29 feb 2008

Natación 1000 mts + 6x100

A rodaxe vespertina non puido ser porque santa resaca a todos no ataca.

28 feb 2008

Mais series que non mellores

Quencemento 10' + 8 x 1000

3'51",3'54",3'52",3'53",3'50",3'50",3'50",3'58".

Bueno, é o que hai. A min faime ilusión poder 'traballar' aínda que seña a este ritmo, o caso é ires tirando.

27 feb 2008

Rodaxe matutina: 44'

Natación vespertina 1000 mts 20':30"

26 feb 2008

Farletk

Trocos de ritmo. Eu gosto de facelos co pulsímetro pois como adestro só é o mellor xeito de non quedarme corto ou pasarme.

15' de quencemento(FC 140-150) + 15' Forte (Fc >160 ata 170) + 5' Rec (<150>140 ) + 15 Forte + 2'30" Rec + 15' Forte.

Tiven boas sensacions mais logo, facendo uns recados atopeime algo canso...

23 feb 2008

22 feb 2008

Un rodaxe para recuperar...ás 7 da mañan.

42'



O pico ese do km. 3,5 é falso, hai un tunel e non o identifica.

Agora a deseñar variantes para chegar ós 15 km (1 h) para cando toque unha rodaxe mais longa.

21 feb 2008

1ªs series

20' de quencemento + 7x1000
3'43",3'54",3'44",3'53",3'50",3'48",3'55"

foi un día estupendo pois Dani mais eu tivemos que ir a adestrar na bici e el tomouno como un premio.

20 feb 2008

Natación: 1250 mts + 4x50 forte. Notei o estres do cotián.

19 feb 2008

C.C. na escuridade 50'. Fun traballar correndo e remataronselle as pilas ó frontal; madialeva que non me pasou ren.

18 feb 2008

1000 mts + 100x6 Non estivo mal para vir de onde viña.

17 feb 2008

Pajariel 2008

Bueno; nin tan mal como o previsto nin tan ben como o desexado. 1 h 31'.

Pois tivemos boa meteoroloxía, só molestaba un pouco o vento do surleste e o frio aturabase ben mais non arriba na meta.

Escomenzo polo principio... Pola mañan unha boa xiada escondía a lama das pistas.


Os andarines sairon a abrir brecha...
E logo saimos nós


O percorrido estaba ben sinalizado e a maior dificultade estaba no perfil mais tamén nese perfil estaba o maior valor da proba...



Xusto neste punto foi onde vin que saira con demasiado entusiasmo e me tiven que plegar ó meu actual estado de forma; así que me fun deixando ir no meu paso polas amplas pistas que rodean por detrás ó monte.

Outra volta os manguitos resultaron un acerto para as zonas de vento...

Ata o Km. 14 a carreira mais ou menos 'normal' logo entramos na "zona tolemia" primeiro cunha baixada tremenda por unha rilerira-cortalumes; logo por unha senda (estreita de verdade) na parte de penumbra do monte por entre castiñeiros; dando choutos e coidandome dos esbarons. Ata voltar ó pé do monte (km1) e alí collemos a "directa" cara arriba por unha senda entre carballos (¿da subespecie anana?) cunha pendente tal que non permitia mais que ARRASTRARSE.

Porén brindaba unha vista magnífica da cidade...

Así pois cheguei á meta en menos tempo do esperado mais con peores sensacions; alguha delas, por sorte, non se corfimou e os meus meniscos seguen aturando e os xemelgos tamén malia ó tremendo esforzo da subida final.

Outra proba que apuntar no "Kanlendario persoal".

15 feb 2008

Natación 1000 + 100x5 menos, mais mellor. Será que hoxe o sol brilou morno e perto.

14 feb 2008

Prediccion

1h 10' de rodaxe raxando sobre o do domingo...

Predicción para o Domingo: 1 h 45' de sufrimento
Predicción para o Luns: Mañiotas gloriosas

Gracias a un compañeiro de rodaxe teño o roteiro... escalofriante.

9 feb 2008

CC 44'

Defectos de...

Defectos de información; os de sempre, desta volta entereime de casualidade por un comentario e atopei o cartel non nas pistas de atletismo que frecuento 2 veces á seman, nen na piscina de arriba á que acudo 2 ou 3 veces por semana, nen no parque novo ou no do temple ou no parque da carrasca... Nunha tenda de roupa infantil. Semella algo sen remedio.

Defectos de xestión ou de entender ó que é o servizo. As piscinas cubertas de Verín que cada ano abrían menos días no entroido e que agora simplemente non abren... Un grande logro da eficiencia pública e un gran favor para as persoas que non tiñan gañas de troula ou que nos queríamos recuperar dela... semella que as instalacions deben ter únicamente calendario escolar...

Defectos de planificación; os que a miña 'analista política' prevee respecto das anunciadas obras nas pistas Colomán Trabado; unhas obras necesarias e feitas con vista a que a instalación poda dar lugar a competicions internacionais ainda que agora, polo seu estado, non sirvan case para ningunha competición. A ver si no tanto nos deixan usar as pistas da universidade prácticamente sen uso atlético dende a súa inauguración vai ¿3 anos?. O resto do plano apunta a dar servizo a esa nova "cidade dentro da cidade" que é o barrio do Rosal o cal ven a dar pé a que na súa planificación non se incluiron terreos dabondo para equipamentos. O que SI se incluiu foi un parque bastante grande mais partido pola metade pola torre esa...a ver si cando a rematen deixan unha pistiña de terra entre unha zona e outra; o que xa sería a coña é que fixeran un tunel ciclo-peatonal por baixo da Avenida de Asturias para comuncaren este parque co futuro "parque da xuventude" que, seica, será mais grande...

8 feb 2008

7 feb 2008

CC 1h. Hoxe atopeime mallado; ¿e porqué sería?. Puiden ver o que semella que son os primeiros pasos da prometida reforma do estadio de atletismo "Colomán Trabado" xa que por alí andaba o concellal de deportes (dando exemplo coa sua roupa e bici) e unha serie de persoas falando sobre o tartán e tal... a ver si é verdade e tamén lle meten mán ás duchas que dan algo de pena.

6 feb 2008

Natación 1600 mts. Non estivo mal para vir de onde viña.

2 feb 2008

"Carreira antiresaca" 1h.20' E se me fastidiou o sistema antiresaca por mor do "aumento na eficiencia pública" das piscinas de Verín que cada ano abrían menos días no entroido i este ano pecharon xa tódolos días.

1 feb 2008

Carreira "co gancho" 1h facendolle de sparing ó de Tombrio... !!mallou en min canto quixo¡¡.