30 dic 2005

Xa foi...



Como unha relación de parella a distancia ou que non vai ou como a proto-democracia esta na que "a metemos" de lustro en lustro. Así vai ser a relación da selección galega de fuchibol e os seus siareiros...

Eu coido, xa o teño dito, que esto non acada os seus obxectivos "oficiais" como xa comentei en Xornal.com:

Politicamente: Contribue moi escasamente á 'consciencia nacional'. Coido que un xogo de pantomima cada ano fai pouco para crear ese sentimento e por riba fai "estranos compañeiros de cama" fillisimo no partido dos separatistas
Deportivamente: Ainda que as crónicas son boas e o xogo foi vistosiño coido que pouco ou nada fai pola difusión do deporte como hábito san e para tod@s.

Ó cabo, só serviu para teren fotos, cromos e comentários algo rancios...
Nachonalista

27 dic 2005

Mais sorte que as ovellas.

Digo isto porque levo uns dias agardando a ver si nalgun sitio colgaban algunha foto mais VSQN.

Dende logo que é unha mágoa; veredes, dende a saida até o Km 4 mais ou menos a carreira discurriu por un poligono industrial, mais, logo tómase por unha estrada comarcal i ahi escomenzaron a súa carreira as "outras" participantes. Eu corrin con elas algo mais de 5 Kilómetros incluindo o repeito do km 7 e si quería ter probas non é só por ter unha foto dunha chea de xente correndo acompañados dun montón de ovellas senon que, para mais cachondeo, as 4 ou 5 de que ian en cabeza eran NEGRAS.

As pobres non mereceron mais ca un escaso comentário na páxina oficial da proba...
, y como anécdota la visita de un rebaño de ovejas en un tramo del recorrido.
Ainda que a cousa é bastante comentada pola xente que alí estivemos, como estes comentarios nos Foros de "El atleta".
Quizás, el único tirón de orejas que le hago es que no se hayan llevado premio las ovejas que nos han acompañado desde la salida hasta el km. 15 de la prueba, corriendo por el lado izquierdo de la carretera comarcal. Se han portado fenomenales las ovejas y algunas hasta nos han demostrado que están en mejor forma que muchos de nosotros. Así que me jode que no se hayan llevado figurita ni tampoco trofeo en categoría animal.

las ovejitas las pobres también merecen una distinción aparte, pues aunque resultaban ser un peligro, corrieron unos 12 kms.

nos encontramos con el ya famoso rebaño de ovejas que no nos abandonará hasta el km15, menudo ritmo llevaban, me dio en broma le digo a mis dos compis que las primeras tienen que ser negras jejeje.en km15 las ovejas se cruzan por toda la carretera para entrar en su 'corral', menos mal que no provocaron ningun incidente. Le comento a mi compi que las ovejas son tan 'tontas' que con el lote de correr que se estaban dando, mas de una la palmaba ya que no se pararian

18 dic 2005

Mellor Marca Pesoal

Cando un practica deporte popular sabe que o principal reto é superarse a si mesmo... Así as cousas un vai conquerindo certos rexistros (No Km., nos 5 Km., nos 10 Km., na Media Marathon...) que van sendo os auténticas marcas a superar. Por iso sempre digo que o mellor que pode respostar un 'popular' cando fala dunha carreira na que participou é Mellor Marca Persoal.


Hoxe conquerin mellorar a miña marca persoal na media marathon deixandoa en 1h.,21',34". Co que vexo culminados os esforzos destas 8 semans de 'plan' de adestramento confeccionado polo amigo Nercellas e testado ate a saciedade nas fines de seman...

A media Marathon Sevilla - Los Palacios é unha proba veterana (27 edicions) cunha organización ben engraxada e apoiada por moitos voluntários e as institucions. O percorrido non é chan mais concentra a maioría das subidas nos primeiros kilómetros (até o 13) en rampas longas e mais ben suaves con bastantes descansos salvo unha rampa un pouco forte no Km. 7. Os cruces están ben controlados e indicados, o firme en bó estado, está marcado cada Kilómetro (e ben medido) e os avituallamentos están cada 2,5 Km. con auga, esponxas e laranxas a ambolos lados da estrada. A chegada á vila de Los Palacios é apoteosica pois en tódalas rúas ahi xente animando e aplaudindo. A zona de meta está ben organizada con avituallamento sólido e líquido, agasallos, vestiarios-duchas e información do teu resultado ó pouco tempo de rematar. O tempo foi esplendoroso e a temperatura ideal.



Así as cousas non tiña escusa posibel e obrei con bastánte sentidiño dende a saida. Fixen os primeiros 5 Km. en 17'56" e pasei o 10 en 37'20"; sempre tiven xente ó meu redor o cal é reconfortante; souben que podia conquerilo cando me vin no 16 en 1h.01'. A partires de ahí e até o 19 aguantei 'pegado' a unhas pisadas e logo me deixei 'flotar' por entre a xente que animaba nas rúas; dende o 20,5 vin a liña de meta e voltei a apretar o que puiden.

16 dic 2005

ALEA JACTA EST.

Ben, eiqui un "flandul" que quere deixar constáncia.

Tras 8 semans de "plan" dentro de unhas horas collemos o coche cara a sevilla. Xa mandarei un Post-SMS co resultado mais tamén o poderedes consultar en:



Gracias a tódolos amigos polos consellos e os ánimos...

13 dic 2005

Vai outra de Mascota.

A 15 días para a estrea da nova selección galega de fuchibol os da VA-CA fixeron realidade o anunciado en "orsai, nunca mais" e apresentaron a CUJA

Ay, que 'juapiña' coa sua saia e a camisola de deseño... Isto viase vir dende que os de aduaneiros sen fronteiras lle fixeron o magosto a CASTANIÑO

12 dic 2005

Un ano de xoenllo novo.

Vai un ano que 'pasei polo coitelo' e vou adianta-lo post que tradicionalmente se fai como remate do ano natural e vou recontar as actividades deportivas deste ano (que para iso é este blog).

O 14 de Xaneiro collín a alta; i escomenzei a trotar. Pasei o Entroido nadando e logo me lesionei nun sóleo, Peregrinei e por fin voltou o sol en Ferreirua (Media Marton 1h.,30',38"); logo voltei a Betanzos (Media Maraton 1h,24',48"). Logo me voltei a lesionar na Travesía dos montes aquilianos e marchei de vacacions que rematei participando na Marcha cicloturista curotiña. En Agosto participei no Triatlon de Allariz (1h,32,59").
Escomenzei a "tempada" cun doblete en Ponferrada (10Km? 37':18") e O barco (Milla non sei o tempo; mais polos 6' andaría). Continuei correndo "en casa" desta volta en Lalín e foi entón cando me pasou 'o de Pontevedra' (Media Maraton 1h,23',26") e 'o de carral' (9 Km. 34'42"; resultados sen publicar). Xa metidos "en fariña" chegou a pedestre (47'19"), San Martiño ( 10Km. 38'00") e participei de casualidade nunha proba de 10 Km. en Ponferrada (37'40"). Participei na carreira de San Fins de Vedra ( 7,5 Km. 28'35") e na Volta á ria de Ferrol (Media Maraton 1h,25'00") para rematares onte coa Lugo Monumental ( 10Km. 37'59" ).

Non me debería queixar pois non teño motivo; se hai un ano me din que vou facer todo iso... Un debe ter ansia por mellorar e traballar centrado nelo mais non obsesionarse e ser consciente como dí a miña compañeira que "as progresions rematan".

11 dic 2005

"Lujo" entre Bi-Néboas

Hoxe ¿Pola mañan? corremos os 10 Km. Lugo Monumental 2005, cunha destacada ausencia de temperatura e de luz mais cun ambiente excelente.

Tan só 1000 valentes nos botamos á pescuda do camiño nos escasos 50 metros de visibiidade após de agardar baixo a pancanta a que a organización suplise con boa vontade a estreitez da zona de saida.

Ainda que fixera o firme propósito de non me aturullar na saida non o conquerin e voltei a facer unha carreira de mais a menos; o 1º Km. en 3'35" no Km. 5 fixen 18'32" (3'42") no 8 ia en 30'24" (3'48"); fixen a muralla en 9:07 e na meta 37'59" segundo a organización ainda que eu pasei o reloxio da meta en 55"... misterios do chip (3'49"). Para min o importánte é que non pasei malos momentos, fun o meu pasiño de Kan e disfrutando da carreira, xa sabedes, falando e animando. Hai 2 anos fixera 38'35" e sofrira moito na muralla. Ó cabo, de onde non hai pouco mais se pode sacar... supoño que a partires de certo punto si que conta a "calidade".

O único que me fastidia do resultado é que para unha vez que o sprint dos derradeiros 200 mts. me sirve para adiantar a alguén pois resulta que por ese adiantamento non me tocou o lacón pois cheguei de 149. Desta volta o dezan Alfonso T.C. fixo un mellor esforzo ca min (nótanse esas sesions no estadio eh?). Moita xente do Deza (alguns dezans 'de Teo') e do Bierzo con moi vistosos 'piques' incluidos. Mención á parte para o "Viti" que rematou a proba en 1h 20'; cando o adiantamos caseque na porta de Santiago houbo un compañeiro que coidou que lle pasaba algo e solicitou asistencia a un membro da organización... cada quen vai ó seu paso ou non vai como lle aconteceu a Lolo Penas que non puido rematar pois almorzou tarde (ás 10:50) e claro, o flato non respeta nin ó mais pintado. Espero con ansiedade as fotos de Nacho-r en Fotoatletismo.

Foi moi agradable compartir o xantar cos compañeiros do clube "Pato Blanco" de Celanova e con moita outra xente... mágoa de ires só e andar sempre con prisas.

Quedan me 5 'miles' e xa estarei para o que sexa.

10 dic 2005

NERCELLADA

Mentras uns cantos nos xuntabamos para tentar de por en marcha un clube/sección de triatlon en Lalín os Nercellas fixeron a convocatoria dunha nova edición da "NERCELLADA" un formato de adestramento lúdico-competiconmemorativo que nesta edición terá lugar ás 18:30 horas do 31 de Decembro con saida na cabeceira do parque do pontiñas (Lalin) xusto por detras do "Barriga verde".

Documento Inicial Circuito Correr en Galicia



Como son bastante inutil para os foros PhP e o BBcode e non son capaz de crear táboas nese formato elexin coma opción "colgar" o documento inicial en webcindario (formato .doc 99 Kb); para facer propostas ou comunicar dúbidas empregade este fio dos foros de correr en Galicia.

4 dic 2005

Invernia na ria

Hoxe fun facer un test na XX volta á ría de Ferrol-Memorial Adolfo Ros. Visto o resultado semellaría que non me foi mal: 1:25':00" e 49 dos 269 que chegamos á meta polo tanto cumprin tres dos catro obxectivos que tiña para esta proba: 1- Rematar, 2- Mellora-la marca de hai 2 anos, 3- Mellora-la marca que fixera con 25 anos (1:25':50") 4- Facer un test nos 10 primeiros Kilómetros (menos de 38').

Mais; as malditas "sensacions" non me acompañaron mais aló do Km. 5 (18'30"), pódome excusar nas costas que houbo cruzando Ferrol mais o certo é que non ía ben e que cando me vin no Km. 10 en 38':55" me viñen bastante abaixo, tanto que fixen os seguintes 5 Km. en 21'; dende alí ate a meta conquerin manter un ritmiño algo mais xeitoso e rematei co derradeiro Km. a 3'55" mais xa estaba todo dito.
Apueri a marchar para chegar ás 3 e fixen ben pois xa durante a viaxe me foi molestando o abdome para logo convertirse en dor e, ó cabo, en diarrea... E sería o medo escénico?; e seria.

Da organización deixo dito en Correr en Galicia.

2 dic 2005

Morreu Alejandro López

Onte faleceu tras 8 meses de calvario o triatleta Alejandro Lopez que sufrira un embolismo durante a disputa da VIG-BAY 2005 que o mantivo en coma até antonte.

Un grupo de amigos xa lle organizara unha homenaxe en Novembro e agora todos agardamos que se organice algun recoñecemento o día 11 na Lugo Monumental e tamén na VIG-BAY 2006.

O noso pésame á familia e amigos.

27 nov 2005

!!!Carallo que frio¡¡¡

Onte pola mañan sain facer unha rodaxe longa (1º45') polas pistas de San Lorenzo e ainda que ia abrigado me chegou ben... Mentres ia deixando pegadas pola neve acordeime dos compañeiros que hoxe están na Maratón de Donosti.

Meses de esforzo e sacrificios se poden estragar por un tempo así. Frio e auga son mala combinación para correr unha proba tan esixente como unha maratón e xa deixan de contar as series, as progresións e as rodaxes. A alimentación, un grupo numeroso, bebidas quentes etc. pasan a ser puntales nos que se apoiar para rematar un desafio así.

Sorte a tod@s.

21 nov 2005

San Fins de Vedra

Onte fun disfrutar da paisaxe de outono ós pés do mítico Pico Sacro nunha festa do deporte organizada con moito espiritu e corrección por unha asociación veciñal; como xa sinalei noutra ocasión quen lle dera este entusiasmo a moitas organizacions.

Sobor dun trazado típicamente galego se correron probas para tódolos grupos de idade con participación de moitos nenos (que gusto ver tantos da escola municipal de atletismo do Deza); na carreira de adultos participamos 150 persoas sobor dun percorrido, como non, mal medido mais ben indicado e protexido... Non quedei moi satisfeito polo resultado (28'37"; 48º) mais as sensacións foron moi boas no referente a manter un ritmo rápido pensando nunha distáncia mais longa... Tiven a fortuna de atopar a compañeiros ós que facía 14 anos que non via (e seguen a ter pelo...) e xente do deza da que non sospeitaba tal afección e que o fai moi ben.

En féminas gañou Noemí Villar Vargas do Gorras Bierzo que seméllame que está a obter unha boa progresión neste ano.

Edición 23 de Novembro


Onte colgaron en correr en Galiza os resultados (.PDF 63kb); (46º; 28'35") bó esforzo dos webmasters, menos bó o meu mais paseino ben.

14 nov 2005

Despiste

É que estou no mundo porque ten que haber de 'tó'. Onte laiandome eu de ter que ir só a correr pola fermosa paisaxe berciana... Viñeron uns amigos a visitarnos xusto cando eu ia sair (11:30) e me din:
-"¿que, vas a la carrera eh?"
i eu digo
-"Si, voy a correr por el monte un poco"
-"como, ¿que no participas en la Media Maraton?"
-"¿que media maraton?"
-"la de Ponferrada..."
-"¿tu que dices?"
-"Que hoy hay una media maraton en Ponferrada; que está el tráfico cortado en el centro.. Lo lei en el diario de León."

Corrin ate o PC; carguei a páxina e eli estaba a nova... "Me cago en Poncio Piloto". Collin as 'rodas' de correr, o pantalon e a camiseta das ocasións e ala me fun (11:45).

Dentro das actividades do II Maraton Deportivo 'ciudad de Ponferrada' habia unha Media Maraton e carreira de 10 Km. Por sorte tiven a prudencia de me apuntar á carreira de 10 Km. (!!!e que gañas tiña eu da media¡¡¡) pois tomei a saida (12:00) sen quencer nada.

Foron mais de 10 Km.(o 10 paseino en 37':40") e me sentin ben; non me molestou a perna para nada. A organización pois; o percorrido estaba ben sinalizado i era bastante chan, habia auga e ate habia público animando. Mágoa outra volta da mala (pésima) promoción que se fai destes eventos; eu fun á piscina de arriba (universidade) 3 veces na seman, fun ós 2 estadios de atletismo, fun ós 2 parques polos que corre a xente en inverno e non vin cartel da carreira en ningún e o cartel do 'Maraton deportivo' só falaba do desfile dos clubes e da entrega de medallas a deportistas.

Eiqui tendes a proba gráfica por cortesía de Bierzo Deportes. Como facía algo de 'rasca' puxen unha camiseta por baixo e as luvas.


13 nov 2005

Paron...

Por iso é que hai que aproveitar o que se pode... Pois a molestia do xemelgo resultou unha sobrecarga e/ou tendinite e me tivo PARADO toda a seman. Recoñezo a miña adicción á actividade física e confeso que o pasei moi mal; i é que cumplir anos e non poder "celebralo" 'reventando' co crono (que non reventando o crono) nen tan sequer nadando me resultou moi duro.

Ainda por riba de tantas opcions que hai para ir a facer bulto esta fin de seman tanto en galicia coma en outras partes pois... ná de ná. Sairei polas pistas a rodar e mirár os cúmios nevados por riba das pinceladas ocres e roxas das viñas e os soutos.

7 nov 2005

Magosto, Matanza, Martiño...

Xa pasou a San Martiño 2005; foi, outra volta, unha festa do deporte popular cunha organización de grande nivel e unha participación que lle dá azos ó desexo de que se extendan os hábitos de vida sans.

Non me saiu mal (38'00" a 3'48" posto 181 da xeral e 28 da categoria) conquerin facer unha carreira mais regular tanto por postos (178 no 1º control e 182 no 2º) coma por tempos (fixen os 2 derradeiros Km a 3'45") mais quedei algo tocado nos sóleos da perna esquerda polo que nesta seman haberá que baixar un pouco o ritmo... A clasificación inclue a interesante opción de "tempo real" que axuda a valorarse a quenes non puideron/quixeron poñerse "no mogollón" durante a saida.

O meu querido mister "a frecha nercelleira" fixo un gran papel na sua reaparición (posto 50)... agardamos con interese a tempada de cross para velo repetir esto. Cristian Diaz tamén fixo unha carreira inmensa (2º Ourensan, posto 21 en 32'22") mais vai ter que tomar as cousas con algo de serenidade nesta seman pois tiña un hematoma importante nun xemelgo.

Grande papel da abondosa delegación berciana; o Cacabelense Jonhatan Descosido Gonzalez entrou en 34'26" como segundo Junior masculino (só a 5" do 1º), Hugo Alvarez Alvarez do Gorras Bierzo de Bembibre foi 3º na dita categoria con 34'35" (xusto diante de Nercellas), Ricardo Gracia Sancedo quedou 7º na categoria M-40 (35'36"), Sergio Fernandez Macias quedou 7º na categoria Junior e Noemí Villar Vargas foi a 9ª fémina (6ª senior).

A próxima cita... ah? a ver: Temos Negreira , Lugo ou Quiroga. ¿Qué será? pois xa se verá.

Para rematar un chiste doado...
-¿logo quen gañou en Ourense?
- O Kamais
-¿Kamais?
-Si, O que mais correu...

26 oct 2005

Resultados e mais fotos...



Xa se publicaron os resultados... Vaime pasando ese pesar que tiña por querer dar mais e non seren capaz. Vexo que xa estou nunha zona na que a diminución de 30" no total (de 3'48"/km a 3'45" )me houbese feito avanzar moito; de tódolos xeitos visto obxectivamente non está mal. Nunca correra por baixo de 3'50". O posto (268) tamén me deixa bastante contento. A seguir adestrando.



23 oct 2005

Pedestre 2005

Alí estivemos outra volta mais na proba por exelencia deste calendario outonal de Galiza. Nesta ocasión e ainda que a marca foi mellor que a de hai dous anos non tiven moi boas sensacions. A saida coloqueime ben e, salvo o lamentable incidente da camiseta que tirei (lamento sinceiramente ter molestado a outros participantes), sain ben colocado; tanto foi así que me forcei a ir a un tren que non é o meu e claro; ó kilometro e medio xa me asubiaban os foles... baixei á cruda realidade das miñas capacidades e limitacions e fun vendo pasar xente e tentando me concentrar no meu pasiño de Kan...na Virxe da cerca conquerin de novo un ritmo mais homoxeneo e a baixada da Rúa da Rosa me truncou pois non souben alonga-la zancada e funme freando co conseguinte cansanzo. Na costa da Praza de Vigo me pinchou o xoenllo esquerdo e dediquei un tempo a ver si aquelo ia a mais ou era froito dos medos. Pasei o control do chip en 25' e algo i encarei con medo o seguinte paso porque a baixa da costa do Galo é o mais perigoso para as miñas características. Ate o paso por diante do vello hospital non me concentrei na proba; fun collendo o meu pasiño e tratando de manter o meu ritmo de 4'/Km. até o pé da costa de Vite ia por baixo desa media. Na costa non me foi mal, non me cebei nin afrouxei en demasía co que cheguei a rúa San Roque (2 Km. á meta) en 40'. Ia pois no tempo e dixen "Viva San Fermín" e apretei todo o que puiden polo casco vello.


Hai o vou.. xusto no medio. Cheguei en 47'19" segundo o meu crono. Ainda a restora non se publicaron mais ca os resultados dos 50 primeiros.

O resto dos Pupilos de Xosé Nercellas (a frecha nercelleira)Foilles ainda mellor. Cristian Diaz quedou de 16 con 39'19" (en postos "de pasta"), e Martiño Nercellas fixo unha espectacular reaparición tra-lo retiro laboral...


A meteoroloxía foi boa para a carreira de adultos e magnífica para a dos rapaces, a organización estivo ben e, como queixa anecdótica dicir que o posto de auga podería estar 100 mts antes e que debería haber xente dando auga dende os dous lados da estrada para evitar que alguén se quede sen ela.

Ó remate alí na praza sempre hai moi bó ambiente entre a xente e repartense moitos tripticos de información de carreiras próximas. Mais, o mellor e atoparase cos amigos e ver o ben que lles vai.


I é que desta volta a miña compañeira fixo un sobresainte traballo como fotógrafa e conqueriu imaxes de grande beleza plástica tanto no paso pola rúa do vilar como na saida.


19 oct 2005

A miña versión e resarcimento.

Cando escribin o post sobor da carreira de Carral pouco sospeitaba eu que a confusión nun cruce a falla de 1 Km. dos compañeiros que me precedian fora ter algunha repercusión; mais o certo é que segundo a prensa local (ollo .pdf) quedei de segundo na categoría absoluta B.

Reafírmome no dito ós compañeiros que padeceron ese erro na liña de meta: "Non é xusto". non quedei a recolle-lo premio porque case nunca quedo ós protocolos de premiación e porque tiña que chegár ó Barco ás 3 e ia moi mal de tempo, mais podo afirmar que houbese renunciado o dito premio porque considero que non me corresponde. O tempo que fixen na proba ise sí que non ten enmenda e me deu moi boa sensación.

18 oct 2005

CASTANHINHO

Xa que hai que ter selección de Fuchibol para sermos NACIÓN cando menos ter unha mascota enxebre...


17 oct 2005

Carral, Un inferno.

Onte fun ate Carral coa sospeita de que era unha proba dura pois así mesmo o deixaron caer os da organización nos foros de Correr en Galicia.

Cheguei cedo e andiven mirando unhas fotos do circuito sacadas de googlemaps 3D e uns perfiles (logo vin que estimativos) do percorrido que xa me inquietaron bastante; mais o esquema da proba era "Sube e Baixa" así que decidin quencer ben (que non moito) e sair forte. Até o 3º tobogán non apreciei o dura que era a proba; tras 2,5 Km. cando un xa coida que escomenza a baixada chega "o muro de Cabrois" i é que atravesar esta aldea foi unha experiencia traumática porque non podías apreciar canta costa (¡¡e que costa!!) quedaba polas curvas que se daba entre as casas. Así, entre bufidos de desesperación e as risas dos lugareños por fin se relaxou a costa y escomenzou a baixada... con tobogans. A tirons e algo desmoralizado cheguei ó avituallamento sabendo que quedaba outra "subida de algo máis de 1/2 km cunhas ptes fortes no inicio" e alí casi morro; mais fixen ben non me cebar pois puiden rematar con forza e facer un bó tempo (polo meu crono 34'42" a 3'58").

Ó cabo, unha mañan fermosa, unha paisaxe fermosa, xente moi voluntariosa facendo unha boa organización (algun fallo nos cruces e na carreira infantil) e que se repita moitas veces.

11 oct 2005

Nercellas Power

Informan os nosos correspondentes nercelleiros que desta volta XabiNer acadou unha grande actuación no triatlón de longa distancia (4 km de natación, 114 km de ciclismo e 30 km de carreira a pe) Home de Ferro de Ibiza.



Na páxina da Federación Española de triatlon tedes a crónica oficial e a clasificación. Hai o está 9º do campionato estatal cun tempo de 6 horas e 51" IM-PRE-SIO-NAN-TE. O que non conta esta crónica é que a Xabi o penalizaron con 30" (seica por ir a roda) e que por iso non foi 8º.

5 oct 2005

Mira ti por donde... As dúbidas.

Cando escomenzou a tempada participei na carreira "Ponferrada sin mi coche" e deixei dito que estaba mal medida; logo me informaron que un garda non nos enviou por onde tiñamos que ir (non sei si a todos ou só a alguns); o certo é que fixemos menos dos 10 Km. pero mais de 9 (seica). Agora atopo na páxina de Multiesports Galicia os resultados (son as vantaxes de ter chip) o tempo non me desconcerta tanto visto o resultado de Pontevedra o posto si, ainda que a participación fora pírrica (porque con tan poucos participantes unha popular perde). Os resultados da milla de O Barco (.pdf) só traen ós 3 primeiros de cada categoría; eis a diferencia entre cartos e vontade.

3 oct 2005

Saida en Pontevedra

Non, non estou a falar de sair "de marcha" (que tamén); nen estou a seguir a senda de Sete Gibernau ese gran saidor das curvas, o que acontece é que Onte na Media Maraton de Pontevedra(.pdf) me sain de min mesmo.

Xa me dixeran que era un trazado para facer bó tempo i de seguido o comprobei pois pasei o Km 1 en 3'05" (seguro que estaba mal medido, pero: ¡¡que ilusión!!)A cousa ia moi ben co vento a prol e un grupo de xente experta na distancia tirando; chegamos ó Km. 10 en 37' (esto si que foi un pasadón; para 1º16') No xiro da farola pasei de 59. Co aire xa de cara primeiro me adiquei a aguantar detrás do grupo até o Km 15 (55' outro tempazo ) e logo me "abducin" e fun tirando co pasiño que puiden. Cando me vin no Km 18 animado polo mesmísimo Manuel Rosales (sabedes que lle teño gran admiración) entroume un ataque de euforia e conquerin non mingua-lo ritmo moito co que cheguei ó Km. 20 en 1º13' (para 1º21') logo xa si; fun algo mais lento ate chegar en 1º23'26" e 62 dun total de 419. Nova marca persoal desta xeira.

A organización é mellorable no percorrido (mira que non corta-lo tráfico) mais non é tan nefasta como se dí en certos foros... A meteoroloxía (agás o vento) foi o ideal e logo o disfrutei coa mellor compaña polo remozado casco vello da cidade.

25 sept 2005

As Dores



Co estómago a estourar e o postre na gorxa (ás 17:30 estaba co postre no plato e a carreira saiu ás 18:10) fun "facer bulto" na V carreira popular virxe das dores - memorial Vicente Agulló. Algo enfadado cos amigos Nercellas que non participaron e si viñeron ate alí a pasar un bó rato.

É unha putada que se faga unha proba así na tardiña dun dia de festa cando xa se sabe que nas aldeas e vilas non se escomenza a xantar até as 3 (hai que ir á sesión Vermut); é unha putada non correr pola vila como se facía hai 2 anos, pero o peor é por unha saida ancha, por asfalto costa abaixo (forte pendente) i en escasos 100 metros ter que ir de 2 en fondo logo de facer 2 curvas de 90º nun terreo embarrado.

Gañou o amigo Cristian Diaz a quen "King África" lle deu...as gracias;ainda menos mal que o pasou ben pola noite. A min foime ben, non vomitei os ricos callos da miña nai nin a larpeira do postre, disque cheguei de 37 entre 116; non sei o tempo nen a distancia pois, para min non tiña interés... .

18 sept 2005

Escomenzou a tempada

Outro ano mais co remate do verán escomenza "a tempada" de carreiras populares; este ano iniciei cun dobrete: Pola mañan participei na III carreira popular "Ponferrada sin mi coche" que se enmarca na semana europea da movilidade e pola tarde fixen de recheo na XIX milla de O Barco de Valdeorras.

I é que dios dá medios a quen non ten participantes e participantes a que non ten sitio nin tempo para eles. A carreira de Ponferrada conta cun desprege de medio que para sí quixeran moitas organizacions de carreiras populares;chip, instalacions e cun decidido apoio do concello e da policía municipal mais estivo escasa de voluntariado e, sobor de todo, de participantes. É unha mágoa que tendo de todo falle o mais importante: A xente. ¿hai tanto medo a participar?; ¿tan poucos 'deportitas por amor ó deporte'?; seica estivo pouco promocionada mais...Por certo: nin fartos de jumilla ten eso 10 Km. (eu non corrin a 3':42" na miña p... vida)

O da milla de O barco é outra cousa; 1º Tinin o home orquesta da organización IM-PRE-SI-O-NAN-TE, 2º a raigame que a proba ten na vila que fai que ninguén se mosquee por te-lo malecon cortado toda a tarde do domingo e que tódalas empresas da bisbarra se 'mollen' con ela. 3º a súa marcada vocación de canteira e deporte participativo. Por todo elo a milla valdeorresa ten cada vez mais participantes a pesares de ser cada vez mais unha carreira de obstáculos de tal xeito que hai que multiplica lo número de carreiras para evitar incidentes nas saidas. Non me saiu mal; ahí no medio do paquete; non souben o tempo nen creo que teña importáncia; o que eu quería era voltar a correr na carreira na que reiniciei as "carreiras de kan".

24 ago 2005

Os acordos do 23 de Xullo

Ben, como xa indiquei no meu blog mais político, vou facer eiqui a miña valoración do que atingue ós plantexamentos que sobor do deporte se fan nos acordos de gobernabilidade(.PDF) e as primeiras declaracions dos recen nomeados responsabeis políticos do deporte en Galiza.

Se alguen se molesta en leer o acordado atopará unha grande diferencia entre de cantidade e importáncia entre o que se ve no acordo e o que destacan os medio de (in)coumnicación. Dos 8 puntos ó deporte adicados no documento só un está a ser obxecto de atención continuada da voz pública (pensan eles que o son)... O tema das seleccións deportivas. Contribue a elo a constante referencia que fan a el os líderes políticos (sobor de todo do BNG) presionados pola necesidade de elementos distintivos simbólicos que os diferencien dos anteriores gobernantes e que sirvan de 'opio' para o consumo dos seus simpatizantes (entre os que habitualmente veño incluido). Mais, ¿e o resto?; pois o resto é un plantexamento interesante ainda que pouco despregado en dúas liñas:

  • Deporte "profesional"; coa mellora da tecnificación (a ver esas infraestructuras), a flexibilidade no patrocinio , o apoio e participación dos deportistas nos ámbitos de decisión sen implicalos políticamente (Manolo, manolo mais lanzar e menos política...)e 'poñendo en orde' ás federacions deportivas.

  • Deporte "popular"; entendendo ó deporte como fornecedor de hábitos de vida sans e fomentando o deporte base, favorecendo e facilitando o asociacionismo deportivo e as competicions de nivel base onde tal vez esqueceron mencionar específicamente ó deporte para veterans ainda que non se deixou de lado ós xogos e deportes tradicionais.

    Os comentários ás primeiras declaracions do D.X. de deportes Santiago Dominguez veñen centrado no tema da selección de "fuchibol" agás neste caso; no que se aportan argumentos moi bós no canto do fomento do deporte base e o asocionismo deportivo como elementos integradores da inmigración e fomentadores da cultura da igualde de xénero. Eu engado que o fomento da práctica deportiva entre a poboación de edade como factor que mellora a calidade de vida (sobor de todo a natación e a ximnasia) e que a integración interxeracional nas probas populares mellora a percepción que de si mesmo teñen os maiores.
  • 21 ago 2005

    E ainda menos mal



    Xa vai alá o triatlon de Allariz 2005. Tiña eu fundadas espectativas de facer mellores tempos (sobor de todo na natiación) mais as cousas saen como saen e un só pode ir sobre poñendose a elas.
    Cheguei á vila do Arnoia ca alma encollida pola pavorosa visión do val de Monterrei (onde adestrara ainda o día 15) feito cinzas pola sen razón duns desalmados; ansioso e desconcentrado.
    Se me gusta acudir a este triatlon é pola cantidade de amigos que alí atopo.



    A agua non estaba fría e me colocoquei 'ben' na saida, demasiado ben... 'levei' ata no DNI; aturulleime, non daba respirado etc. etc. vamos, que 20' de natación (nese tempo fago 1000 mts normalmente).
    Na bici sain con todo o que tiña, e fun collendo algunha xente ainda asi me 'pasaron por riba' dous tipos que ian "en moto". Na baixada non souben atopar compañía para me corta-lo aire (que viña de fronte a rachas) e, se cadra puiden mellora-lo tempo.
    A carreira a pé foi o mellor; 21' está ben dado o que levo adestrado, o terreo e o cansanzo acumulado.

    Enlace ós resultados(.pdf 75 Kb). (cortesía de Correr en galicia)

    agora engado unha foto dos dezanos que participamos (falta Armando Piñeiro que non quedou ó pincho).


    16 ago 2005

    Helsinki 2005

    Mentres os palleiros esquivamos como podemos a calor para nos adestrar celebrouse nesta seman o mundial de atletismo. Home, que o balanzo non é o mellor da historia é un feito; pero non só para Spain senon para moitos paises occidentais semella que chegou a anunciada hora de ver cantas 'chapas' e postos eran froito da ausencia de rivales competentes e do esforzo individual mais ca dunha estructura socio-deportiva desenrolada ou dun sistema educativo que inclue o fomento do deporte dende a infancia. Con todo ser décimos por puntos (contando 'chapas' e postos de finalista) non está nada mal; o que habería que preguntarse é porqué está por diante Cuba; ese pequeno pais no que o 'comunismo feroz' obriga a facer un bloqueo económico...

    Y é que nesto do deporte a xente tamén ve o que quere ver. A selección con mais éxitos a nivel internacional (títulos mundiais, europeos, olimpicos etc.) é a de Hoquei a patins; o atletismo sempre brinda algunha alegría, Incluso o Balonman e o Baloncesto teñen por costume facer ver os seu emblemas nos podios. Mais, o deporte mais difundido , practicado e comercializado en Spain é o Futbol; un auténtico seguro de fracaso a nivel de seleccions internacionais absolutas.

    Unha mención a parte merecema Paula Radcliffe.



    Esta é para min a demostración de que, ainda existindo diferencias antropo-fisiolóxicas que o xustificasen, non é certo que os occidentais non teñan nada que facer nas probas de fondo. Eu disfrutei moito das maratóns deste mundial; en especial da femenina, con esa confianza que puxo Paula dende o Km. Dous en que ia gañar, por fin, unha medalla de ouro nun mundial.

    Tamén me chamou a atención o fracaso etiope nos 5000 (mira que se pode facer mal unha estratexia).

    En fin, faltan 4 dias para Allariz.

    7 ago 2005

    Preparando Allariz

    Estou todo ilusionado con ir o triatlon de Allariz. Xa vou correteando un pouco (só son 5,5 Km) e na bici veño andando con regularidade; o problema está na natación pois as piscinas cubertas están pechadas á única descuberta na que se podería nadar de verdade non podo ir porque non lles gusta ós meus fillos... Verei de arranxar esto. Hoxe; dempois de 12 anos sain en bicicleta polo Deza. Subin até o alto do Candán nunha mañan esplendorosa e ainda tiven gañas para voltar ata o alto do Toxo antes de ir para a ducha. A ver cando abren a inscripción.

    Onte o amigo Emilio M. quedou segundo no Triatlon de Vilagarcía detrás da grande promesa que segue a ser Gomez Noia. Xabi Ner quedou noveno co cal ven a certificar que, en ocasions é preciso tomarse as cousas con calma.

    2 ago 2005

    Remataron as vacacions

    Non foron tan malas como semellaban; ó final até participei e rematei a XIV Marcha ciclista curotiña organizada pola peña ciclista curotiña de Riverira, mágoa que non teñan a web actualizada. Este ano tamén 'esterei' a piscina cuberta de Riveira co cal puiden comprobar o contraste entre nadar en mar i en piscina. Vou trotando a "velocidade absurda" mais non teño presa, a ver si me podo inscribir para o triatlon de Allariz.

    2 jul 2005

    25 jun 2005

    O que espera desespera

    Non é que me vaia mal mais; qué duro se me fai ver pasa-lo mes sen sequer trotar un pouco cando hai un ano fixera as mellores series da miña vida... a compensación de ir ben (moi ben diria eu) na natación e na bici non proporciona consolo dabondo.

    O amigo Emilio Montilla clasificouse para o campionato de Spain tras unha proba agónica na que estivo todo o tempo a pelexar para remontar (hai meu esa natación). Xa fai tempo que me planteo que nos triatlons a orde das probas debería ser variabel e decidirse ó chou (con tempo para que a organización se amolde); sería interesante para restarlle esa vantaxe da que, actualmente, disfrutan os nadadores.

    Tolerias de Kan que dirá algun.

    4 jun 2005

    ¿É xuño o mes da mala sorte?

    Fai un ano tra-la media de Betanços pasei un mes malo coa leria da alerxia e as molestias no xoenllo esquerdo que me levaron a abandoar na media de Rivadavia e que logo darían a faciana en forma de rotura de menisco...

    Este ano tras mellora-la miña marca na media de Betanços xa estou nas mesmas. O martes Cain na bicicleta; non moita cousa, as clásicas queimaduras na perna e no brazo esquerdo mais xa a inflamación e a dor me alteraron os plans e o rendimento. O derradeiro adestramento (o do Xoves) foi un calvario en tódalas facetas; sobor de todo na das benditas "sensacions" i é que aquelo non remataba mais.

    Hoxe xa foi o colofón; só levava 40' da "X travesía integral ós montes Aquilianos" e nunha subida non moi forte torcir un nocello un pouco, non me mancou no momento mais ó iniciares a forte baixada de continuación o xemelgo da perna esquerd voltoume a pinchar e foi patente a nova rotura de fibras. Seguín andando até o primeiro control e xa non toleraba nen o camiñar. rematei o primeiro; ás 8:30 xa estaba no leito.

    31 may 2005

    Os amigos e os resultados oficiais...

    Xa están publicados os resultados oficiais (1H.24'48"). É unha parvada, pero é a primeira vez que chego por diante da primeira fémina.

    Txiqui fixo unha grande carreira en Betanzos ( 1h19' ) i Emilio Montilla tras vencer hai unha seman no duatlon de Vigo quedou segundo no triatlon de Llanes asegurándose a clasificación para o campionato estatal. A cruz púxoa Xavi Ner que tras quedar 8º en Vigo tivo unha caida no tramo de bicicleta en Llanes e non puido remata-la proba.

    Moita sorte a Txiqui en Zarauzt esta fin de seman; a ver si pode sacar rendimento a todo o esforzo de adestramento que leva feito.

    29 may 2005

    Outra volta Betanços.

    Puiden ir ó cabo até as mariñas a correr a 9ª edición desta media maratón. Non estivo mal, non. A organización ben para os medios que ten, o tempo acompañoume pois 15-16º e nubrado é exelente para min, o vento non me preocupou en exceso e o coñecemento do circuito axudoume a me esforzar nas costas nas que sabía que acto seguido había baixada. Fixen peor posto que o ano pasado ( 44 este ano, 40 de 270 o pasado) mais coido que mellorei o tempo ( 1h 24' 45" por 1h 25' 48" ) e, o mais importánte mellorei con respecto a Ferreirua tanto no total como nos parciais e nas sensacions pois cheguei ó KM. 16 por baixo dos 4'/Km.

    Agora a ver que sae o Sábado...

    9 may 2005

    Por fin...

    Onte voltou o Kan a participar nunha prova deportiva; foi na media maraton de Ferreirua a marca non foi boa (1:30:30) mais para non ter adestrado ren a carreira (nen progresions, nen series, nen costas) pois non está mal; a ademais 38 de 125 non é mala clasificación. Para min o importánte foi que non tiven molestias nas pernas e que non pasei por malas fases, só me adiquei a ir ó meu ritmo en cada tramo.

    Grata sorpresa a do dezano Julio Canda Louzao cun tempo de 1:20:00 no 9º posto e 1º da súa categoria. Promete progresar.

    Parragrafo a parte merece a organización; co seu derroche de entusiasmo fan mingua-la dureza do circuito e merecen o maior recoñecimento pois hai outras probas nas que pagas inscripción e te sintes moito mais abandoado e hai mais caos que nesta modestísima, pero entrañabel carreira; por riba onte fixo un día espectacular... se me colgan as fotos volas ensino.

    31 de Maio: Foto de Ferreirua na saida; ahi atras do persoeiro de Valdeorras estou eu con gafas de sol e dorsal 626 (que punto mais raro me deu, ¿non?).


    2 may 2005

    Tarde mellor ca nunca...

    O 30 de Maio do 2004 corrin a derradeira media maraton (ate o de agora) mais non conquerira os resultados de aquela proba por mais que os percurase... hoxe os publica correr en galicia (en .pdf) mais non estou de acordo pois, cando menos, entrei no mesmo tempo que a anterior persoa i, coido, que nun minuto menos... cousas dos cronometradores.

    Que caralludos os do diario "el pais" presentando os chips como unha novidade cando xa se usaban nas populares no ano 2003.

    Por eiqui seguimos disfrutando da fermosa paisaxe berciana; seméllame que si tivese algo de sorte podería afrontar unha grande empresa hai ó principio de Xuño mais non sei, non sei...

    16 abr 2005

    Prego de descargo

    Confésome culpabel; culpabel de envexa.

    Non comentei ren da VIG-BAY por que o xel que fedia na miña boca non me permitía mais ca bebexar. ¡¡ Que día tan esplendoroso!!; eu sain trotar por eiquí, mais vos xuro que non deixei de oir o rumor da brisa nos pinos de Samil, as oliñas rompendo en Canido nen deixei de sentir o arrecendo a auga salgada...

    Sego a ter oportunidade de ir outro ano.

    Ando empeñado coa bici ainda que este derrariero coletazo do "xeral inverno" me ten algo asustado. A merda da lesión do xemelgo é coma o can do hortelano ese nen podo competir nen deixo de adestrar.

    5 abr 2005

    Peregrinar senta ben

    Fun uns días de peregrino e, ainda que escomencei con mal pé pois resentinme da lesión no primeiro regato que tivemos que vadear o certo é que esta semán de camiñar sentoume ben no corpo e na mente...

    A maldita rotura fibrilar segue a me causar problemas e coido que vou ter que pasar a primaveira sen correr... mentras poda sair coa "becaria" i é que canto mais quere un unha cousa mais semella se lle negar e non hai ren coma non facer caso.

    21 mar 2005

    O mais grande...

    Ten só 22 anos é moi metódico e constante e traballa sen desfalecer...



    Kenisa Bekele é o mais grande atleta de cross de tódolos tempos. Facer un doblete como o desta fin de semana (cunha media no longo de 2:55) está fora do alcance de tódolos corredores actuais (e futuros?).

    15 mar 2005

    Para Vigo (non) vou... :(

    Non ten remedio; un non ten a vellez na mente mais o corpo envellece e non recupera coma denantes; esta rotura ou microrotura non me permite adestrar a carreira e, a menos dun mes para a VIG-BAY o mellor é sermos realista e dala por perdida.

    O consolo de parvos é que caseque tódolos colegas non van poder acudir por diversos problemas físicos ou "de axenda".

    Outro ano será.

    3 mar 2005

    Lesions de vello

    Os anos non pasan sen afectar e á miña edade as recuperacions deberan ser mais prolongadas... Volto a andar coas lesions musculares nos sóleos ou xemelgos; ainda así non paro de todo pois non me estorban para nadar e case non me molestan para andares na bici de montaña así que aproveito para me embarrar ate as orellas.

    A ver si esta finde vexo ós colegas.

    17 feb 2005

    Rodando vou...

    A cousa está como segue... Xavi está na Patagonia facendo treking polos glaciares para confirma-lo troco climático. Pepe está mirando a matricula do camión da gripe que tan inoportunamente o atropelou e lle impediu participar no Campionato E. de cross curto. Emilio quedou coma rei do duathlon galego. O clube triathlon coruña foi galardoado cos premios "galicia deportiva". Eu vou rodando sobre 1 hora e 20' sen maiores atrancos polo que haberá que provar a ir incrementando o ritmo; vai ser... vai ser...

    10 feb 2005

    AntiResaca

    Non sei como dei con elo; debeu ser cousa do "pensamento lateral" mais o certo é que este ano ocorreuseme o que facer pola mañan os dias de entroido...

    Ainda que me deite tarde e arrastro soio acordar cedo e paso a mañan papando moscas (e frio) ata que o resto da humanidade volta á troula. Así que eu collo o coche e me pranto na piscina climatizada e ala.. a nadar, logo unha duchiña quente e coma se non fixera ren pola noite. Listo para outra.

    Boa idea a de ter a piscina aberta no entroido... polo menos para min.

    4 feb 2005

    Entroido

    que tanto adestrar nen tanto carallo...

    Tras catro sesions de carreira continua marcho de entroido.

    Chegou a festa por exelencia: Os días de Licor e fariña, descontrol con "control" e samba agarrada.

    Onde os anxos se transforman en demos...



    Vémonos no TRIANGULO MÁXICO. (e non vai con segundas)

    29 ene 2005

    Xa vou trotando... mentras outros voan.

    Onte foi un día moi especial; por primeira vez dende a intervención fun trotar (50')e semella que ten pagado a pena de me operar. Agora hai que ir con calmiña collendo fondo e ritmo a ver si para a VIG-BAY (10 de abril)...

    Mentras no circuito de Monterrey celebrouse hoxe o campionato galego de Cross corto (4 Km.) non que o gañador "voou" a 2'45". Nesta ocasión o Nercellas voador (3'04") non puido repetir o éxito da semana anterior en Oleiros onde se impuxo na carreira do campionato galego de veterans (ainda que él non o é).

    16 ene 2005

    A FRECHA NERCELLEIRA

    Onte no circuito de Monterrei correuse o Campionato Provincial de Ourense de Cross no que rachou a figura de Xosé Nercellas auténtico dinamizador da prova tirando en cabeza dende o principio e que pagou ese esforzo ó remate da mesma e quedou nunha meritoria cuarta posición a un ritmo de 3:23. Mágoa a foto de "La Región" na que non saiu nada favorecido.

    14 ene 2005

    ALTA

    !!!Ide tremendo bellacos que Kandpalleiro a estar de volta nos roteiros en pouco tempo¡¡¡



    Hoxe fai un mes que me fixen a artroscopia e vou coller a alta; xa estou indo a nadar e vou a escomenzar a facer exercicios isométricos co cuadriceps por aquelo de "substituir" ó ligamento cruzado anterior que non teño.

    O signo ptognomómico (definitivo) de que a cousa non era como a merecia por descoidado foi que fun patinar e non me mancou caseque ren nunha hora asi que estou en marcha de novo; é pronto para me por obxectivos pois ata que escomence a correr non saberei canta forma perdin, mais coido que poderei correr unha "pachanga" antes do verán. Dempois xa veremos...