31 dic 2022

Rematar 22

 Bueno, un sempre quere mais; eu neste mes houbera querido algo mais de pedaleo... mais non se puido.

Chapoteo: 28,25

Pedaleo: 178km 1903 mts (dureza 10,69) + 4 sesions de rodillo

Resumo 2022:

Sen que signifique nada en concreto nen en comparación con ninguén fixen o mellor ano en canto a distancia a nado e pedaleando. Ademais conquerín mellora-lo rexistro de "dureza" acadando os 10,81 mts de ascenso por kilómetro pedaleado.

Chapotear: 306,1

Pedalear: 4720km ascenso: 51018 mts




30 nov 2022

Novembro dos 55

Non foi un bó mes alteracions nas rutinas e mal tempo... en fin, non festexei os 55 anos como gostaría... pero a verdade é que ben visto polo menos non foi por lesión.

Chapotear: 24,2 km

Pedalear: 213,9 km Ascenso 2191 mts (Dureza 10,24) + 2 horas de rodillo.

31 oct 2022

Outubro pinchado.

 Como si fose cousa dos ourizos propios da época non puiden acada-lo mínimo de pedaleo que me plantexara mais marca anual NON queda lonxe...

Chapoteo: 25,95 km

Pedaleo: 225km 2222 mts de ascenso (dureza 9,88).


30 sept 2022

Setembro colleiteiro

 


Collín un trebello para ir controlando as pulsacions e tal e resulta que permite un bó seguemento da natación na piscina... 7" para a maioría non é nada mais eu nunca tal fixera (que eu soubese).

Ainda cacei uns cantos tractores incluso cun adiantamento "épico".

O mes? nin tan mal como pinta outubro...

Chapoteo 26,4 km

Pedaleo 518,2 km 5682 mts positivos (10,96/km) 

31 ago 2022

Agosto faraonico.


Este ano as vacacions tocaron en Agosto e como viaxamos fora pois se notou... e iso que fun imitar a Moisés abrindo as augas do "caldo roxo" (no nome do mar roxo).

Chapotear: 22,6 km

Pedalear: 485,7 desnivel+: 5492 Dureza: 11,3

31 jul 2022

Xullo de estrea dupla

Tocou ser pragmático e sair do problema da falta de pezas para orbeita mercando unha bici de 2ª man "2P".


Tras unha primeira parte do mes discreta encadeei 12 dias seguidos de actividade con boas sensacions mais na saída do 19 de xullo algo me debeu entrar no pulmón que ós 2 días escomencei cunha tos moi cargada con moco verde... non me impediu seguir facendo cousas mais entre iso e o turno tiven que baixa-lo ritmo.

Para remata-lo mes o necemento de Xoel me tivo en vilo ata o final... agora son avó e supoño que a redistribución do tempo algo se notará nesto mais é unha ledicia.

Chapotear: 25 km

Pedalear: 726,7 8651mts de ascenso dureza: 11,9.

30 jun 2022

Corte na progresión

 


Pois si; ia moi ben con gañas de mais disfrutando tanto na estrada como na auga e.... na segunda saída do mes, no medio dunha trona no punto mais lonxano da casa e sen cobertura partiu a cadea.

Dende ese día, xa coa cadea nova os cambios non deixaron de ir mal... patinan os piñons ou se sae e se enreda a cadea no prato... a solución vai ser cambiar de bici mais non a unha nova pois se me sae de presuposto e tardaría MESES mais mudar o cambio tampouco semella posible pois tamén hai meses de espera.

Mentras este mes non estivo de todo mal mais a perspectiva para o verán é algo descorazonadora neste aspecto.

Chapoteo: 26,4 km

Pedaleo: 509,8 km 5149 mts de desnivel + (10,10)

31 may 2022

Maio entre castiñeiros

 Sempre se pode pedir mais porén abondou.

Chapoteo: 26,1 km

Pedaleo: 634,2 desnivel positivo 7061 dureza: 11,13 mts/km


O mellor; topar monumentos naturais como este:



1 may 2022

Apurando Abril

 Adiven apurado este mes para acada-los obxectivos mais ahí estivo.

Chapoteo 24 km

Pedaleo 400,2 km 4400 de ascenso dureza: 10,99 e 5 horas de rodillo.

31 mar 2022

Cumprindo con Marzo

Se o quixera facer mellor non me saía malía que o rendemento ciclista é moi baixo o asunto é ir rodando...

Pedaleo: 402,6 km 4025 mts de ascenso, dureza: 9,997

Chapoteo: 29,2 km

27 feb 2022

Acurtando febreiro

 Non estivo mal mais si puido ser moito mellor. O caso é ir andando nonsi?


Chapoteo: 23,5

Pedaleo: 153,8 positivo: 1695 dureza: 11,02. (+ 6 horas de rodillo).

1 feb 2022

Xaneiro

 Desta despisteime e non puiden publicar esto a tempo.


Chapoteo: 24,5

Pedaleo: 271,9 positivo: 2547 dureza: 9,37