30 jun 2022

Corte na progresión

 


Pois si; ia moi ben con gañas de mais disfrutando tanto na estrada como na auga e.... na segunda saída do mes, no medio dunha trona no punto mais lonxano da casa e sen cobertura partiu a cadea.

Dende ese día, xa coa cadea nova os cambios non deixaron de ir mal... patinan os piñons ou se sae e se enreda a cadea no prato... a solución vai ser cambiar de bici mais non a unha nova pois se me sae de presuposto e tardaría MESES mais mudar o cambio tampouco semella posible pois tamén hai meses de espera.

Mentras este mes non estivo de todo mal mais a perspectiva para o verán é algo descorazonadora neste aspecto.

Chapoteo: 26,4 km

Pedaleo: 509,8 km 5149 mts de desnivel + (10,10)