A verdade é que a cousa pinta moi mal no que á actividade física se refire, a mancadura no xeonllo dereito do 31 de outubro da ó traste con calquer esperanza de corretear e disfrutar do outono e o momento mais duro foron os días pasados en A Coruña co paseo do parrote ahí ó alcance da man e non poder ir correr.
Este mes apenas puiden facer natación por mor das cousas dos horarios laborais e domésticos mais aínda foi un mes "normal" neso.
O derradeiro día puiden colle-la bici e dar un paseo...
Chapotear: 20,6 km
Pedalear: 34,7 km
Blog específico para ás miñas actividades de exercicio e ó deporte en xeral
30 nov 2016
6 nov 2016
Menos menisco mais diversidade
Ainda non vai unha semana dende que me manquei teño claro que só é un punto indicativo de algo que xa viña pasando e continuará...
Non teño claro qué carafio está roto ou mancado ahí dentro semella o ligamento cruzado ou o lateral pero dá algún síntoma meniscal así que como aquelas relacions adolescentes que remataban sen rematar voulle dar tempo e logo vou calibrar si está roto ou só mancado. Si está mancado haberá que face-los exercicios axeitados; si está roto... pois xa verei canto me impide facer.
Mentras centrarei o exercicio na natación e pode que na bicicleta si o tolero... Xa vos contarei.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)