15 nov 2006

Momento Máxico Persoal

Onte recibín un pequeno agasallo adiantado do cumpreanos "oficial".

Foi durante o adestramento no estadio de atletismo "Colomán Trabado" de Ponferrada ó que estou acudindo por mor das sesions da Escola Municipal de Atletismo na que está inscrito o "chispas"...

O escomenzar a sesión estaban os da Ponferradina adestrando no campo de herba e alí estiveron a media hora de quencemento-rodaxe que fixen. Xusto cando entrei na pista para estirar i escomenza-lo traballo vin a un home recollendo eses conos de cores que se empregan para as 'pistas americanas'; era "pichi" Lucas o adestrador do equipo e asaltoume a lembranza.... O primeiro poster do 'meu' celtiña o tiven en 1981 cando este home era o "killer" de Balaidos. Que casualidade, ate ese intre non me lembrara delo e ó telo alí a menos de 5 metros ¡bang! saltou a emoción da memoria.

Iniciei o traballo (intervalos 400-200 facendo os 400 en menos de 1:27) e cando ia pola 4ª repetición vin entrar na pista a un atleta que ata daquela non vira por alí; xa viña de face-lo quencemento e se colocou na recta de meta trotando levemente; eu arrinquei e cando ia polo 200 oin como un "flusss" e, xa sen mirar, apartei á calle 4. O tipo pasou como un AVE. Cando cheguei a meta me dixo "puedes seguir por la 1 que no nos estorbamos"; esa faciana érame coñecida mais non caia eu... trotei os 200 correspondentes e na contrameta arrinquei de novo, e de novo "flussss", apartei e pasou o AVE. Ó cruzalo na meta levandou a man dándome paso para a 'calle 1'. Rematei a serie e por alí andaba un amigo adestrando a uns nenos de tenis que me dixo: "Menudos adelantamientos te mete Sergio Gallardo" e cain. O mais coñecido nestes intres do atletismo berciano, quinto no 1500 nos europeos de gotemburgo estaba TRABALLANDO nas avellentadas pistas da súa cidade. Corrin o resto dos intervalos pola calle 4 sen deixar de ollar a facilidade coa que este home me doblaba en cada volta.

Rematado o planificado me acheguei á zona da pértiga a face-los estiramentos mentres Dani era "introducido" nesta disciplina atlética... Un monitor implusaba a pértiga e outro o impulsaba a él que se deixaba 'voar' entre berros de ledicia; estaba a pasalo en grande e non tivo medo en ningun intre.

Para remate estando nestas: un ollo en Dani dando alaridos do divertido que lle resultaba a carreira e o salto e outro ollo na pista con Sergio Gallardo... Entrou Alex Martinez que viña de facer unha rodaxe por fora das pistas, saudou a todos; incluidos os nenos, estirou e pasou ó campo para facer unhas diagonais.

Foi para min, ser doado de conformar, un momento máxico pois xuntáronse pasado, presente e futuro ó meu redor i eu; coitado, me sentía feliz de ter feito o meu plano e estar en disposición de acudir á miña "cita co destino".

No hay comentarios: