31 jul 2017

Xullo de troca-la app

Neste mes trocamos de aplicación para o rexistro de actividade... non foi mal mes pero puido ser mellor o que pasa é que non lle vexo obxecto a facer mais de 70 km na bici.

Pedaleo 549,66 km
Chapoteo 17,8 km

A ver como se da Agosto.

22 jul 2017

Tiña que pasar: o "fakesportismo"

https://fakerunner.com/

Nunha era na que gañar e non "competir" semella ser o único que satisfai á xente e na que grandes multinacionais como o "Real Madrid" ou o "Barcelona FC" crean a ilusión de que se pode gañar sempre a reacción á frustrante realidade (non se pode gañar sempre, e mais; o mais frecuente é non gañar) é o "postureo".

Dende o meu punto de vista a creación de "servizos" que simulan a realización de actividade física para subila a aplicacions onde ser partilla este tipo de cousas ten mais que ver con esa intolerancia a non gañar (azuzada pola mala xestión dos comentarios de outras persoas coas que se cree "competir") que polo suposto "exibicionismo social" que poden impulsa-las ferramentas TIC.

De sempre houbo este tipo de círculos nos que a conversa semellaba unha liorta de "machos alfa" para ver cal "a ten mais grande"; o que fan as TIC é amplia-lo círculo e permitir chegar a persoas ás que non se coñece... pero é a mala xestión do ego e do contraste da realidade a que leva á xente a estes extremos de postureo.

Trampons sempre houbo... eu lembro xente artellando estratexias para esconderse e gañar en carreiras populares de 5 km¡¡ nas que só corriamos os do pobo... están tamén os que atallan en cada recuncho dunha carreira popular, os que toman anabolizantes nos ximnasios, os que empurran na saída das carreiras e os que se poñen diante ainda que o seu ritmo sexa para chegar atrás...

A competitividade non é mala si se entende como un estímulo para a propia superación pero cando o ego só admite "vencer" (en absoluto ou en relativo) e non se teñen habilidades de xestión das relacions persoais para sobreleva-los comentarios dos "matons de patio de colexio" pasan estas cousas... senon peores. Coñecemos casos de xente que por mor de "non perder" caeu lesionada cando non perxudicada por productos tóxicos ou morta.

Así que xa sabedes: o mais sano é "perder" sempre que sexa con esforzo.

18 jul 2017

Bó Strava e morreu SportyPal

Pois si, tras 7 anos chegou o momento de empregar outra app para rexistra-los adestramentos porque SportyPal semella abandoada á súa sorte polo menos para o modelo de móbil que eu emprego que xa me avisou que na seguinte renovación do sistema operativo a app non funcionaría.

7 anos e 877 actividades principalmente correr e bicicleta mais tamén algunha camiñada como non hai opción de descarga dos datos capturei os mesmos mes a mes para poñelos no excel que levo de actividade... o que si ofrece a páxina de SportyPal é un gráfico resumo da actividade tanto en velocidade media como en distancia percorrida.

Aquí volo deixo por si é de interés: Carreira


Bicicleta


Pero como o de que o móbil rexistre a actividade me semella moi práctico pois indaguei sobre outra app e ó final aconsellado pola xente de correr en Galicia e lembrando os consellos de algún colega mais escollín Strava.

A verdade é que a app funciona ben pero só consigo rexistra-las saídas en bici (e si correra pois tamén) pero non sei como carallo "meter" outro tipo de actividades e tampouco consigo que me vaia dicindo cantos km levo no mes así que teño que confiar en @clubdelpaseo ou ilos levando eu.

Xa conseguin a "conexión social" gracias a que Strava admite IFTTT e o relacionei co meu twitter (e de ahí vai ó FB). Tamén o conectei cunha folla de cálculo de google pero apenas garda a data, a distancia e o tempo e enlaces á imaxe do mapa da saída e á páxina de Strava da actividade. A descarga que permite Strava é en formato .gpx polo que faría falla un software de navegador para empregalos.

O mais entretido de Strava é o tema das clasificacions (si fas rutas estandarizadas por outros ou unha túa pública que outros fagan) e os segmentos que son anacos do percorrido no que "compites" con outros participantes e contigo mesmo (esto pode ser interesante). Os segmentos os podes definir tí si queres pero sempre que entras nun (teu ou de outro) a pantalla da app xa che vai cronometrando como vas no segmento... vamos moi competitiva.

Este será o meu novo perfil en Strava; porei un widget coas saidas da bici no lateral do blog si decido seguir con ela.

1 jul 2017

As inclemencias de Xuño

Tocou un mes de san xoan moi raro no climático cunha calor abafante durante semanas e con choivas nos derradeiros días por riba o inesperado peche da piscina (do 24/6 ó 24/7) nos deixa un pouco descolocados.

Chapotear: 22,1 km
Pedalear: 312, 32

Estou listo para abandoar Sporty Pal só me queda facer un par de saídas duplicando rexistro coa alternativa elexida (Strava) que por de pronto ten algo destacable: permite a descarga de datos.