non teño claro si a producción será por conta propia ou allea.

Entre medias delo debo adicar 10 horas diarias a adestrar e ou outras actividades que me marquen no programa de preparación e elo me leva a pensar en deixa-lo traballo... pero como me indicaron "xa haberá tempo de tomar esas decisions...

En fin que se abre unha tempada chea de emocions e vivencias únicas escomenzando polo paso polo quirófano.





































Si chegache ata aquí e creiche algo do leido Grazas, xa sabía que tiña amigos de bó corazón.

30 nov 2016

Novembro outonal

A verdade é que a cousa pinta moi mal no que á actividade física se refire, a mancadura no xeonllo dereito do 31 de outubro da ó traste con calquer esperanza de corretear e disfrutar do outono e o momento mais duro foron os días pasados en A Coruña co paseo do parrote ahí ó alcance da man e non poder ir correr.

Este mes apenas puiden facer natación por mor das cousas dos horarios laborais e domésticos mais aínda foi un mes "normal" neso.

O derradeiro día puiden colle-la bici e dar un paseo...

Chapotear: 20,6 km
Pedalear: 34,7 km

6 nov 2016

Menos menisco mais diversidade

Ainda non vai unha semana dende que me manquei teño claro que só é un punto indicativo de algo que xa viña pasando e continuará...

Non teño claro qué carafio está roto ou mancado ahí dentro semella o ligamento cruzado ou o lateral pero dá algún síntoma meniscal así que como aquelas relacions adolescentes que remataban sen rematar voulle dar  tempo e logo vou calibrar si está roto ou só mancado. Si está mancado haberá que face-los exercicios axeitados; si está roto... pois xa verei canto me impide facer.

Mentras centrarei o exercicio na natación e pode que na bicicleta si o tolero... Xa vos contarei.

31 oct 2016

Aproveitando o veroño

Andivemos ben en Outubro; ben para o que viña sendo norma... mágoa de mancadela na derradeira saída.

Non me queixo; as cifras terían dado para facer 7 triatlons... non sei si eso quere decir que estou ó 70% respecto a Agosto do ano pasado... eu penso que en ritmo dende logo estou en bastante menos.

Corretear: 70,16 km
Pedalear: 287,33 km
Chapotear: 19,1 km

1 oct 2016

A (mala) colleita

E pasou Septembro e colleitamos o que puidemos que os artellos non aturan moito e a vida ten cousas que priorizar e pon obstáculos (como o enésimo peche da piscina de arriba).

Chapotear: 24,2 Km
Corretear: 17,1 km
Pedalear: 278,3 km

1 sept 2016

Un mal Agosto con bó tempo

Non están os tegumentos para moita broma e tampouco a conciliación pode ser a que era así que un vai tirando como pode...

Corretear: 8,4 km
Chapotear: 20,06 km
Pedalear: 336,42 km

31 jul 2016

Xullo insular...

Desta volta as vacacions programadas permitiron unha boa ración de actividade física extra (ademais do esgotador turisteo) o que levou as cifras a cotas difícilmente alcanzables para este kandpalleiro... a tecnoloxía nos xogou unha mala pasada e non puiden tomar medidas exactas das natacions realizadas pero coido que foron abondo fiables; en todo caso o importante é que disfrutei e moito deses intres, tanto que me atrevin a correr incluso dous días consecutivos o que tivo as coñecidas consecuencias no xeonllo dereito que veremos onde van parar.

Chapoteo: 30,1 Km
Correteo: 21,21 Km
Pedaleo: 304,77Km

A tecnoloxía temén ten unha parte boa como é que sin querer a miña filla me fixo un vídeo nadando coa súa cámara submarina na que se podería facer unha análise da mecánica para mellorar... como si puidera.




1 jul 2016

En xuño seguimos camiñando

Dadas as circunstancias non me podo queixar neste mes fixen bastante, pode que me gustara facer mais pero o xeonllo segue a molestar en canto lle digo que teño gañas de correr... polo menos no choio mais non me molesta.

Chapoteo: 22 Km
Pedaleo: 200.8 Km

1 jun 2016

Maio nen flores nen nada...

Segue o tema do deporte mal... non acabo de saber que lle acontence ós meus xeonllos cando corro e coa meteoroloxía que hai non me fail falta moita excusa para non sair na bici ademais do difícil que é acordar unha axenda coa miña vida que me permita seguir facendo esto de tal modo que xa me teño afeito a ir nadar sen xantar.

Chapoteo: 22.8 km
Pedaleo: 125.24 km

1 may 2016

Abril de bágoas mil...

Home seguro que esaxero un pouco, pero este problema ten pinta de que vai se-lo definitivo... Durante este Abril sufrín unha lesión aínda por determinar no xeonllo dereito como consecuencia do que acabo con bastante dor e un derrame importante na articulación tras tentar correr (e non manifesta molestia durante a carreira)... por riba os compromisos profesionais e combinacions de circunstancias non axudaron para poder ir nadar e a meteoroloxía se aliou contra a bicicleta.

Pedalear: 131.92 km
Chapotear: 16.4 km
Corretear: 20.55 km

Verei como evoluciona o problema e si co "reforzo" ciclista podo aturar...

1 abr 2016

Marzo marzán bó inicio e mal final

Todo ia de perlas ata que non foi.

Por primeira vez teño problemas no xeonllo dereito e eso me pon moi triste porque non sei cando voltarei a corretear... todo sexa que poda empezar coa bici para que colla forza e tal.

En marzo a cousa ia moi ben, como dixen; fixen:

Chapoteo: 22.9 km
Correteo: 109.86 km

En fin, iremos como se poda...

29 feb 2016

Un febreiro longo

Remata Febreiro... normalmente por ser mais curto e cadrar co entroido é o mes con menos "rendemento" pero esta vez non estivo mal.

Correteo: 120.8 km
Chapoteo: 22.1 km

O mellor: a comodidade coa que vou encaixando o exercicio no novo horario e a incomodidade da única piscina de Ponferrada...

19 feb 2016

Demasiada presión destrue o puro...

Leo sobor do "estourido" dunha atleta á que non lle permitiron participar nunha proba por mor dunha encerrona administrativa e vexo como a presión da competición "dirixida" destrue a esencia de aquelo que nos fai felices cando corremos...

Non podo mais que reafirmarme no dito: xa non adestro nin fago deporte... fago exercicio e saio a disfrutal del.

As normas e a seguridade son necesarias si, pero non poden estar por riba do obexcto polo que tanta e tanta xente se xunta... unha especie de "burocracia autoxustificada" de xente que, algunha, xamais soubo o que é disfrutar dunha tanda de exercicio mirando as montañas...

31 ene 2016

Un Xaneiro de trocos e obstáculos

Rematamos Xaneiro un mes con moitos trocos sobor no tema do horario laboral que afectou un chisco ó tema deportivo mais por falta de adaptación e rutina que por outra cousa... logo está o tema de que en Ponferrada nadar a cotío é un luxo; a piscina (que si que ampliou os horarios) segue a ser insuficiente e salvo a fin de semana cedo o resto é unha odisea, incluso ó mediodía tiven algún problema e por riba de cando en vez a pechan ben por competición ben por festividade.

Correteo: 125,65 km
Chapoteo: 18,50 km

1 ene 2016

Resumo 2015

Rematado 2015 é hora de botarlle as contas:

Correr: 1044,04 km
Chapotear: 229,36 km
Pedalear: 57,9 km

Na gráfica vese a evolución por meses; apréciase ben a lesión de Febreiro e as vacacions do verán así como certa melloría no volume de carreira nos derradeiros meses porque lle fun atopando o tranquillo á nova situación das miñas articulacions.
Na bici conquerin facer 8 meses seguidos o que non é moito pero é mellor que antes.
Nadando se pode apreciar no terceiro gráfico que o peche da piscina universitaria afectou ó ritmo que levaba.


En comparación con 2014 corrín un 13% menos pero fixen un 57% mais km na bici e, malía a dificultade sinalada un 4,75% mais de km na auga.



Agora só queda adaptarse novamente e seguir facendo en 2016.