Ainda que xa vai unha semana e a polémica xa foi dabondo no foro eu quero facer un comentario xeral ó respecto da confluencia de reivindicación e deporte.
Supoño que haberá outros referentes mais significativos e menos drásticos mais a mín cando acontecen estas cousas sempre me ven a sensación de tristura que tiña de raparigo cando os xogos olímpicos eran boicoteados por uns paises porque se organizaban en outros que logo devolvian o boicot... Sentía moita pena e vergoña de que algo que para mín era (i é) un festexo dun ideal de competición limpa se vise así empañado por asuntos políticos i excusas de mal pagador. A mercantilización dos XXOO dende "Os Ánxeles 84" e con eles de tódalas grandes manifestacions deportivas restoulles esa aura de inviolabilidade e chegou a contaminar, incluso, a credibilidade dos resultados neles acadados.
A interferencia foi 'baixando pola escala' e foi chegando a outra clase de eventos deportivos; lembro con grande dor os cortes de tráfico nas voltas ciclistas, sonoras pitas a corredores de maratón e un longo etcetera de concomitancias externas ós eventos deportivos.
Ó mesmo tempo, de xeito paralelo se veñen organizando eventos deportivos que son unha reivindicación en sí mesmos como pode se-lo exemplo dos xogos paralímpicos. Nestas probas a reivindicación é unha excusa para a celebración dun evento ou o evento faise para facer mais 'audible' unha reivindicación.
Agora, chegamos a puntos que rozan o surealismo e tamén a orixinalidade. Surealista porque protestar nun evento que ten menos espectadores que participantes non ten nada de práctico no nivel de repercusión que se pretende conquerir para unha causa por xusta que sexa... Orixinal porque organizar unha carreira de cross ó traveso dun espazo natural que se desexa protexer pode ser tomado como agresión (como os quads) ou como promoción.
Eu sumeime á reivindicación
porque me semellou xusta, non me sentín mais molesto coa "trona" do altofalante que coa megafonia de outras carreiras que veña a dicir 'bebe tal ou come cal'; non quedei á entrega de trofeos así que non sei si se molestou ou non mais si se fixo así estivo mal. Tentarei sumarme ó cross de Teira, pois coñezo ben o lugar e me daría moita mágoa que o estragasen con mais urbanizacions...
Blog específico para ás miñas actividades de exercicio e ó deporte en xeral
30 mar 2007
O andar dos Masai
Cando en Septembro foramos a Londres tiven ocasión de probar este calzado no pequeno café-tenda "kimantra" no Camden passage de Islington; mágoa de fotos non feitas de como tentaba atende-las explicacións do dependente que me dicia que os guerreiros masai mantiñan a espalda erguida e a vista no horizontes mentras corrian polo Serengeti e que gracias a esa posición as súas zancadas son mais fisiolóxicas i eficientes.
O certo é que o MBT se autodefine como "o calzado fisiolóxico" e que ten modelos para tódolos usos, inclusive os deportivos; iso si, coa salvedade da competición. Nos días que estivemos en Galway vin bastantes tendas con este calzado á venda (importado dende suiza) e me sorprende moito que non se venda por estes lares.

9 mar 2007
Probando
Visto o de Padrón decidinme a probar un pouco de "traballo"; para escomenzar estreei a costa da prolongación da Avenida do Bierzo facendo series (450 mts); a verdade é que me custou mais baixar que subir porque o vento metia unha friaxe de demo. Ben, unha pendente continuada dun 7% con boa iluminación nocturna.
Hoxe mandeille uns intrevalos (fartlek) 15-5 a ver como lle sentan á perna...
Maña "proba de conducción" e pasado 'longo'. Hai que seguir preparandose que logo chegan "as 5 de primaveira" (Vig-Bay, Vilagarcia, Ferreirua, Coia e Betanzos).

4 mar 2007
Deporte por fin...
Tanto tempo de "pertinaz sequia" só podía traer unha choiva torrencial...
E foi esta fin de semana cando se produciu a ansiada estrea deportiva do ano 2007.
Acudín a Padrón empuxado polas moitas gañas que tiña de participar e lembrando que xa o ano pasado quedara sen ir por mor da gripe así que desta volta as gañas empuxaron mais ca o vento e nos achegamos ata a desembocadura do Sar co corazón encollido polo tremendo espectáculo do fermoso monte convertido en pedregal.
Moita animación na zona de saida maila o vendaval, a organización traballou arreo e realizou as probas cunha puntualidade case inusual neste nivel. Grande grupo de Correr en Galicia que "mostrou os galons" como movemento e grupo de apoio ó deporte popular; o 'xefe' estivo a facer fotos así que xa se colgaran por alí.
Eu, a verdade é que cumprin abondo co que desexaba porque o meu non era, en realidade, a proba en sí; senon o dia seguinte e como non tiven molestia nengunha nese "dia dempois" pois me atopo moi satisfeito e ilusionado coa idea de que podo escomenzar a rodar en serio para acadar fondo e participar nas probas que se vaia podendo (non poño nomes para non as 'enmeigar'). Puiden correr, e rematar; podería alegar que me despistei na saida porque fun saudar a un compañeiro do clube de Atletismo 'As Mariñas' de Betanzos que coñecín na Maraton de Donostia e que me estivo a contar como foi que rematou a proba nunha padiola en estado de semishock por mor dunha retención de liquidos no estomago coa conseguinte deshidratación resultado do esforzo... e bueno, eu quedei conmocionado polo tema porque debín pasar polo seu lado cando o atendian e nin me din de conta... Saiuse, se cadra de puido facer de outro xeito pois a zona inmediata á saida era moi complicada; cunha estatua no centro e escalons, paso estreito por unha vella ponte e viraxe brusca con outro escalón. Ó principio custoume coller ritmo e debínme atravesar varias veces a outros participantes polo que pido desculpas. No Qm. 1,5 xa escomencei a senti-los efectos do "ventilador" que tan amablemente se deixaron aceso en Pontecesures polo que fun percurando a un compañeiro de espalda ancha e zancada potente para avanzar. Gracias ó deseño do percorrido puidemos ver de perto as evolucions dos que ian en cabeza nunha loita moi apretada. Xa cara a zona de viraxe pasamos a correr por un carril bici destes novos de cemento liso con pintura que esbaraba lixeiramente e logo había que baixar un dificil terraplen para pasar polo control e volta cara a vila; alí despregamo-la "spinaker" e nos deixamos levar polo vento.
Xa no Qm 4 semellaba que atopara o ritmo e o grupo para face-la proba. Paso por meta (20'30" coido) e, xusto no avituallamento sinto un pinchazo na pranta do pé, como o paseo ten terra e pedras coido que é unha pedra e tento movela golpeando forte o chan; nada, o pinchazo faise mais forte e non podo pisar ben; asi que, no paso pola ponte paro, saco a zapatilla e doulle uns golpes. Non vexo caer nada, paso a man polo pé e tampouco sinto nada así que volto a poñe-la 'zapa' mais o pinchazo segue. Paro outra vez, saco a zapatilla e míroa por dentro; nada, paso a mán polo pé e nada... Desconcertome, entón paso a man polo interior da zapatilla e sinto; unha agulla¡¡¡. Miro a suela por fora e atopo: Claro, saqueina como puiden e berrei: "La P**a bandeira española". Seica a alguén non lle pareceu ben; pois que lle vou facer, si fose outra coido que tamén o diría pois non son eu moi amante dos farrapos que simbolizan. Lanceime con rabia cara adiante ata que o "ventilador" me voltou á realidade, cada un ten o seu sitio e o meu nesta proba estaba xa decidido así que escomencei a centrarme na pisada, na zancada e na sensación de correr e escomencei a disfrutar. Segundo paso polo control de viraxe; saco a "vela" e tento pegarme a un grupeto que ameazaba con pasarme ó sprint. Aturo como podo o ritmo e vou remontando algunha posición. Chegamos 41'36" posto 200 boa sensación. e mellores conversas e compañas a tod@s moita sorte nos proximos compromisos e a ver si nos vemos.
Por si non o sabiades eu crieime en Venezuela nas "tripas" dun periodico; 'El Universal' e, de sempre sentín afección por narrar as cousas que via.
Desta volta tiven moita sorte por poder narrar para os sufridos asistentes a proba que oficialmente se denomina "duatlon de Lalín" mais que foi, de feito, un 'triatlon compacto' no que a natación se mezclou coas outras dúas probas. Participación de luxo nesta proba tanto en cantidade como en calidade, organización que loitou denodadamente para que a experiencia prenda e, co apoio das autoridades i empresas locais, poder repetir i estabilizar esta proba no calendario galego; logo xa se verá que mais se pode facer.
Desta volta contouse coa presencia sempre atrainte do Campion do mundo de triatlon, grande deportista e mellor persoa Fco. Xabier Gomez Noya.
Tiveron os deportistas i en xeral todos os que alí estabamos que soportar unha meteoroloxía dantesca que á postre lle disputou o protagonismo a este home pois ó vento da primeira hora da mañan se engadiron, xusto no intre da saida, unha forte chuvia e unha baixada da temperatura que, se fixeron dificil a contemplación da proba, mais dificil llo puxeron ós participantes. O circuito da carreira a pé podería ter sido mais lustroso si o tempo permitise a presencia de público polas rúas da vila mais houbo que se conformar con contemplar o esforzo dos atletas contra un terreo rompepernas e cheo de barro; xa no remate Xabier G.N. chegou en cabeza xunto con Jesus Gomar ó que deixou 'clavado' na saida da proba ciclista sen darlle a posibilidade de coller roda. No paso da 1ª volta pola rotonda do novo concello Gomez Noya levaba xa perto de 4' sobre o segundo clasificado que encabezaba un grupo dunhas 10-12 unidades no que se atopaban os amigos XabiNer i Emilio Montilla; a esa altura a proba femenina xa era cousa de Saleta Castro e Alba Cuba. E alí mesmo puidemos apreciar a dificultade extra que significaba a meteoroloxía para o tramo ciclista por foron varios os deportistas que se deslizaron pola auga acumulada sobre o asfalto.
Na saida do segundo tramo a pé Xabier Gomez Noya seguia cunha vantaxe considerable sobre o segundo clasificado que á sua vez se despegara do grupo cabeceiro que chegou tan apresuradamente que a piques estivo de haber algun accidente.
A victoria do favorito non lle resta, para nada, o seu mérito deportivo e humano i engade mérito a tódolos demais participantes ata o derradeiro pois so "persoas de ferro" enfrontan probas deste calibre e nestas circunstáncias.

Duatlon de Lalín

Postre
E como non hai bó xantar sen postre tampouco debera haber 'finde deportiva sen el e a elo viñeron os compoñentes do "milqui" da selección española de atletismo facendo un magnífico triplete coa presencia destacada do berciano Sergio Gallardo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)