30 nov 2015

Incumprindo en Novembro

Ás veces un debe aceptar non cumprir os mínimos que se esixe porque ten motivos para elo...

Foi o que aconteceu este mes; no que non acadei os mínimos que me marco malia que xa os rebaixara (na carreira) porque coñecía a dificultade que tería unha semana concreta deste mes.

O importante é mantermos as gañas ¿non si?.

Carreira: 93,83 km xusto lle faltan os 7 km que por falta de luz natural non puiden correr en Cuenca.
Natación: 14,45 km xusto falta unha sesión que a preferín dedicar á bici.
Bicicleta: 37,7 km

11 nov 2015

A punta do Iceberg...

Calquer actividade feita POR comparar, competir... ten tendencia a irsenos das mans. O deporte non ía ser menos.


Alguén podería pensar que falar agora é moi doado falar da xente que se engancha ó deporte popular por competitividade... e que eu debería estar caladiño pois durante un tempo me adiquei a fomentar "a participación" que remataba nesa competitividade mal entendida ou no enganche ó límite desmesurado.

Na Behobia San Sebastían; proba mitica para calquer popular da península e arredores faleceu un corredor (e van varios nestes anos) e catro están na UCI ademáis de unha ducia de feridos... Cousa da multitude? A xente se pide mais do que pode? Exceso de competitividade?

Non sei pero si a elo lle sumamos a falta de precaución da xente que se mete a facer deporte a partires de certa idade temos un cóctel explosivo polo que sospeito que eses incidentes graves non son mais ca punta dun iceberg de lesions e doenzas contraproducentes respecto ó que se quería conquerir facendo deporte... 

Por iso agora só fago exercicio e prefiro só compartir.


1 nov 2015

Outubro de dous tercios

Rematou Outubro con dous tercios dos obxectivos acadados mais coa sensación de que era imposible acada-lo 100%.

Natación: 20 km
Carreira: 109 km
Bicicleta: 51,62 km

Non foi a falta da cuberta dianteira o que me impediu acada-los 200 km na bici é un calendario ateigado de pequenas cousas nas que resulta complicado encaixar sesions de mais de hora e media... con todo conquerin facer 20 km nadando adaptándome ós horarios da piscina... pero non vai ser doado facelo moito porque nas mañans non sempre podo ir ás 15 h a nadar.