28 nov 2006

Donostia II

Bueno, fun bastante escueto no comentario anterior por mor da premura de tempo. A verdade é que agora penso que tiven bastante control durante a proba e que por elo a puiden rematar, como se pode ver no gráfico e nos resultados foi a partires do qm. 27 cando a cousa xa non tirou mais e que ainda entre o 34 e o 39 fixen un novo esforzo...
Bueno, que carallo eu quería rematar e rematei e o fixen con bó ánimo, por eso fixen 4:37 no derradeiro qm. porque cando me vín alí dixenme:"non podo entrar na meta arrastrado, teño que chegar como me sinto: FELIZ" mágoa de foto pois xuro que na meta había un fotografo e lle fixen un xesto de alegría.

Como ainda non tiña (e non teño) claro que tipo de lesión teño pois á mañan seguinte fun até a praia a trotar e a mete-las pernas na auga...

Cousa que me veu moi ben pois andiven o resto da mañan pola cidade (iso sí cun espedifen 600) e logo no coche até Ponfe parando en Gazteiz a dar un paseiño e xantar.

Non podo deixar de dicir que esta é unha maraton POPULAR mais ca polo apoio do público ou pola participación, polas marcas. Fixástesvos que ainda facendo un día estupendo e sendo un circuito chan só 7 corredores de 1900 e pico chegaron en menos de 2h 30'? entroques no tramo entre as 3 e as 4 horas entrou o 80% do persoal...

Crónica dunha ocasión frustrada

Bueno, semella que me queixo e pode que así sexa; mais teño que escomenzar dicindo que, deportivamente cumprín un 85% dos meus obxectivos e que o 15% restante se debe a que teño rematado cunha nova rotura de fibras no sóleo dereito que me terá apartado do correr até...

Saimos o venres ás catro a nos enfrontar a unha viaxe moi complicada con forte vento do sul e moita choiva até León; logo o vento seguiu mais xa non chovía. Buscamo-lo hotel e baixamos a cear e a dar unha volta pola zona vella.
O sábado pola mañan collín o coche e baixei ata Ondarreta para facer un trote pequeno, atopei un grupo dunhas 20 persoas de Donostiarrak que facían o mesmo e alí me acoplei... foron moi amables dándome ánimos e pistas para face-la maraton sen complexos.

Logo fomos até Anoeta a recolle-lo dorsal. Supoño que a feira do corredor será mais espectacular en outras citas mais a min esta resultoume interesante. Fixen un estudio da pisada...
A organización derrocha amabilidade coa que suple certa falta de medios, son todos entusiastas do atletismo. Un deles nos dedicou 10' para darnos toda clase de indicacions: Onde aparcar, baixar cara ó estadio, onde ve-la proba, entrada ó estadio, o qué facer dempois etc. etc. volteilles a expresa-lo meu agradecemento pola súa atención.
Resto do día de paseo pola cidade, con evidente dificultade á hora de comer-cear algo de pasta de tal xeito que acabamos comendo de tapas nun restaurante fusión e para cear teria sido mais doado ir a un chinés que ó que fomos. Ás 23h á cama.

O domingo espertei como sempre e me preparei no baño, almorcei moi ben: 3 pezas de froita, zumo e un café con leite cunha tostada de "pan tumaca". Collemo-lo coche e fomos a aparcar a Illumbe, alí botei o radiosalil e comprobei que todo estivese en orde. baixamos cara á saida...

Eran ainda as 8:00, notábase xa o ambiente da carreira mais o tráfico estaba sen cortar, vin a marca do Qm. 41 i escomencei a te-lo "subidón". Marchamos de paseo cara adiante para evitar ver nada mais. Nun pequeno parque perto da saida mais non á vista rematei a preparación botando vaselina en todas esas zoas de roce que coñecemos tan ben, quencín 15' e ás 8:50 me puxen a "Kan-miseta"...



Ó final corrín sen manguitos porque, como lle dixen a un compañeiro que se achegou a nos pedir vaselina: "hoxe non hai excusa, é un día perfecto" e abofé que si o foi. No intre de sair 12º e un día despexado con escaso vento do sul.

Non me coloquei na saida como de costume, preferín adaptarme ó que a organización pretendía de que cada un nos colocásemos segundo ás nosas espectativas... e me coloquei un pouco por diante do "lebrel" das 3:00:00. Tardei 30" en pasar polas alfombras da saida e tiven problemas para avanzar até o qm. 3-4. No remate da volta pequena xa atopara un grupeto de xente que ia para as 3 horas mais que non era tanta como para imposibilita-lo avituallamento. No 1º control (qm 9,6) pasei en 40:30 (4':13") co que confirmei a sensación de 'contención' que tiña, podia ir mais rápido, pero preferín quedar co grupo pois semellaba xente con experiencia.1h:07':38" no 2º (qm. 15,9) fomos mais lentos nese parcial (4':18") co que a media axustouse ó previsto...
mais eu me sentía ben e non quería andar xusto ó final así que arrinquei por "soledades" e tirei un pouco. No 3º control na media maraton pasei en 1h:29':07" cun parcial moi bó de 4':07" e unha media esperanzadora de 4':13". Ia concentrado en non lanzarme i en beber e tomar algo do xel que levaba. Mais, no qm. 24 o sono estivo a piques de irse ó garete pois sentín unha pancada no sóleo dereito; dende ese intre xa non voltei a estira-la zancada e, se chega a ser mais perto do estadio seguramente non tería rematado... Seguín porque podía manter certo ritmo. No qm. 27,9 ia en 1h:58':47" ainda no teórico tempo das 3 horas mais eu xa sabía que VSQN e só pensei en beber e buscar un pasiño soportable acomodando a pisada para que o sóleo non me mancase. O parcial ata o qm 34,2 o dí todo (4':41") mais como fun consciente de que tiña superado o "muro" e iso me animou mentalmente que non no físico; pasei, xa con toda a perna bastante dolorida e algo canso, o qm 39,5 en 2h:52':24" (parcial de 4':32" e media total 4:21) e fixen as 3 horas no qm. 41 (parcial 5:00).
Cheguei en 3:05:32 (media 4:26 derradeiro parcial 4:37) porque xa se sabe que a mente tamén corre.

Non podo seguir polo de agora, buscarei fotos (en especial unha que me fixeron na meta) mais non quero deixar de facer explicito o meu agradecemento a toda a xente que estaba nas rúas animando, ós voluntarios dos postos de aviatuallamento, á xente que fixo a proba en bicicleta e que me animou cando peor e mais solo estaba e á miña compañeira por adicarlle unha mañan da súa vida a esta tolemia miña. A todos: ESKERRIK ASKO.

26 nov 2006

24 nov 2006

ALEA JACTA EST

Onte fixen a derradeira sesión do plan que NON confeccionei mais que veño seguindo dende o día 9 de Septembro con grande fortuna e regularidade. Esta tarde collermo-lo coche cara á "bella easo".

Ainda que o plantexamento real é "a rematar sen mancarme" o certo é que me o pensamento que me ronda é: ¿Serei quen de superar a este home?



Dende logo síntome mellor e me coido mais, teño colmadas as súas espectativas nalguns aspectos, e mais teño unha foto mellor...



Só desexo que o pasemos tan ben como o ano pasado.

19 nov 2006

San Martiño

Outro ano mais acudin a Ourense para esta carreira fronteiriza entre unha "pura carreira popular" e un 'espectáculo atlético'. Ainda que este ano a piques estiven de non chegar porque a mañan foi Dantesca; cando saín de Valdeorras caía auga en "modo caldeiros" e se formaban uns charcos na estrada que dificultaban enormemente a conducción chegando a facer dúas veces o temido "acuaplaning".

Aparquei, fun polo dorsal e me dirixin á cafetería de costume ainda que non "Kedara" con ningúen alí sabía que pronto ou cedo algún do grupo aparecería. Ás nove e media "abriron os grifos do ceo" e consideramos a posibilidade de correr con bañador, gafas e aletas. Apareceu a mais 'bullangueira' do foro cargada de chips e dorsais e percuramos ó resto. Cada vez me gustan mais estas xuntanzas de xente absolutamente descoñecida que compartimos a adicción de 'corretear' por Galicia (e o mundo enteiro), variopinto grupo en tódolos aspectos (idade, profesión, actitude...) salvo no 'bó rollo'.
Prepareime e acudín a Kedada oficial para a foto de rigor; foto que agardo con impaciencia pois tivemo-la sorte de que Elias Domínguez grande atleta e mellor persoa se achegase por alí. Con isto non se rompe a nosa relación con Pedro Nimo senón que se amplía o círculo de atletas que son referencias inexcusabeis dos populares galegos.

Quencemento escaso sobor de todo falto de estiramento i entrada no 'mogollón' da zona de saida; moitos saudos, e xente de bó humor. Supoño que a melloría do tempo nos fixo ver de xeito diferente o panorama comparado con como se presentaba.

PUM; saida, vexo ó amigo que foi a NY a escasos 10 metros mais xa non consigo achegarme. cruzamo-la ponte e vexo a primeira costa decátome de que saín moi atrás para facer unha San Martiño á altura do ano pasado mais como tamén sei que ando mais lento e que o principal era NON LESIONARSE decidín colle-lo 'paso de kan' e ir tirando...
vou vendo ós quilómetros pasar sempre no 4' "pelao" ou perto (algún quilometro medía mais ca outro); cara ó 7 teño unha pequena crise por mor da costa da avda. da Habana mais conquiro refacerme e mante-lo tipo. No control do 8 vexo unha pañoleta coñecida ali adiante e digome: "¿e que sería isto sen os 'piques'?" e Veña, un pouquechiño mais... Na miña temida costa do quilómetro 9 vexo claro que non vou a acada-lo obxectivo mais sego estirando o zanco para tentar face-los 40'. O esbaroso adoquinado da ponte romana (!!!corredores, miles de anos de historia vos contemplan¡¡¡¡) cáseque me xoga unha mala pasada mais escoito xa o piii, piiii da alfombrilla da meta. Apreto un pouco mais, miro o crono xusto no intre en que marca 00:40:00 e digo MERDA¡¡¡ por que pouco. 40':08" oficial total (39':56" netos). 290 de 2055 chegados e sensación de dar mais (sobor de todo no que respecta á distáncia); estivo ben coma "rodaxe de fogueo" e non me manquei que era a miña obsesión tras unha semana de estranas sensacións Luns e Martes no xoenllo dereito e Xoves e Venres no esquerdo.

Quedan dúas sesions...

Das persoas coas que me atopei na proba quixera facer mención de Honra do señor Rosales.....

que recentemente voltou a rematar con éxito a maraton de NY quedando 2º na súa categoría.

Quero mencionar tamén a dous amigos do Deza que por diversos motivos NON acudiron á proba; por unha banda a Cristian Díaz ó que teño que agradecer a reportaxe fotográfica e por outra ó meu mister e mellor amigo "a frecha nercelleira" que se está a recuperar dunha tórpida lesión que o levou ó coitelo hai uns días: Sei que pronto estarei vendo a túa espalda nalgunha carreira.

Dos amigos do Deza que SI participaron Cristian conqueriu estas fotos...
Se as precisades xa sabedes o meu correo.

15 nov 2006

Momento Máxico Persoal

Onte recibín un pequeno agasallo adiantado do cumpreanos "oficial".

Foi durante o adestramento no estadio de atletismo "Colomán Trabado" de Ponferrada ó que estou acudindo por mor das sesions da Escola Municipal de Atletismo na que está inscrito o "chispas"...

O escomenzar a sesión estaban os da Ponferradina adestrando no campo de herba e alí estiveron a media hora de quencemento-rodaxe que fixen. Xusto cando entrei na pista para estirar i escomenza-lo traballo vin a un home recollendo eses conos de cores que se empregan para as 'pistas americanas'; era "pichi" Lucas o adestrador do equipo e asaltoume a lembranza.... O primeiro poster do 'meu' celtiña o tiven en 1981 cando este home era o "killer" de Balaidos. Que casualidade, ate ese intre non me lembrara delo e ó telo alí a menos de 5 metros ¡bang! saltou a emoción da memoria.

Iniciei o traballo (intervalos 400-200 facendo os 400 en menos de 1:27) e cando ia pola 4ª repetición vin entrar na pista a un atleta que ata daquela non vira por alí; xa viña de face-lo quencemento e se colocou na recta de meta trotando levemente; eu arrinquei e cando ia polo 200 oin como un "flusss" e, xa sen mirar, apartei á calle 4. O tipo pasou como un AVE. Cando cheguei a meta me dixo "puedes seguir por la 1 que no nos estorbamos"; esa faciana érame coñecida mais non caia eu... trotei os 200 correspondentes e na contrameta arrinquei de novo, e de novo "flussss", apartei e pasou o AVE. Ó cruzalo na meta levandou a man dándome paso para a 'calle 1'. Rematei a serie e por alí andaba un amigo adestrando a uns nenos de tenis que me dixo: "Menudos adelantamientos te mete Sergio Gallardo" e cain. O mais coñecido nestes intres do atletismo berciano, quinto no 1500 nos europeos de gotemburgo estaba TRABALLANDO nas avellentadas pistas da súa cidade. Corrin o resto dos intervalos pola calle 4 sen deixar de ollar a facilidade coa que este home me doblaba en cada volta.

Rematado o planificado me acheguei á zona da pértiga a face-los estiramentos mentres Dani era "introducido" nesta disciplina atlética... Un monitor implusaba a pértiga e outro o impulsaba a él que se deixaba 'voar' entre berros de ledicia; estaba a pasalo en grande e non tivo medo en ningun intre.

Para remate estando nestas: un ollo en Dani dando alaridos do divertido que lle resultaba a carreira e o salto e outro ollo na pista con Sergio Gallardo... Entrou Alex Martinez que viña de facer unha rodaxe por fora das pistas, saudou a todos; incluidos os nenos, estirou e pasou ó campo para facer unhas diagonais.

Foi para min, ser doado de conformar, un momento máxico pois xuntáronse pasado, presente e futuro ó meu redor i eu; coitado, me sentía feliz de ter feito o meu plano e estar en disposición de acudir á miña "cita co destino".

13 nov 2006

III Media Maraton de Ponferrada

Bueno, xa foi alá. Outra para o saco como dí un amigo...

Voltamos a ter moi escasa participación i é que nesta zona aparte da difusión debe fallar o espíritu deportivo ou é que existe un excesivo ánimo por competir...

No medio de tódolos actos do III maratón do deporte artellouse esta media maratón que contaba con elementos dabondo para acadar unha alta participación: Cronometraxe por chip, gratuidade, cobertura da policía municipal e voluntarios, avituallamentos e dobre carreira (12Km e Media Maratón xuntas...) mais nin por esas; 134 son poucos participantes para unha zona como O Bierzo e unha cidade como Ponferrada, vale que moita xente que fai deporte tiña interés nas outras actividades que se estaban a celebrar neses días mais ainda así...

Día neboento mais non moi frio o que permitiu a cada quen escolle-la vestimenta que mais lle petase. Saida puntual e primeiro quilómetro de "paseo"; tanto, que eiquí me tedes na primeira volta a carón do que resultaría gañador (Alejandro Martinez coa camiseta verde) caseque falando tranquilamente.
Logo escomenzaron as "hostialidades" mais como esta proba foi de dous pasos por meta puidemos ver como ían alá polo quilometro 13 e xa Alejandro marchaba destacado, Chus Alonso ia terceiro e Gus Silvan mais Paulo Baptista disputaban a cuarta praza. Na contra meta pasamos un grupo bastante grande (8 corredores) cun ritmo algo por baixo dos 4'xQm; alí aturei ata o Km. 15 (59:40) mais logo tiven non puiden continuar con eles e deixeime ir un par de Qm a un ritmo mais pausado para logo retomalo xa en solitario chegando á meta en 1:25:11 que non é mal tempo para o que tiña pensado mais alarmoume esa mala sensación referida.

A clasificación non foi mala e logo seguín correndo 20' nos que me sentín mellor... en fin, é hora de decidir e coido que vou decidir... DONOSTIA.

9 nov 2006

Dous meses

Hoxe fai dous meses que escomencei a adestrar tra-lo "parón Londinense". A verdade é que os resultados poden semellar decepcionantes mais eu estou satisfeito de como foi evolucionando a miña situación. Até o de agora tiña mais en conta o plan para chegar o 'momento forma' que as probas nas que participaba polo que ou non facía descanso previo (caso da pedestre) ou non diminuia os ritmos na semana previa nen axustaba a alimentación (media da via da prata). Participaba como un adetramento mais i estou satisfeito por elo.
Ate onte notei unha evolución moi positiva sobor de todo a semana pasada... Onte os miles non me sairon como eu desexaba mais estiveron dentro dos tempos, o problema foi "as sensacions" que foron malas por mor (supoño) das tensions emocionais i é que neste asunto do deporte coma en todos os factores emocionais influen e non é o mesmo adestrar agardando chegar á casa para recibir un sorriso e dar un paseo que saber que ó chegar haberá que afrontar problemas de difícil solución e consolar á xente que queres dos problemas do inevitable paso do tempo.
Así e todo non desisto de participar en TODO o que me pille perto e non me impida respostar ás miñas obrigas e por elo o Domingo agardo ser da partida da III Media Maraton de Ponferrada.
Este ano faime ilusión pois correrina completa e sabendo ó que vou e non como o ano pasado. O tempo que faga vai ser "pata negra" pois a carreira está homologada e controlada por chip ainda que eu non baixei (ate onte) o ritmo de adestramento pois non predo a esperanza de correr Donosti ou Lisboa.
Dempois do 30 de Novembro (data límite de Lisboa) si que terei que me pregar á realidade e adicarme a nadar ou sair na bici de montaña para "desaturar" a mente de semellante decepción deixando claro que o meu desexo e preocupaci´´on principal é que TODO se solucione do mellor xeito posible.