Andamos de paso pola casa; o mes de agosto foi pleno de actividade con dobles e triples sesions de "adestramentos" divertimento pola terra do Barbanza iso si, coa grande mágoa de ver como a senrazón dos humanos lle pon manchas á natureza. Participei en tres probas (e puideron ser mais) e non me queixo.
Na milla de Cambados conquerin que non me dobrasen Lolo Penas i Elias Domínguez no seu sprint final; no Memorial Mario Puentes saiume unha boa carreira e disfrutei correndo pola praia e no Triatlon de Allariz(FOTO da chegada coa camiseta de correr en galicia) acumulei outra participación na fermosa vila do Arnoia e voltei a comprobar que a natación é moito mais que o 33% da proba e que o nivel deste deporte está a subir moito no noso pais e ainda pode subir mais...
Logo fun "facer Istoria" e rematei o verán que non as vacacions; esas escomenzoas mañan, estarei "parado" 1 semana facendo o Londinense e dempois de cabeza á tempada de Outono-inverno.
Do acontecido no 'tour' prefiro non falar mais coido moi contraproducinte que esta crise do ciclismo coincida coa chegada, por fin, da anhelada equipa profesional galega tantas veces frustrada pola dereita