29 jun 2008

1º Tri-Training

Matutino: Quencemento 15', 6 series de 1 volta no parque do rio en O Barco (uns 550 mts) 2'07",2'10",2'08",2'07",2'06" e 2'09". rec 45".

A medio día: 1000 mts en piscina de 50.

Pola tarde: 1h 45' en Bici dende o Hospital de Ponferrada ata O Barco de Valdeorras por Carucedo e Puente Domingo Flores.

27 jun 2008

Rota da froita

Bueno, aló fun a dar unha volta por Carracedelo.

Temperatura á hora da saída: 29º
Temperatura á hora da chegada: 26º

Evento participativo-popular con andaina e carreira conxuntas (non revoltas) sobre uns 11 Kilómetros.

Trotamos ó ritmo do 'xefe' ata que alcanzamos ós primeiros camiñantes, a min veume ben como quencemento a ritmo "cicatrizante"; logo a cousa xa se desatou e cada quen fixo o que puido. Eu fun algo mais rápido ca onte e que na maratón, había unha brisa que aliviaba a temperatura e as sombras das maceiras xa se alongaran dabondo como para axudar a esquiva-lo sol. 51'50" cronometrei, non quedei canso nen mancado así que haberá que escomenzar a pensar en traballar en serio...

26 jun 2008

A primeira carreira, o primeiro 'aviso'

hoxe fun Correndo ó 'hospi'...40' de nada mais cando quixen "apretar" levado pola fermosura da mañan os xemelgos dixeron "hei rapaz" e me decatei do que é estar 'tierno'. Non semella ter pasado nada mais mañan haberá que ir "de tranquis".

25 jun 2008

Natación: 750 (16') + 10x50mts + 3x100mts.

Bueno; vista a situación haberá que tentar preparar esa media nocturna aínda que sexa para reventar nos primeiros 10 Km. Mágoa que non se poda saber si vai a haber triatlon do nautico e a travesía do encoro de Bárcena e mais as datas...

24 jun 2008

Bicicleta; circuito básico relaxado, pensando en recuperar... 1h 35'.

23 jun 2008

Desmañotización ou reposo?

Natación 1500 mts.

O certo é que non sei ben que facer, a lista de oportunidades na zona (1 e 2) ten aumentado dabondo e non me resigno a acudir a elas só para pasa-lo rato.

22 jun 2008

A mellor peor marca...

Bueno; outra volta. Misión Cumplida.

Onte fun coa compañeira a dar unha volta polos pés dos montes Aquilianos nunha ollada que é unha boa idea mais coa que debo ser algo crítico.

E hoxe pois participei con grande ledicia e sorte na Maratón de Toral de los vados. O título da entrada resume a sensación; co escaso adestramento específico que teño feito, facendo os Aquilianos hai 15 e andando 8 horas polo monte o día anterior pois tiña previsto unha marca de 3:30 ou mais. E vendo a meteoroloxía pensaba que ia ir peor...

Ata case a saída non vin a ningúen coñecido; dan o pistoletazo e arrinco, de seguida me alcanzan Chacal e outro compañeiro do foro co que teño cadrado en Viana do Castelo e en Cacabelos. Alí tiramos primeiro os tres e logo o compañeiro e eu, logo se nos xuntaron outros dous compañeiros de Vigo (do clube castrelos) cos que fomos xuntos moi cómodos falando e tal ata Cacabelos (Km 10 44'); na costa separamonos (Km 15 1h:06') e non voltamos a enganchar ata pasado Camponaraya; alí imos ben ainda con gañas de falar (MM 1:38'). Pasamos Ponferrada nun clamoroso silencio e xa na saida da cidade dígolle ó compañeiro que tire que eu debo baixa-lo ritmo...e parar a 'evacuar' por primeira volta nas miñas participacions deportivas.




Vou regulando e xa no 30 vexo que podo baixar un pouco da marca prevista así que tento non cebarme coa xente que me adianta nin coa que vexo que me vou achegando; só centrarme en beber e comer como tiña previsto, mollarme, ir pola sombra e trazar ben o percorrido. 2h:15'.
Moita xente vai sufrindo mais ca min, facendo paradas nos avituallamentos (todos ben provistos e atendidos magnificamente); eu sufro mais manteño un "pasiño de Kan" versión 'B' que me permite chegar ó Km 40 en 3h:08'. Apreto o pouco que me queda na costa da entrada e na da estación, logo vou sufrindo unha barbaridade no derradeiro cacho ó sol. Entro no estadio e acelero por costume; algúen me dí que xa non paga a pena, eu sigo e na meta posto 61 3h:20'33".

Edición 25 de Xullo. Xa hai fotos da organización só saio nas da saída.



19 jun 2008

E xa está.

CC 1h. 3 trocos de 10'. Xa está; terei que descansar. O malo é que o sábado non vou disfrutar porque irei de marcha pensando na maraton do domingo e o domingo correrei pensando que non debín ir de marcha o sábado.

Mais a vida é así. O roteiro apetéceme moitísimo e se trata dunha oportunidade moi boa de facer un percorrido nunhas condicions meteorolóxicas e paisaxísticas únicas. A maraton é un compromiso conmigo mesmo; débolla ó rapaz que correu a súa primeira maratón eiquí hai 15 anos.

17 jun 2008

Matutino: Rodaxe 1h 10' con 4 trocos de 8'.

Vespertino: Natación quenc. 250 + 500 (9')+ 10x50

15 jun 2008

1h 20' de cross polas sendas de Albarracín. Pincheime con toda clase de herbas, silvas e ortigas mais disfrutei da ruta moito. As pernas mais afectadas pola conducción que pola carreira.

13 jun 2008

Quencemento 10' + 3 x 11' fortes. Unha especie de series longas co pulsimetro; as pernas respostan mais agardarei uns días mais a ver si decido ou non celebra-los 15 anos da miña primeira maratón...

10 jun 2008

7 jun 2008

Aquilianos, Conta saldada

Bueno, pois aló foi. Rematei a XIII travesía integral dos montes aquilianos (percorrido A) en 8 horas e 25'.
Presenteime ás 5:30 na praza do concello tras media hora de concienzuda preparación botando vaselina, poñendo esparadrapos e repasando os bolsos que ia enviar ós puntos de apoio. Asinei a saida e din un paseo pola praza ata que avisaron da saida.



O primeiro tramo o fixen a un trote de quencemento suave, andando nas costas e fixándome ben onde pisaba. Xa ó pé do río lle puxen unha marcheta cómoda e constante entre os trinos dos paxaros e o suave percorrer das augas.

Pasado o primeiro control vemos o Orto dende unha colina e aló, ó fondo, os cimeiros xa iluminados dos nosos obxectivos. O terreo é quebrado mais permite trotar así que continúo coa marcheta aproveitando que collín a mellor lebre do grupo. Un compañeiro nos anuncia que vai a abandonar por un problema físico e me ofrece os seus bastons que acepto aconsellado polo outro.

En Montes primeira mudanza; saco o pantalón longo, troco de camiseta, boto a crema solar e collo a viseira e a seguir. Cáseque corro polo camiño até o paso do regato e iso que correr cos bastons non me resultaba cómodo, logo comprobei a utilidade destes na forte subida cara ós canales de Peñalba. Baixei polo lado longo pois a outra baixada me semellou demasiado perigosa.

Chego a Peñalba bastante ben de forza e de ánimo, encho o botellín, como algo e arrinco algo nervioso polo que estaba por vir. A subida é brutal; a min só se me ocurriu pensar que é como subir o "Empire estate" 3 veces e sen escaleiras... o primeiro tramo e o mais duro e debe ter un kilómetro e medio, logo xa se achega un á cresta da cordillera e seguese ascendendo pero con menos dificultade de xeito que se pode ergue-la vista para admira-lo fantástico espectáculo do mar de néboa que cubre a meseta... e o val do Oza xa ós nosos pés.

Fago cima ás 10:34; demasiado mellor do esperado. Como, bebo, encho o bidón e teño que poñe-los manguitos pois alí (>2000 mts) sopraba unha viruxe molesta. Arrinco cun grupo de xente que xa faremos xuntos o resto do percorrido con constántes adiantamentos pois eu nas baixada me quedo atrás polo medo a romper os xoenllos i eles prefiren non correr no chan por non cansarse.

O camiño pola cresta dos aquilianos é impresionante e ofrece paisaxes que verdadeiramente merecen ser contempladas en silencio... Ó alto das Berdianas séguelle o Pico Tuerto no que ten un a sensación de caer en calquer intre pois o cordal sen ser estreito deixa ver un enorme desnivel a ámbolos lados. De alí ó pé de La Guiana vou ó trote, xusto o escomenzar o que é a derradeira ascensión dura do percorrido dame un calambre na cara interna do muslo dereito de xeito que pensei que alí remataba todo mais pisando con coidado e estirando un pouco o calambre cedeu e seguín sen atrancos ata arriba. A esas alturas tiña xa una tremenda rozadura nos 'concellais' malia ter gastado un bote enteiro de vaselina; a calor xa se notaba mais o aire da montaña axudaba a mitigalo.

Unha vez baixado o pico de La Guiana o percorrido ata o pé de Ferradillo é moi agradable entre un bosque de piñeiros por unha senda/pista en boas condicions, alí lle piso o que podo pois vexo que a calor vai ser moita abaixo.


En Ferradillo novo troco de camiseta, nova dose de vaselina, deixo os bastons e cometo o erro de xantar medio bocadillo de xamón, iso sí, corrrendo. Xa imos outra volta coa xente da marcha B que nos anima i é de agradecer. A tremenda baixada/escalada cara a Rimor a levo con dignidade tentando evitar tropezos e mais picaduras das que xa tiña.

Na entrada de Rimor un cruce mal sinalizado me fai parar e tantear un rato a ver como vai isto...Mollo o gorro nun pilón do pobo e chego ó control xa algo abafado pola calor, encho o bidón, collo sandía e via. Polo asfalto cara a Merayo e Toral de Merayo conquiro por derradeira vez ter algo de ritmo na carreira.

Cando xa pensei que chegara a "territorio coñecido" a organización mete o percorrido por unha senda de pescadores ó pé do río Sil por entre prados e árbores. Non sei si me favoreceu ou non, porque a isas alturas xa non podía xulgar se ia rápido ou a modo. Crucei o rio polas pasarelas e trotei ata o pé do castillo, alí atopei outro cruce marcado de xeito confuso e me fun por donde non era, sorte que uns compañeiros me indicaron e non andiven moito en balde. Subin esa costa con rabia e logo, trotei xa pola praza da Encina e a rúa do Reloj.

Ista foi a tarxeta de ruta:




As fotos están neste album web.

5 jun 2008

ALEA JACTA EST

O que sexa será; hoxe rematei cunha rodaxe de 13 Km. nin suave nin rápida, a un pasiño levadeiro. E xa está. Collín o dorsal e preparei mentalmente os avituallamentos. A ver si desta vai.