31 dic 2012

Resumo 2012

Pois aló vai outro ano; este non foi nada bó nesto do deporte e ainda así fixen ben cousas...

Participei en 14 probas 5 delas medias maratons (ou case) pero non puiden nin sequera adestrar para tenta-lo reto da 10ª maraton...

Sumando o que fixen adestrando percorrín 1394 km correndo,  mais de 1022 na bici e 92 a nado (estes só contando dende maio) nas 242 sesions que teño rexistradas neste blogue... en fin, que o 13 me permita seguir con isto e mellorar o que se poda e vos que o vexades.

A de Silvestre...

Xa saberedes que non son de monarcas nin de santos así que hoxe corrín a de silvestre... que para mín ven sendo este:

Ainda que eu cando corro ou fago deporte me gusta sentirme mais así:


Total remato esta agrupación de días que viñemos chamando 2012 con outros 11 km en 52' para esta noite deixo programada outra entrada resumo...

30 dic 2012

Amanecendo en Samil

Outro adestramento na lembranza ainda que a Samil si teño vido mais veces nestes anos... ó final ata corrín pola area que lle tiña gañas.

9.2 km en 47'

28 dic 2012

Entre as lembranzas de Castrelos

Hoxe fun trotar por Castrelos... coido que había 20 anos que non o facía... nin qué decir ten que non coñecía o paseo do lagares; ten moito que mellorar en seguridade, hai un par de cruces que... bueno; o tema é que foi unha experiencia lembrar as voltas do circuito e unha alegría ver a tanta xente adestrando e ver os postes coas marcas cada 100 mts da volta de 1 km.... non me sentín nada só entre a moita xente que había estaba Carlos Adán co que xa coincidía daquela e tamén coa mesma diferencia de velocidade entre os dous....

Eu mirei cara atrás e pensei en todo o camiño percorrido e me sentín moi afortunado.

14.7 km en 1h 12'

27 dic 2012

Entre enchentas

Hoxe saín xusto de tempo pero con forzas así que fixen 13.3 km en 1h 1' o que non está nada mal en vista dos tempos destes días. Agora a unha de rememorar... e xa rematamo-lo ano.

24 dic 2012

A de facer sitio

Tocan dúas papatorias das que nos obriga o costume e que non se poden eludir... hai que facer sitio

15.2 Km 1h 12'

22 dic 2012

Auga serea

E tocou agua que logo ata o 26 xa non se pode... así que me dediquei a disfrutala en compaña da miña serea...

200 + 1500

21 dic 2012

Retomando camiños na noite

E por fin pensei que estaban tódolos percorridos abertos e me lancei a ir correndo ó choio... pero ainda tiven que dar para atrás unha vez.

9.22 km en 44'

18 dic 2012

17 dic 2012

Soltando as pernas

Natación sen pretensión só solta-las pernas...

150 + 1250

16 dic 2012

A media das congostras

Hoxe tocou unha PROBA ben distinta do que temos en mente cando falamos dunha media maratón i é que o de Caldas foi un loitar contra os elementos de tal xeito que o de menos foi cómo rematar senon rematar en sí mesmo...

O caso é que foron 19,5 km en 1h 29' e que xa estou para outra


13 dic 2012

Metade da metade

Hoxe quería rodar menos... pero como a primeira volta me saiu fatal prolonguei e saiume mais da metade da metade do que quero facer en Maio...

12.3 km en 59'

12 dic 2012

Auga mansa

Unha tanda suave como si auga amansase á fiera... 150 + 1100

11 dic 2012

Buscando a cidade onde moro

Hoxe foi unha cousa surrealista... corrín non sei por donde e non sei con quen... había tanta néboa que a 50 mts non se veia nada...

12.63 km en 1h

9 dic 2012

Trocos por medo

Foivos así; o sol estaba a porse e prometía unha xiada monumental... e decidinme a saír... e mentres me preparaba lembrei que no paseo desta mañan escoitei os disparos dos cazadores polo escaril... e veume a idea: Uns trocos.

foron 11 km en 50' e fixen 5 trocos de ritmo que non destacan no gráfico pero si as pausa... en fin é un xeito de ir pasando o tempo; si nada malo pasa estrearei a media de Caldas de reis o vindeiro domingo.

8 dic 2012

Rodaxe mellorada

Estou voltando a collerlle gusto ó "camino del escaril" e desta foime mellor que antonte mais que nada porque mellorei na segunda parte, tiña mellores sensacions e non descarto quedar mañan na casa para non topar cos cazadores.

15.7 km 1h14'

6 dic 2012

Rodaxe de inverno...

Bueno, seica un pouco peor que antonte, pero eu sentinme ben... que é o que conta de feito tiven calor porque calculei mal e puxen a roupa de frio intenso e non facía tanto.

15.5 km 1h 15'

5 dic 2012

Desatascando a pintura

Tras 36 horas pintando pensei que tería as articulaciona afrouxadas... pero non.

150 + 50 + 1000 + 300 (alternando 50 lentos e rápidos)

3 dic 2012

Non fun eu era o frío

Hoxe saída matutina para aproveita-la tarde de recados... mellores sensacions que onte e con mais percorrido

15.3 km 1h 13'

2 dic 2012

A oportunidade perdida en Valdeorras

Foi cuestión de 3 horas pero por isa marxe non puiden participar no cross do salgueiral... mágoa porque mentres eu fixen un duro adestramento entre a xiada e a néboa eles tiveron un intre de sol moi chulo.

13.7 km en 1h 7'