31 dic 2018

Decembro e conta.

Malía a persistente néboa e os compromisos conseguimos rematar 2018 con boas cifras tanto no mes como no total do ano e demostrando a rendibilidade do bono anual da piscina.

Chapoteo: 26,1
Pedaleo: 171,34

En total en 2018 fixen 281,66 km chapoteando (un 7,34% mais ca en 2017) e 3651,66 km pedaleando (un 14,8% mais que o ano pasado).

Fixen 123 baños co bono anual (e  tamén no mar e noutras piscinas) o que deixa o prezo final en menos de un €uro por baño (0,95 €).

Agora a seguir sachando en 2019 pois xa se sabe que evolucionamos de xeito que precisamos manter un alto nivel de actividade física para estar sans.

1 dic 2018

Novembro de agonías

Aínda que as cifras non son malas o certo é que o acortar dos días, a mala meteoroloxía e os compromisos me quitaron de facer todo o que debera.

Chapoteo: 24,1 km
Pedaleo: 184,47 km

1 nov 2018

Outono invernal

Sei que é poñer escusas mais non houbo valor ou tolemia dabondo e non fun quen de acada-lo obxectivo de kilómetros na bicicleta mais o compensei co "valor" (ou tolemia) de nadar sen traxe en Santander e Cedeira.

Pedaleo: 251,1 km
Chapoteo: 24, 05 km

30 sept 2018

Afrontando problemas en Septembro

Puido ser mais pero foi o que deu.

Un mes de problemas de axenda, de saúde familiar, de traballo... en fin que me dou por contento por cáse ter acadado os obxectivos mágoa de última natación en Samil que había moitas algas e a auga xa estaba algo fría...o caso era estrea-la boya.

Chapoteo: 19,7 km
Pedaleo: 422,75 km

1 sept 2018

Agosto de satisfacción no rostro

Foi un mes ben aproveitado malia que estiven algún día en branco... o mellor foi que en xeral me sentía ben en tódalas actividades. O de superar marcas persoais supoño que é circunstancial e que en videiros meses e anos será mais complicado.

Con todo moi satisfeito.

Chapoteo 27 km
Pedaleo 602,53 km

1 ago 2018

Xullo e as vacacions que non son o que eran

Outro ano mais as vacacions non significan xa un incremento na actividade deportiva, mais ben ó contrario... pero hai que se adaptar. A sorte de nadar en Bretaña (só unha vez) e pouco mais neste aspecto...

Na bici seguimos explorando novos roteiros e tratando de ser mellores. Non foi mala cifra tendo en conta o parón, a sorte foi que o verán non chegou ata ben entrado o mes e así foi mais doado facer kilómetros.

Chapotear: 17,6 km
Pedalear: 526,89 Km

1 jul 2018

Estirando a auga de San Xoan

O mes de San Xoan veu pasado por auga este ano e nos debemos facer un esforzo para estirar as saídas e acada-los obxectivos porque ademais voltaron a pechar a piscina de arriba.

Malía todo fixen un par de cousas das que si ben non é para sentirse orgulloso cando menos si contento. Subín ata El Acebo e Fixen a volta do Alto dos galegos.

Pedaleando: 457,42 km
Chapotenando: 20,1 km

31 may 2018

Maio exaltado

Non foi un mal mes malía a sensación final de non acadar de todo o posible hai que ter en conta o complicado da axenda profesional e familiar.

Chapoteo 23.1 Km
Pedaleo 327,3 Km


1 may 2018

O Abril das mil augas.

Pensei que os compromisos desde mes serían o problema mais o foi a meteoroloxía; malía todo puiden acada-los obxectivos e disfrutar de percorrer roteiros que tiña esquecidos.

Chapotear: 21,7 km
Pedaleo: 287,39 km

31 mar 2018

Contra vento e marzadas

Anda o tempo moi revolto, o inverno se nega a se retirar e a verdade e non foi doado face-las 3 saídas na bici así que apuramos na auga o que puidemos.

Chapoteo 29,9 km
Pedaleo 128,1 km

28 feb 2018

O mes do entroido enteiro

A verdade é que dado o calendario de "festa e feiras" non estivo mal... gañas non faltaron.

Chapoteo: 23,2 km
Pedaleo: 126,1 km.

31 ene 2018

Arrancando con gañas

Pois non foi cuestión dunha especial motivación senon de que cadrasen ben calendario e meteoroloxía o caso é que arranco 2018 con bastantes km do que podo facer mais o xeonllo esquerdo cada vez ten mais facilidade para trabarse en momentos imprevistos.

Chapoteo: 25,1 km
Pedaleo: 166,24 km