9 nov 2006

Dous meses

Hoxe fai dous meses que escomencei a adestrar tra-lo "parón Londinense". A verdade é que os resultados poden semellar decepcionantes mais eu estou satisfeito de como foi evolucionando a miña situación. Até o de agora tiña mais en conta o plan para chegar o 'momento forma' que as probas nas que participaba polo que ou non facía descanso previo (caso da pedestre) ou non diminuia os ritmos na semana previa nen axustaba a alimentación (media da via da prata). Participaba como un adetramento mais i estou satisfeito por elo.
Ate onte notei unha evolución moi positiva sobor de todo a semana pasada... Onte os miles non me sairon como eu desexaba mais estiveron dentro dos tempos, o problema foi "as sensacions" que foron malas por mor (supoño) das tensions emocionais i é que neste asunto do deporte coma en todos os factores emocionais influen e non é o mesmo adestrar agardando chegar á casa para recibir un sorriso e dar un paseo que saber que ó chegar haberá que afrontar problemas de difícil solución e consolar á xente que queres dos problemas do inevitable paso do tempo.
Así e todo non desisto de participar en TODO o que me pille perto e non me impida respostar ás miñas obrigas e por elo o Domingo agardo ser da partida da III Media Maraton de Ponferrada.
Este ano faime ilusión pois correrina completa e sabendo ó que vou e non como o ano pasado. O tempo que faga vai ser "pata negra" pois a carreira está homologada e controlada por chip ainda que eu non baixei (ate onte) o ritmo de adestramento pois non predo a esperanza de correr Donosti ou Lisboa.
Dempois do 30 de Novembro (data límite de Lisboa) si que terei que me pregar á realidade e adicarme a nadar ou sair na bici de montaña para "desaturar" a mente de semellante decepción deixando claro que o meu desexo e preocupaci´´on principal é que TODO se solucione do mellor xeito posible.

No hay comentarios: