28 dic 2004

Duas semans

Hoxe van dúas semans da intrevención; dúas semans de contraste.

A primeira semana foi todo de maravilla; ás 48 horas andaba sen caxata e non sentin dor nen mais molestia que a natural hinchazón da perna ata o 20 pola noite, que fixen un mal xesto na porta dun caixeiro...

Dende aquel intre a cousa recuou pouco a pouco ata chegar a un punto no que sinto molestia na extensión da perna e teño un abultamento na cara anterior interna do xoenllo xusto no sitio dunha das incisions. En fin, a cousa non debía ir tan rápido como a min me pareceu e agora estou a paga-la consecuencia desa presa; espero non ter armado ningun desastre ahi dentro.

15 dic 2004

Xa está feito.



Xa pasei pola artroscopia; ahi tendes unhas fotiñas de dempois da intervención e xa á noitiña cando ia marchar para a casa (non estiven 12h ingresado).

O malo: Non me gustou o que atopamos ainda que non debera ter significación. Non teño ligamento cruzado anterior. si, non é que se vexa roto; é que non está. Meu "Fillo" maior me dí que Ronaldo está igual e mirade como corre... Logo da primeira impresión penseino friamente e lembrei que o meu pai foi 2º no campeonato de salto de altura na "mili" (1948) sen ter tampouco ligamento cruzado e que eu mesmo (que debo levar xa bastante tempo sin él) estiven a patinar sobre xeo facendo viraxes bruscas a ámbolos lados ata 12 horas antes de me face-la artroscopia.

O bó: tiña unha rotura no menisco que foi arranxada coa precisión e a delicadeza das boas mans que me atenderon. Gracias a todos en especial a Juan Amador e a Marisa Guerra.

Sain para a casa ás 20h. sobre muletas; son as 8:00 e ainda non sentin dor ningunha e me atrevo a sinalar que o 1 de Agosto estaba peor da perna do que estou agora.

Mágoa de fotos durante a intervención, pero a miña compañeira me fixo o honor de permanecer ó meu carón o cal, como todo o que fai, non sei como llo agradecer.

7 dic 2004

XA TEÑO DATA

Pasarei polo coitelo o 14 de Decembro. A ver si alguén se anima e me fai unhas fotos para vos colgar...

Namentres os Nercellas voltan ó ataque...

16 nov 2004

PISTA DE XEO???

Nin que o fixeran a proposito... Este ano que estaba resignado a non patinar ren: Van montar unha pistiña de patinaxe en Ponferrada. Ó parecer se vai situar a carón dos cinemas e vai estar aberta ó público en xeral dende as 18 ás 0 h a un prezo de 6 € para adultos e 3 para nenos (incluido aluguer de patins).

Eu non puiden lee-la nova na impresa nin escuitala na radio así que non sei mais que o que un coleguilla me dixo na rúa, agardando confirmación...

KanpatinandoVideo do Kan Patinando(>1 Mb.)


5 nov 2004

San Martiño na distancia

O domingo correse a San Martiño na cidade do Ouro... Previsions: Meteoroxia marabillosa, participación multitudinaria, ambiente sensacional; mais o que mais vou votar de menos é o xantar cos amigos. Moita sorte.

21 oct 2004

Bierzo Deportes

Non son moi afeccionado a ler o que fan outros deportivamente, sobor de todo si son profesionais; mais coido que pode ser interesante ver as crónicas do que fan os deportistas "de eiquí". Por eso Linko esta nova publicación.



Coido que é unha novidade no panorama rexional e penso que me gostaría poder serguir o que fan os colegas de Lalin ou de Riveira...

Falando deso: Unha grande aperta e moitos ánimos a Xabier Nercellas e a Emilio Montilla que remataron con un grandísimo esforzo a dobre triatlon de Ibiza. Pensade que a moitos nos gostaría porder facer unha proba así unha vez na vida e que "un mal día o ten ata Raña".

20 oct 2004

Provando o mail posting

Xa sei que non teño puta idea de ingles... O que quero dicir é que
este post o fago ó traveso do correo electrónico; ¿vantaxes?.
evidentes: Poderei facer post "urxentes" dende o mobil...

Novo Enlace

Como ben saberedes os que vos adicades ás populares o mais difícil desto é conquerir información das provas e de como inscribirse. Actualmente internet tamén é unha gran axuda para esto e para mostra as dúas páxinas que se mostran nos enlaces.

Pois ben; "Buceando" por ahí atopei esta outra páxina: Linea de Salida que me gustou non tanto pola presentación ( non son partidario dos marcos ) como pola cantidade de probas e os plans de adestramento que se incluen.

En fin, espero que vos valga de algo; eu sego arrastrándome pola auga e agardando ó coitelo.

18 oct 2004

Pedestre

Outro ano mais e van 27 correuse a carreira pedestre "popular" de Santiago; Se fai un ano non puiden facer crònica delo por non ter blog esta ano case non vou escribir por non ter estado alì.



Outro ano mais a "armada" de mercenarios fixo o seu e se levou os primeiros postos



Honrrosa escepción de Pedro Nimo co seu 5º posto. En fin, moita envexa que sinto de non ter podido participar.

20 sept 2004

Arrastrándome pola auga

Xa nunca fora un nadador rápido; pero agora, dempois de mes e medio no "dique seco" e co medo na perna pois levo a sensación esa. E o que me queda...

Nas 26 horas que estiven por Lalín puiden saber que o amigo Emilio Montilla gañou o campionato galego de trialón e que o amigo Xabier Nercellas rematou terceiro no trialon de Oleiros e volta a participar este ano no trialon de longa distáncia de Ibiza. Por elo Noraboa e sorte.

13 sept 2004

A Milla

Onte correuse a milla urbana de O Barco.

Coma sempre un éxito de público (ainda que eu coido que era mellor pola mañan) e grande participación en case tódalas categorías agás nos xuvenis.

Moita intensidade na prova de federados cun altísimo nivel e un final de suspense...

Que gran privilexio para unha povoación como O Barco de Valdeorras contar cuhas instalacions de atletismo coma as de Calabagueiros, cun clube coma o ADAS, Cun patrociandor coma Campos e con Tinin e a súa xente.

30 ago 2004

Duas de Cal e unha de area

Pensaredes que é un chiste doado... pois é así como eu vin os Xogos olimpicos. As dúas de Cal pois xa sabedes; e senon mirade este enlace de Galiza olimpica . A de area nas olimpiadas pois o bochornoso espectáculo dun cobarde que non é quen de manter as súas reivindicacions sen perxudicar a quen menos culpa ten. Que grande exemplo de enteireza deportiva deu De lima ante estos energumenos rematando sen desfalecer



Nunca poderemos saber que houbese ocurrido de non ter pasado esto.

No plano persoal xa teño a "sentencia": Teño roto o menisco interno do xoenllo esquerdo cun fragmento libre; si elo parece pouco pois tamén presento unha "distensión" do Ligamento Cruzado Anterior (LCA) que pode ser rotura fibrilar... se queredes imaxes...



Para mais información sobre temas médicos de xoenllo: Mi rodilla . com

Xa vos irei relatando o que vaia acontecendo.

15 ago 2004

Olimpiada

Que lonxanas están estas olimpiadas do espiritu orixinal. Marketing , orgullo nacional, Operacions urbanisticas, Deportistas profesionais tratados coma ratos de indias...a min me está a parecer que hai moitos valeiros nas gradas.

A verdade é que pouco estou a ve-los xogos pois teño a sensación dun neno con caries diante dunha docería. Nesta semán confirmarei o que xa teño claro: o menisco do xoenllo esquerdo cascou e terei que pasar pola artorscopia (e que todo quede ahi e poda voltar a correr). Acéptanse condolencias e testimonios reais...

1 ago 2004

Fracaso e lesion

Estas verbas poden resumir o mes de vacacions ainda que non todo foi tan malo...

O 4 de Xullo iniciei a media maraton do ribeiro pero debin abandoar no Km 6 ( ia moi ben de ritmo 23:10 ) por unha dor na cara externa do xoenllo esquerdo que me ia ata o dorso do pé.

A molestia non desapareceu no resto do dia, pero non me impedia para nada as actividades normais; incluso, empecei a andar na bici e a nadar na praia sen problema.

Non foi tan mal no aspecto ciclista e na natación ( por fin subin Iroite )así que o día 27 fun trotar pola praia e fixen 8 Km suaves sen problemas maiores que algunha pancada...

Así que o día 29 fun disfrutar correndo toda a costa dende Aguiño ata Vilar polas pistas nas que estivera a queles días do 2002... todo foi ben aparentemente.

Pero dende o día 30 teño un derrame na articulación do xoenllo que non mo permite doblar mais de 80 graos e me molesta na actividade cotián; así que mañan irei a que me vexan e a ver que sae desto.

29 jun 2004

A calor

Este ano non teño tantos problemas ca alerxia; a miña principal traba é a calor que me esta a impedir adestrar coa frecuencia e o ritmo que desexaría... esta claro que no meu caso "as bicicletas son para o veran" por que correndo as paso putas. So queda unha semán; logo xa me adico ás oliñas.

31 may 2004

A primeira do ano

Por fin... ainda que tiven que ir eu só; por fin corrin a primeira carreira do ano 2004. Media maraton ria de Betanzos; distancia oficial Federación galega de atletismo, tempo (a falla da confirmación oficial) 1:25:40 (4:04) A ruta era moi dificil; con contínuos repeitos bastante duros; en especial o situado entre os Km 13 e o 16 , a meteoroloxía foi ideal: 15-19°, nuboso, sen vento. A organización ,salvo polo fallo de ter que retrasa-la prova, estivo impecable.

10 may 2004

Nada, que non pode ser...

Outra semana mais, outra ocasión pasada... Non acabo de acudir á primeira carreira do ano. Nesta ocasión resarcinme correndo a media M en solitario polas pistas de S. Lorenzo; pero non é o mesmo... Xa sabemos todos o que son os "piques" nunha carreira. Noraboa ó amigo Raña por ese subcampeonato mundial de Triathlon.

6 may 2004

Grande encontro

Onte disputouse o partido de ida mais agardado nos pasillos da sanidade ponferradina... Cunha grande afluencia de público nas instalacions do pabillón do Toralin da capital do Sil mineiro enfrontáronse as equipas da

CLINICA PONFERRDA

e a equipa

CELADORES-SACYL.



Moito nerviosismo por ambas partes que tardaron en adaptarse ás magníficas condicions do campo; coa afeccion entregada a equipa da clinica adiantouse tras un fallo na marcaxe nun contragolpe. A equipa de celadores puxo novamente o empate no electrónico cunha xogada combinativa ante a que nada puido facer José Luis S. que, ata ese intre se mostrara coma unha muralla infranqueable. Con esa situación se chegou ó descanso.

Na segunda metade a equipa de celadores reservou os seus mellores homes no banquiño o que foi aproveitado pola equipa da clinica para se por dous goles por diante tras unha xogada de contragolpe e un tiro lonxano con barreira involuntaria... faltaban 15 minutos e o "mister" dos celadores puxo toda a artilleria no campo. As ocasions sucedéronse ata que noutra xogada combinativa José Luis S. batiu a José Luis S. tras un grande recurte no área pequena. O cansancio escomenzou a facer mella en todos e o sprint final foi mellor aproveitado pola equipa de celadores que empatou a falla de 5 minutos nunha grande combinación por banda esquerda entre Sánchez e Dani "pelucas". No derradeiro minuto a mestría técnica de Pablo e o Salso deu a victoria a equipa de celadores non sin antes sufrir un tremendo acoso na súa portería.

2 may 2004

Estrano e indesexable privilexio

Nesta fin de seman temos a visita por terras do Bierzo da volta ciclista a castela león... non é de estranar pois a etapa do morredero a pouco que se coidase e mellorase a estrada sería das mellores do panorama estatal e a colaboración das puntual das institucions, organizacions deportivas e empresas da zoa é envexable. Pero está é unha visita especial por un motivo que ben quixera eu que non fose así. Pode que sexa a derradeira carreira do Kelme coma equipa profesional e tamén polo que se está a ver a derradeira que gañe.

Para min o Kelme ten o valor especial de ser o conxunto dos batalladores, sen opcions ,case sempre ,nas grandes voltas ó triunfo xeral o Kelme facíase protagonista a base dunha loita "a peito descuberto" sobor de todo nos altos míticos.

Do porqué chega esta despedida... eu coido que o rapaz é moi valente en denunciar algo que moitos sospeitan á voces e que se verbaliza ó dicir "os ciclistas non son humanos". Espero que a investigación chegue ós verdadeiros culpables: ós que presionan a facultativos, adestradores e profesionais para que opteñan resultados "custe o que custe", a tódolos que participan nestas prácticas comerciando con estes productos, ós poucos corredores que incurren nestas prácticas con coñecimento de causa.

O ciclismo é o meu deporte preferido, conxuga o esforzo individual e o entendimento de equipa, a estética e a forza, a estrada e a paisaxe...

Que as cousas se proven e que a xustiza non se deteña en consideracions politicas...

27 abr 2004

Moito para elexir e pouco para escoller

Agora que me achego ó "breaking point" que é o xeito enxebre de dicir: Ou rompe ou racha. Pois, que hai un calendario do mais suculento nos próximos meses i eu vou collendo fondo co cal me gustaría ir a algunha "trotada" para ir facendo forza pero, entre traballo e compromisos do mais diverso toda esa variedade vai quedando en ren.

Mágoa, eu me atopo en progresión: ¿será o sol?. Haberá que retoca-lo encaixe dos adestramentos para non fenecer licuado este verán. A ver si me poño en contacto coa peña para ir a algunha "pachanga"... inda que só sexan 5 ou 10 Km.

13 abr 2004

De volta

Andiven dez dias de "turista total" que é un deporte moi duro; moito andar, moito estar de pé, almorzar cedo e moitisimo (os buffets, xa se sabe como entran polos ollos), xantar cando se pode e o que se pode e cear agotado... ainda así e todo non notei demasiada caida no estado de forma nen demasiada subida na báscula. Atopome a punto para iniciar unha preparación; so teño que escolle-la data.

29 mar 2004

Pois eu aproveitei o dia

a ver si funciona...

Si o enlace esta ben feito veredes un miniclip de 1,5 Mb do KanPatinando; está en formato .AVI ; fixadevos nos pes, que fago iso de cruzalos... era o derradeiro dia de cursiño e o "celebrei" conquerindo facer ista chorrada e xogando ó hoqui coa miña filla cun cono coma puk.

Non vexo a ningun dos "meus" na lista da VIG-BAY e ningun me chamou... mal rollo; eu aproveitei que a compañeira traballaba pola tarde e fixen unha sesión de 1 hora. "Rodando, rodando vaise chegando". Vexo no calendario de correr en galicia que en Maio hai medias maratons tódolos fins de semana salvo o do 16. A ver como vai a cousa.

27 mar 2004

ENVEXA. ¿SA?

Coido que a envexa nunca è sa. Mañan 1100 privilexiados poderan correr a VIG-BAY cun tempo escepcional... nin frio nin calor, nen chuvia nen sol... o circuitiño pois; para min é maravilloso, moitos adestramentos solitarios corrin eu por esa via. Que teñades sorte.

Eu irei remata-lo cursiño de patinaxe sobre xeo... a ver si me aclaro e vos "colgo" un video e unhas fotos.

Xa levo 12 sesions; na derradeira xa me fun soltando un pouquiño, pero non me fio. Ainda corro con medo. A piscina: ben 1500 en 34-35´; á "becaria" téñoa un pouco abandonada porque agora os horarios non cadran tan ben... pero co troco de hora de hoxe poderei retomala... xa é dabondo o que andiven que eu nunca fixera mais de 100 Km en todo un inverno i este ano debo ir polos 400.

20 feb 2004

ENTROIDO

Para isto non hai que adestrar... lévase dentro.

Fora coñas; o martes nadando doume un calambre en toda a perna dereita, e cando digo toda é toda: Cuadriceps, biceps crural, xemelgos i en parte da perna esquerda... asusteime e pensei nuha hipopotasemia así que fixen unha analise e estou coma un toro polo que á volta do entroido hei voltar a probar carreira continua... se antes non "rompo" correndo cos peliqueiros.

Boa festa.
mail meijome@cibermania.zzn.com

9 feb 2004

Sego aqui

Non abandonei de todo, pero dende logo voume tomar as cousas con calma. Como non teño nengun obxectivo pois non vou escomenzar a correr ata dempois do entroido... de momento voume entretendo coa becaria mais cos chapoteos semanais.
A ver se para a VIG_BAY

mail meijome@cibermania.zzn.com

25 ene 2004

Como engancha esto

Pois si que engancha... A pesares da molestia repetitiva no xemelgo esquerdo hoxe participei no mini duatlón que organizou a concellalia de deportes do concello de Ponferrada. 2 Km a pé e 10 en BTT... na carreira me sentin dabondo ben para non quedar derradeiro. Na bici pois non vou moi ben e por riba tiven unha avaria e cain... supoño que de non facerme para a falta de 1 volta seria o derradeiro, pero a min iso non me pon triste. Ponme triste que haxa rencillas estúpidas entre clubes ou escolas ( mellor dito entre quen dirixe estas cousas ) e así resulta que en Ponferrada hai varios clubes de ciclismo con rapaces e unha escola de ciclismo con bastantes rapaces e a esta proba ( que tiña competición para os mais pequenos ) só acudiron os de un clube e 6 ou 7 que se enteraron por amigos; certo que o día non acompañaba, pero é unha mágoa porque a proba infantil era sinxela e divertida.

Logo, pola tarde fun patinar ( sobre xelo ) que é unha alternativa boa para os dias que chove, e que en Ponferrada son demasiados como para non haber nada a cuberto; así que fumos deixa-los cartos a León (para que logo digan os bercianistas).

mail meijome@cibermania.zzn.com

22 ene 2004

Mal, Mal moi mal...

O día 19 sain probar moi suave e... ós 10 minutos xa tiña o pinchazo outra volta no xemelgo ( ou no soleo ou donde queir q sexa ) pero o peor non é eso; o 21 fun nadar e nos derradeiros longos púxoseme un calambre na perna; dende enton ando co xemelgo doorido, coma duro e non podo estirar ben. En fin, esto vai para longo e o de Rotterdam outro ano será...
mail meijome@cibermania.zzn.com

12 ene 2004

Isto vai tomando forma

Xa sain a rodar na bici un par de días e tamén fun nadar; pero tiven que agardar ata hoxe pola desorganización do servicio municipal de deportes de Ponferrada que deixou á cidade sen nenguha piscina aberta ó publico na semana de reis.
A perna non me molesta , pero estou bastante acojonado pensando en como reaccionará cando empece a rodar. Da outra volta pasei mes e medio sen correr e cando empecei foi pola praia , progresando un pouco cada día.
Xa se verá

5 ene 2004

O que mal comenza...

Pois eso, sain o día 1 a rodar porque ia pasar ata hoxe sen poder sair e lesioneime, ou mellor dito a lesión veu a por min ou voltou a min para ser exactos... xa tiven esta rotura fibrilar no soleo esquerdo hai medio ano, o que me fastidia é que volte a sairme un dia de rodaxe suave-normal. Non podia romperme facendo unha carreira ou nuhas series? pois non.
En fin, ainda así manteño o obxectivo de correr unha maraton o 4 de Abril; en concreto a maraton de Rotterdam nos vai ven para logo pasar a semana santa de viaxe por ala ( e por fin visitar Amsterdam e non só o aeroporto de Schispool ).
Para non perder fondo me adicarei a nadar e pode que colla a bici ( de carreiras ) iso si, con pouco desenrolo ( moitas voltas ) e na chaira berciana.

1 ene 2004

A carreira dun can é unha expresión do galego coloquial que ven a ter o senso dunha distancia media non específica, pero que se pode cubrir con facilidade en pouco tempo.

Iniciamos este blog co desexo de que neste novo ano podamos acudir e rematar mais provas deportivas e con mellores marcas que no 2003 e vos que o vexades.