26 feb 2009

Trancazo

Pois eran poucos males e caiume esta. Estou algo atrancado, apenas podo nadar a ritmiño mais sigo indo porque así manteño os pulmons mais limpos. 800 mt.

25 feb 2009

Natación 850 mts. Hai moito que limpiar nos meus pulmons.

Resumen de entroido

Bueno, voltei e non peor do que estaba.

Tiña eu temor de que esta leria me impedise disfrutar do entroido en dous aspectos fundamentais: A baila e a farrapada. Da segunda deu boa conta a televisión ('Gente' o luns 23) e do baile só dicir que foron noites de éxito arroiador e sen precedentes. Sego coa sensación de cristis no xeonllo, mais xa non teño molestia para camiñar.

19 feb 2009

Pausa de Entroido

Estou absolutamente desesperado; sego con molestias no sóleo e mais no xeonllo...esto non ten boa pinta.

Hoxe precisaba como fai moito tempo que non me pasaba ir a rodar coa vista no horizonte aquiliano, precisaba de pensar sen pensar, de escoita-la miña respiración, de formular e solventar... percisaba de correr.

Fun dar unhas voltas na piscina; 1500 mts 33'.

18 feb 2009

Menuda tralla a da interunning¡¡¡

A penas van 24h dende que o admin colocou o enlace para envío de resultados da interrunning 2009 e xa van 81 envíos de resultados (case un 10% dos participantes); vese que hai moita velocidade neste circuito, a clasificación está moi apretada na cabeza da xeral porque moitos dos participantes do peloton cabeceiro estiveron xunto co mais granado do atletismo galego actual...



nesta proba celebrada en O Porriño con moi bó tempo, non hai mais que ver as fotos (1,2,3 e 4 ), moita participación e público e cunha organización que agradou ós foreiros. A victoria do 'circuiteiro' Pedro Nimo ven a darlle a guinda a esa festa do atletismo.

Noraboa a tódolos participantes.

14 feb 2009

Reatopando o amor...aínda que manque

Hoxe non puiden resistirme; un día tan espectacular neste día tan especial só podía facer 1 cousa, reatoparme co meu amor...



E sain con ELA a dar unha voltiña; 1h09' 34 km. o que pase dempois xa se verá.

12 feb 2009

Outra de natación 1000 mts.

Hoxe xa foi un día de arrepentimento por non ter paciencia e agora estar así. Bueno; non hai que facer outra cousa que esperar.

11 feb 2009

Natación 1000 + 4 x 25. Nadando a perna non me manca e manteño limpos os pulmons.

For long time...Wii

E aínda menos mal...Pois iso; como son burro ou simplemente non gusto das medias tintas fixen o que fixen e levo 2 días coxeando que dou noxo salvo co mando da Wii; e que sempre hai un lado positivo e non conquería subir a PRO no tenis e agora xa o teño...Non se consola quen non quere. Mañan escomenzo a nadar.

8 feb 2009

1,2,3...probando...probando...CRACK¡¡

Bueno, é o que hai. Fun probar porque fastidiabame moito ter abandonado o domingo pasado e non ir hoxe ó campionato provincial de cross en Toreno e ó cabo de 25' o sóleo esquerdo fixo crack¡¡. Agora si que teño molestia para andar e... bueno, parada biolóxica ata finais de marzo e logo pois xa se verá.

7 feb 2009

Hoxe pola mañan natación 1000 mts.

Pola tarde fumos face-lo roteiro das Barrancas de Santalla e tiña os xemelgos queixosos mais non me mancaban.

Aproveitando a pausa

Bueno, agora levamos 15 días sen probas puntuabeis e levamos 3 ou 4 días que a xente non entra resultados novos polo que se pode falar da clasificación como algo 'estable'.

No plano individual temos a dous dominadores claros; na clasificación masculina Jeffxavi leva dende o principio un ritmo de probas e resultados moi dificil de superara tanto na realidade como na teoria; é que 11 probas son moitas de dios... na clasificación femenina a "gran piti" está a facer unha progresión fulgurante e xa acadou o primeiro posto porén non debe de despistarse senon quere que as mais participativas Bibi e Fapabe se lle boten novamente enriba.

Por equipas "Os Chispas" seguen intratables adiante cos seus 5 membros entre os 15 primeiros da xeral mais como dí o Admin na web a chegada de novos competidores moi fortes vaille dar un novo pulo de interese ó tema.

Por parellas as tres primeira manteñen un interesante pulso separadas por só 244 puntos o que garante unha 'tensión' mantida para os vindeiros meses.

O Circuito Correr en Galicia quere agradece-la participación de tanta e tanta xente e a colaboración das probas que nos aportan os seus resultados e os que nos solicitan a inclusión no mesmo; para nós é unha satisfacción que tanta xente se apunte e participe deixando pegadas como que nalgunhas carreiras unha cuarta parte dos participantes enviaron resultados ó circuito e, o mais importante, alguns dos participantes no circuito xa nos fan constar que acuden a probas nas que non tiñan pensado participar polo feito de ser puntuables; mais o mellor é a mezcla de competitividade e camaradería que se ve nos fios do foro do circuito.

5 feb 2009

Ximnasio: 30' de bici estática e 30' de exercicios de tren superior e inferior.

4 feb 2009

E qué dis que che pasou?

Nin eu sei o que me pasou...

Como tiven unha mañan longa pasei o rato facendo puntillas e dobrando a perna, estirando e NADA, non me molesta... logo paso un rato sentado, incorpórome e sinto como un tirón por baixo do xemelgo que cesa ós dous pasos. Estou rabioso polo que me pasou o domingo e porque non vou participar este domingo aínda que non descarto ir trotar si isto non se mostra de unha vez.

Hoxe; Ximnasio 1h taboa completa + natación 500 mts.

3 feb 2009

Natación: 900 + 5 x 50 + 3' rec+ 5 X 50.

De casta venlle ó galgo...

Nestes días un amigo de Lalín subiu á web as fotos de unhas pachangas ciclistas que faciamos de mozos polas terras do deza... Entre risas e lembranzas decateime de que xa naquela historia puxeramos a funciona-lo maxín para que TODOS nos sentísemos motivados á participación: Non había que acudir a tódalas estapas para sair nas clasificacions, as equipas eran 'variables' e tiñamos cousas especiais...Lembro con especial afecto ós "Chámalle X" un sprit especial nos primeiros kilómetros das etapas para os gregarios (nos cales estiven eu incluido moitas veces) era un xeito de motivalos a ir diante no principio.

O asunto é que gosto destas cousas para facer 'piña' entre persoas que comparten unha afección con mais ou menos adicación e vendo esas fotos non atopo tanta diferencia entre aquelo e o circuito CenG, a tecnoloxía e o tipo de actividade permiten mais dispersión e participación mais xa veredes co tempo como as foto nos facemos teñen un aire con estas...



Eu son o de verde da dereita...



E aquí son o que fai o pallaso.

2 feb 2009

Confusion na esquerda e aínda menos mal

Bueno; eu non sei en que vai dar isto... Teño algo de derrame no xoenllo esquerdo, sinto tensión na pisada mais non me molesta o xemelgo e sí a parte superior da cara anterior da tibia e o maleolo externo do nocello esquerdo...en fin, que a perna semella confusa.

Eu fun nadar: 1500 + 4 x 100.

1 feb 2009

O porqué os cans de palleiro non van de caza...

Porque non están feitos para elo.

O simil literario pode non corresponderse co escoitado no vestiario sobre os 'populares' mais... Poren o certo é que prefiro escomenzar dando as gracias; en primeiro lugar á organización do cross de galicia polo esforzo e pola confianza en que a proba se desenrolaría sen atrancos (aparentes) malía ós pronosticos en contra. En segundo lugar, ó meu clube e á súa xente pola atención que teñen comigo malia que desta volta non puiden colaborar como quixera; e, en terceiro lugar ás persoas que se volcaron conmigo para me facilitar os medios cos que participar nunha carreira que, sen eles, non houbese tido a fortuna de tentar afrontar: Elyana e Pedro Nimo.

Tras moitas dúbidas, ruxeruxes e consultas a verdade é que de todo o que prevín aconteceu xusto o que non tiña previsto. Arrincamos algo cedo por si había algún problema na estrada mais chegamos sen atrancos e ainda puiden repartir á xente por Compostela antes de chegar ó circuito definitivamente. Ubiqueime e percurei a Pedro e a Elyana para obter as zapatillas e os cravos e logo a quencer; uns 15' o xusto para romper a sudar, estirei si, mais pode que pouco e me cambiei, acudín co resto da equipa á camara de chamadas e voltei a quencer xa pola 'praia' da saida...

Arrinquei ben e fun poñendome no meu sitio que, desta volta, estaba no tercio traseiro. O circuito estaba moi pesado e custábame sacar os pes da lama, no inicio da primeira volta longa adiantei á primeira persoa e erguín a mirada, a zona do percorrido longo tiña menos lama e os cravos collíanse ben fun a ritmo, coido, mais no alto de todo xa notaba o xemelgo cargado, baixando recuperei e na lama tentei estira-la zancada e alí "plaff" sentín a pancada; seguín uns cen metros mais e o tema diagnosticouse solo así que non o pensei moito e saín do circuito animando ós coñecidos que viñan por alí (Fleky e Manuel); si o tema fose na derradeira volta tería tirado mais con media carreira por diante...

Bueno, xa escribín unha vez que prefiro lesionarme adestrando que nunha proba, desta volta co agravante de terlle fallado ós compañeiros do clube. Coido que houbo tres factores fundamentais, pouco quecemento, escaso estiramento e falta de costume cos cravos.

Aprendín?..."Rompeuse unha progresión; escomenza outra."