30 jun 2025

O mes completo non exis.... Xuño completo.

Un ano dempois do "evento costela" non me podo queixar, aquelo deixou unha secuela importante... xa non me poño de pés tanto na bici, vou mais rodado e se nota.

Acadei bós rexistros e completei bastantes km mais dos que pensaba e disfrutanto de boas sensacions. 

Pedaleo: 703,8 km Ascenso 7583mts Dureza:10,77

Chapoteo: 32,11 km 

31 may 2025

Maio superando as espectativas e lamentando as circunstancias.

 Non me vou queixar porque acadei mais do que planeaba mais dadas as sensacions a "parada por necesidades de coidados" da derradeira semana quitou que esto fose aínda mellor... 

 Pedalear: 614,4 km mts ascensión 6985 dureza: 11,37

Chapotear: 33,55 km

 Xa vou nas cifras do ano pasado na bici e moi por riba chapoteando.

A ver si son quen de aproveitar os 3 meses "secos"... ou o que sexa. 

1 may 2025

Condensando Abril

 

Este ano Abril foi cousa "condensada". Para nadar tivemos a condensación por mor do calendario pois había festivos polo medio e unha viaxe. Para a bici engadiuse bastante choiva como corresponde ó mes; ainda e todo nen tan mal... Ou qué?

Chapoteo 32,65 km

Pedaleo: 446 km e 4911 metros de ascenso dureza 11,01

 

31 mar 2025

Tocar fondo con xeito


 Pois este mes me viñen abaixo definitivamente mais vou remontando... semella que tiven unha sinusite que ten precisado tratamento.

 Chapoteo 32,15 km con rendementos irregulares.

Pedaleo 344,8 km e 3583 mts de ascensión. Dureza: 10,39. 

Rescatei o mes na derradeira semana mais ainda así quedei a 90 km do mesmo mes de 2024.

 

27 feb 2025

Mes corto acurtado

 Bueno, ata o día 19 ia bastante ben... pero pillei unha viriase non identificada e tiven que parar/reducir. Aínda así nin tan mal.

Chapoteo: 28 km

Pedaleo: 200,7 Ascencion: 2277mts Dureza: 11,34.

Rodillo: 7 sesions 5 horas 52'.



31 ene 2025

Xaneiro como nunca.


 Pois si; este Xaneiro non ten paragón na miña historia persoal.

Chapotear: 34 km (novo rexistro persoal nun mes).

Pedalear: 261,5 km 2867mts de ascenso (dureza 10,96). E unha sesión de Rodillo 51'Fec media 128 lat/min.

Nadando moi boas sensacions salvo un día que fun a 2:07 o resto das veces entre 2:04 e 1:59.

Pedaleando acumulei marcas persoais (modestas pero miñas) ata hoxe mesmo que fixen doblete (2º día deste mes).

Non sei como será o resto do ano pero non me queixo para nada.