Logo dun día de moita calor na que o simple feito de dar un paseo polo centro xa facía suar a chorro achegueime a Villanueva de Valdueza a ver si me deixaban correr, porque non tiña claro eu si permitian inscripcions no día da proba.
Dende que entrei no pobo vin unha demostración de organización pensada por e para o participante; sinalización, aparcamento, bebida... evidentemente deixaronme inscribir pagando a correspondente e simbólica taxa.
Como fun cedo (para ter tempo de baixar á piscina si non podía correr) esperei na praza tomando algo mentras se formaba o ambiente... un ambiente moi recomendable de xente corredora disposta a enfrontar dous desafios nun: O perfil e a temperatura (34º). Para completa-la actividade fixeron unha carreiriña para os cativos.
As conversas iniciais xiraron ó redor do reto que Basurco vai facer mañan e de consellos para acompañalo...e logo...a quencer¡¡¡.
Saimos co alento encollido (eu polo menos) e pronto vimos que a primeira costa non era mais que un aperitivo. Non puiden manterme correndo na subida pola propia configuaración da pista e pola calor que cáseque non me permitía respirar así que fun tentando mante-lo paso. Xa na cima, na zona do castro tentei trotar pero a herba pisada e resbaladiza non mo puxo doado, a primeira baixada era como unha pista negra de esquí e fun mais lento que na subida.
No kilómetro 3,7 estaba o primeiro avituallamento con auga FRIA e unha sombrilla. Collín a botella e seguín, a organización dispuxo cestos para o lixo (como debe ser) e podo dicir que se deixou o monte como o atopamos. Logo viña xa a parte "pá baixo" e me lancei porque era unha pista ancha e o desnivel non era moito, o xusto. O tramo final ó pé do regato entre árbores foi moi estimulante e a chegada ó pobo coa xente animando un premio.
13º na meta, público acolledor, sandía e auga FRIA para tod@s e volta a falar do de mañan e das anécdotas da carreira.
Despois de chegar á meta quedei suando 15' minutos mais, falando con toda a tropa incluso fumos trotar un pouco outra cousa que non acostumo a facer e que ben me viría.
Moi agradable a compaña (Gus, Fiur, Tombrio, Che, Roberto, Tino, Pedro guerra, a xente de a entrenar.com, os de target40...lamento non ter caletre para tanto nome) e a conversa. Logo lisquei que tiña o tempo xusto para chegar a casa, ducharme, ve-la final do 5000 e ir busaca-la moza.
Total, Villanueva de Valdueza demostra que con vontade e entusiasmo pódese facer unha proba digna sen grandes alardes e que o principal capital é o propio medio no que habitamos.
Blog específico para ás miñas actividades de exercicio e ó deporte en xeral
31 jul 2010
20 Lembranzas...a historia dunha relación intensa.
1. A idea: A verdade é que a decisión de trocar de bici tampouco foi doada aquela vez...pero ademais do peso tiven en conta que esa bici pouco me servía para o triatlón e que era 3 tallas mais grande do que me correspondía polo que nos cruces pasaba algo de medo si tiña que botar pé a terra.
2. O financiamento: Visto como avanzaba o curso e que a residencia nos barracons do burgo non era nada cara tiña un remanente da beca dese curso así que non tiña que sablear a ningúen nin esperar a te-la primeira nómina.
3. O lugar: A xente de Compostela falabame moi ben da pequena e vella tenda de bicicletas "Velocípedo" na rúa de San Pedro e alí estiven falando co dono axustando presuposto e tomandome medidas...era Maio de 1990.
4. A estrea: Saimos xuntos por primeira vez nun roteiro que era habitual en compostela; de Compostela a Sigueiro e de alí a Lavacolla e volta a Compostela...un roteiro que sempre considerei perigoso mais que a ruta cara a Padrón ou ata Bertamirans...
5. Á casa...Aínda vivía cos meus vellos en Lalín e para aló fun nela un día de calor.
6. Aprendendo a andar cos enganches. Aínda me custou un pouco, lembro que ó principio os levaba moi frouxos o que facía que se me soltasen cada vez que me puña de pes en riba da bici ou si facía forza subindo e non tiña coidado coa alineación da perna.
7. Competición caseira. Na volta ciclista popular á comarca do Deza estreei máquina...pero non lembro si ese ano escomenzamos con CRI...
Aqui aínda loce a pintura orixinal que lle cambiei en "González" de Porriño como parte dunha revisión tentando que non me matasen na recta da estrada de Porriño a Tui os días de brétema.
8. Competición "oficial". Como queira que o clube ciclista do deza existía e nós (Mundi, Cabe e eu) figurabamos na pomada pois acudimos xuntos a unha proba a Campo lameiro. Só lembro de aquel día que Mundi tamén levou un revolcón tremendo...
9. Algunha que outra victoria pírrica... Esta foto é dun "Chámalle X"; como sempre pallaseando.
10. Triatlon. Leveina a varios triatlons, bueno, a todos os que fun dende 1990, pero non teño fotos daquelo (e ben que o lamento).
11. Lugares variopintos. Leveina comingo a varios viaxes; ainda onte Nieves lembraba que "ela veu connosco a primeira vez que viaxamos xuntos" foi á localidade portuguesa de Torreira (perto de Ovar) onde saín varias veces con ela. Fixen moitas rutas con ela, en Compostela e de alí a Noia (Boa), en Vigo, en Tui (Guillarei), en Lalín, de ferrol a Cedeira...
12. O parón. Os anos de parón nos que non facía deporte non foron tanto para ela pois en Verín aínda fixemos varios roteiros xuntos pasando a Portugal nalguhas ocasions...
13. A volta. Cando escomenzamos a pasa-las vacacions en Aguiño vin a oportunidade de voltar a andar mais con ela por roteiros que coñecia de outras épocas... Collín fondo e case mellorei nalgun aspecto, por exemplo subindo a Iroite ou Á Curota.
14. O Bierzo. Tamén escomencei a sair en bici polo bierzo buscando rutas mixtas que tivesen algo de monte e de chan co obxectivo de mover desenrolos grandes e de coller forza nos cuadriceps para mante-lo menisco esquerdo a raia. Tamén fixen moitas rutas de Ponferrada a O barco.
15. Levando paos. A foto anterior (de 2007) me lembra as moitas caídas sufridas con ela e as dúas 'fracturas de cuadro' que tivo, mais unha de 'Tija de sillín'...Unha das caídas peores foi a que tiven unha semana antes da travesía dos montes Aquilianos de 2006.
16. Participando en rutas cicloturistas. Como queira que sei que o meu futuro ciclista vai cara ó cicloturismo me iniciei na Marcha cicloturista rias baixas en Xullo de 2005.
17. Volta ó triatlon. Foi en Allariz 2005 cando aqueles pavorosos lumes levaron por diante o monte de Monterrei en Verín.
Estoutra foto é no triatlon de vilagarcía de 2008, empregando o manillar de triatlon (versión 'feito na casa').
18. Collendo fondo.. A verdade é que este ano non andiven moito con ela e estou "fondón" pero ela ben sabe levarme
19. Á casa sempre se volta...fixen varias saídas polo deza nesta segunda época tanto só como en compañía
Agora vaime prestar o derradeiro servizo doando compoñentes para a vindeira adquisición.

20. O derradeiro golpe. Eis a fractura de cuadro que remata con esta xeita...tamén se ven as soldaduras das dúas anteriores roturas. Aínda foi raro que non rematara de partir na saída de onte.
Agora vaime prestar o derradeiro servizo doando compoñentes para a vindeira adquisición.
30 jul 2010
Día tristísimo: rematan 20 anos de relación.
Saín dar unha volta rápida na bici porque dende as 8 había que estar atentos á tele (semifinal de 1500 femeninos, final de 3000obstaculos femenino, 800 femenino e 1500 masculino) e non quería deixar pasa-lo día en branco.
Tiña medo da calor, tiña medo de estar recén xantado, tiña medo do cansanzo de 36 horas hospitalarias...pouco podía imaxinar eu que o sono de sair coa miña bici camiño do traballo o día da miña xubilación rompería ó paso por baixo da autovía en Camponaraya... Rachou o cuadro da miña bici por 3ª vez e definitiva...seguín andando si, e fixen boa media nalguns tramos o que indica que vou collendo forma ou iba collendo forma porque agora toca esperar.
Foron 20 anos de experiencias con ela dende que a mercara cos cartos da derradeira beca de estudante universitario aló en Maio de 1990...desta non chorei porque era un risco que tiña asumido pero doer doe.

29 jul 2010
Outra matutina
Outra volta aproveitando a fresca da mañan....
Non me saiu moi aló, pero tampouco tiven malas sensacions salvo algunha molestia articular ó principio e un pinchazo do menisco esquerdo no remate que non semella ter pasado a maiores.

28 jul 2010
27 jul 2010
Dia de critica
Hoxe tomeino de reposo churrasquero (tanto por fora como por dentro) e me adico á crítica do do Sábado.
a) DEBE MELLORARSE:
O avituallamento; non se pode permitir baixo ningunha escusa que nin durante a proba nin ó remate da mesma a xente non teña cando menos auga para tomar e mais si se trata dunha proba que se fai no verán.
b) SERÍA BÓ MELLORAR:
A saida: o punto de saida tan perto da rotonda...púdose poñer no lateral do estadio (onde estaba o quencemento) ou mover a meta.
Si se trae un invitado de categoría...facelo notar un pouco mais sobre todo si é tan aberto e amable como Martín Fiz.
Do tema horario non falo, que igual ata foi premeditado...pero abri-la entrega de dorsais a 600 participantes unha hora antes da saída e ó mesmo tempo permitir inscripcions...
O peche do tráfico mellorou respecto ó que coñezo, pero aínda lle falta sobre todo na 2ª volta do percorrido e iso que eu este ano non tiven problema porque as rapazas da despedida de solteira da avda Perez Colino foron ó seu sen se meter conmigo.
Para acadar categoría hai que HOMOLOGAR o circuito e facer esta homologación visible, tras 3 edicions cun circuito básico estable só queda determinar ben os puntos de chegada e saída e ter aspiracions para pagar o custe da homologación e botarse a por un campionato nacional (por exemplo).
Si a proba forma parte dunha competición multiproba do tipo que sexa debería constar na cartelería e falarse dela na megafonía do evento... non é de estranar que aínda hai xente que non sabe de qué vai a Liga atletica del bierzo e si a media puntuaba ou non.
c) Outras herbas:
As duchas seica estaban fervendo...claro, o sistema de auga solar termica un día de verán...sería un problema técnico.
Sinalar o circuito con frechas de outra cor que non sexan amarillas que logo botamos 4 días reorientando peregrinos...e non é broma.
Hai compañeiros que miden a calidade dunha proba pola "bolsa de corredor" eu coido que para 5€ estaba mais que ben, pero....e faise raro que non se engada na mesma ningún material de promoción turistica da cidade e do bierzo.
Facer unhas carreiras complementarias para cativos ó redor do pabillón...
d) Manter:
A implicación da policia municipal: numeroso persoal facendo toda clase de funcions.
O circuito: coas melloras sinaladas arriba. A min gústame, só ten a costa esa do final da avda das hortas... o paso polo centro dúas veces é moi estimulante.
E xa está, espero corre-la 4ª (salvo que estemos de vacacions)

26 jul 2010
Natación e grande Basurko
Hoxe era un dia de KALOR e non quedou outra que pasar a tarde na piscina e fixen dúas sesions:
a) 100 + 2*200
b) 1500
Mentras nadaba pensei no correo que rebin hoxe de basurko anunciando o seu dobre reto para este domingo "de puerta a puerta" mais para Outubro facendo todo o roteiro da prata dempois de cruza-lo estreito a nado (non facer bromas cos inmigrantes). E a verdade é que me gustaría apoiar semallante demostración de solidaridade.

25 jul 2010
A diferenza entre pinchar e facer media maraton
Mentras editaba "La Grange" para polo no mobil lembrei ó amigo BaoEs andando na bici e dixen...qué ca... e collín a bici para dar un paseo.
Pódese ver que salvo no tramo sinalado (o do pinchazo) a cousa non iba mellor... pero bueno, tiven azos de sair e completalo percorrido.

Media maraton de Ponferrada 2010
Acudín a esta de "correr na casa" con sensación de que non ia disfrutar senon mais ben a sufrir para rematar nunha nova Peor Marca Persoal... o sol da tarde daba moita calor e non corría gota de aire, perveía unha mala xornada.
Cheguei e esperei na cola ata as 20:30 que abriron a entrega de dorsais (só 1 hora para dar TODOSLOS dorsais, pouco tempo.) e me puexen na sombra do estadio a perpar-la kanmiseta e a repousar. Logo acudín á kedada, pero a xente estaba aínda na cola dos dorsais así que aproveitamos BaoEs e Eu para nos facer unha foto con Martín Fiz (moi atento con toda a xente que llo pediu).
Logo fomos ata a zona de consigna a deixar a mochila, alí topamos a mais xente do foro coa que fixemos o quencemento e, como non, con moita xente do bierzo que acudiu a esta proba (e coa que xa coincidira en Busmayor) porque "na casa non se debe fallar".
Por último atopei xente do traballo que tamén lle dá a esto do correr, algunha faloume e outra non, que se lle vai facer.
Con mais de un cuarto de hora de retraso sobre o anunciado deuse a saída (que eu penso que era algo programado por mor dos cortes de tráfico en toda a cidade) nese intre, caeume a chave do candado da bici e a piques estiven de parar...pero dixen "ó car..., logo a busco ou corto o candado" e seguín. Fungando, fungando fun adiantando algunha xente e buscando un ritmo que me resultase soportable e resistible. Xunteime a un grupo de coñecidos e fun con eles como o percorrido era o mesmo que vai 2 anos sabía cando iamos pasar polo centro que foi donde facía mais calor e o pouco público que, cómodamente sentados nas terrazas, animaba ós que corriamos.
Tras do paso polo km 8 sentín a primeira pancada no xeonllo esquerdo e, claro, baixei o ritmo...pero aguantei. Na primeira volta rematei recuperando o paso e bebendo, cousa que non tódolos participantes poden dicir e que, aínda que doa, é un fallo grave. Levei de ollo a unha xente diante miña ata o km 12 no que xa o cansanzo me pasou factura e afrouxei, aínda así conquerín (coido) pasar o km 14 en menos de 1h. No Km 17 sin que eu o soubese o meu mobil quedou sen batería así que só teño gráfico ata alí.
Eu seguín correndo, claro e a verdade é que tentando manter un ritmo digno. Claculei que iría para 1h32' e quixen manter esa marca. No km 19 antes da derradeira subida vin a Alex Martinez e lle preguntei pola súa carreira e dixo "me fué bien"...a modestia dun campeón. Rematada a costa empezei a apretarme e no derradeiro km me topei moi ben. Chegando á meta sprintei ata que collín a un na recta e o fun empuxando para pasar xuntos a meta. 1h32'. Posto 54, só 3 peor que vai 2 anos.
Xa na meta souben que Alex gañara a media maratón cun tempo de 1h7' (moi boa marca) por diante de Martín Fiz que entrou segundos dempois.
Bueno, outra para o saco e non me maquei; o sei porque hoxe pola mañan fun de paseo coa moza ata a ponte de Molina e sentín moi ben as pernas.

23 jul 2010
Last session before...
Bueno, outros 50' no mesmo circuito do outro día. Seica son ineficiente...porque fago o mesmo con menos: o mesmo tempo con menos cansanzo. :) e, como dí este artigo, con mellor humor. En fin, faltan 36 h para a media de Ponfe e as doloriciones diversas non semellan que vaian a impedirme correr.
22 jul 2010
Consellos para espectadores da Media maraton de Ponferrada
Púxeno no foro de Correr en Galicia, pero por si acaso lle vale a algúen mais...
Dempois da saída situarse na praza de Lazurtegui (os primeiros tardarán 10' ou menos en pasar), logo do 1º paso por alí ir pola avda da Puebla, cando se chega á altura da avda das huertas esperar o paso dos corredores e logo botar a andar por esa avda cara á praza das pementeiras, alí ver un novo paso dos corredores. Cruza-la ponte "dos faraons" (reino de Leon) ata a avda de América e ver alí o paso da 2ª volta dos corredores, logo voltar ata a avda das Huertas (xa non ves pasar ós primeiros -ou si, si levas bici- pero voltas a ver os corredores) e subir cara á rotonda "da conecha" (donantes de sangre -marcado cun 2 no mapa-) e alí podes ver un dobre paso dos corredores ou seguir ata a meta.

Culpable
XMMeijome
Ubicación:
Ponferrada, España
21 jul 2010
Nin moito nin pouco
Hoxe estou "invitado" nesta casa... e viñen correndo probando un roteiro algo alternativo. O sábado toca sufrir; farei 1h40' e gracias que o pé non acaba de mellorar e agora presento uns formigueos na cara anterior da perna que son sospeitosos.
20 jul 2010
"collendo" auga
Bueno, hoxe disfrutei da natación... o día non invitaba, pero a auga estaba boa e eu estaba soiño así que fixen 1500 e só ó final me decatei de que no canto de facer de lado a lado debín dar voltas todo ó redor...houbera sido divertido.
19 jul 2010
Kandpalleiro contra o secador do oeste e as pedriñas
Bueno, a dor do pé non me recomendaba correr así que me botei á estrada con 36º de temperatura, sopraba unha brisa do oeste que semellaba o aire dun secador. Ata o km 25 todo ia ben, incluso mellorara a media de vai 1 semana pero... o arcen da N-VI voltoume a xogar unha mala pasada e pinchei, como non teño bombín pois escollín facer os derradeiros 15 km así...
18 jul 2010
Samil
Fai uns anos participara nun triatlon de exhibición nesta querida praia pero xa facía moitos anos que non adestraba por alí...
Hoxe, aproveitando o día de exhibición aérea fixen a nado ida e volta a praia de Samil dende o club de tenis (zona 4) ata o carril de segruidade uns 1200 mts. Logo de xantar a envexa de ver tanta xente a correr me fixo botarme a min tamén a dar unha volta correndo (4 km) pero ó meu pé dereito sentoulle moi mal, tanto que arestora, xa na casa, aínda me molesta e moito.
Mañan farei a proba definitiva para ver si poderei resistir a media ou será mellor 'pasarme' ós 10 km... e, por certo, hoxe ás 21:30 30º en Ponferrada.

17 jul 2010
16 jul 2010
Sen forza mais con brio
Así ando eu, corro con gañas pero un 30% mais lento...
Non sentín moita pena de non poder ir á ruta da froita de Carracedelo, o programa familiar compensaba. En fin, haberá que se apuntar á media nocturna...

15 jul 2010
Revoltallo na auga
Voltei a nadar; 1250 mts en 25' non está mal para levar tanto tempo sen porme a elo e soubome a pouco.
Arestora non sei si mañan irei correr á carreira da froita, a axenda familiar me ten en ascuas.

14 jul 2010
Contra o ventilador do oeste.
Collín a bici para dar un paseo...
Non me saiu nada ben, pero disfruteino. As comparacions son odiosas pero sirven para ver como cae un...
Foron 4' mais que o outro día...pero eu non me sentín tanto peor.

13 jul 2010
De volta
O de hoxe foi un adetramento de rabia... por non poder adestrar mais estes días.
1h 5' 14km.
1h 5' 14km.
9 jul 2010
Teimando malia as consecuencias...
Teño o nocello dereito destrozado, pero teimo en correr a media que teño na casa o día 24 así que hoxe fun facer 40' pola beira do mar en Xixón. Cando o nocello non me mancaba puiden tratar de correr pero penosamente.
5 jul 2010
Recuperando na lembranza
Tocoume face-la rodaxe recuperadora en Valdeorras; 30' pola pista de Viloval (4 veces) lembrando cando adestraba de mozo nos meses do inverno de 1991-2 que aló pasei.
En xeral ben, o problema ven cando quero baixar escaleiras...vexo as estrelas.
Agora tocan 3 despradestramentos (adestramentos+desprazamentos) un deles "sprint" de carreira de obstáculos con 'lebres' cornudas, outros dous...espero que nas praias do Cantábrico...e por certo; os choutos nos concertos, contan como adestramento?

4 jul 2010
Esforzase sen forzar
Acudín á 2ª carreira "circular de Busmayor" para facer algo diferente e coller fondo, moita xente coñecida e unha paisaxe fermosa nun día de verán na montaña que escomenzou con unha temperatura ideal, pero rematou con calor.
O Sportypal dí que foron 25.7 km (a organización puña que 27) en todo caso en menos de 3h. O perfil da proba non fala moi certo do que atopamos, subo unhas fotos que fixen.

De Busmayor |
2 jul 2010
O que será que será...
A verdade é que vistas as cifras o adestramento de esta mañan foi IGUAL que o de antonte...pero que diferencia de sensacions. Eu sentinme moi ben pola fresca que é o que importa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)