31 dic 2020

E remata 2020...

 Decembro foi un derradeiro intento por salva-las cifras deste ano... non estivo mal pero na bici deixei moito que desexar porque polo menos desbotei 4 saídas. 

Chapoteo: 28,35

Pedaleo: 104,2

No chapoteo baixamos os km un 33% (3 meses e medio sen nadar) mais teño boas sensacions na auga nestes derradeiros dias... pedaleando 2020 foi o mellor ano da miña vida mailia a facer 2% menos kilometros que o 2019 mais as rutas e os intentos (con éxito ou non) realizados foron moi especiais... 





1 dic 2020

Novembro de curto

 Non é nada bó que en Novembro puidera sair na bici tantas veces de curto... pero tampouco hai que deshidratarse sen motivo pois sair de longo non vai repercutir no clima.

Pedaleo 298 km

Chapoteo 23,9 km