31 jul 2012

De volta nas vacacions dos outros

Voltei co tempo xusto para ir nadar antes de que pecharan a piscina cuberta ata septembro.

150 + 1000 + 9 x 50 rec 25 Total= 1800

29 jul 2012

Despedida moluqueña

Derradeira carreiriña polas molucas...

Non moi ben, o de correr pola praia xa se sabe que require adaptación...

10km 50'

28 jul 2012

O duatlón do índico

Hoxe animeime a correr pola praia malía que sabía que o pasaría mal...

10.6 km en 53' 

e a nadar pola tarde... nun auténtico orgasmo porque coa luz o fondo se revelou en tódolo seu esplendor e foi unha gozada

1400 mts.

26 jul 2012

Zanzibar mar

Cheguei a este paraiso e boteime ó mar... a auga morna e o espectáculo que por debaixo de min desplegaban ourizos, estrelas, coral, esponxas, anémonas, peixes de diversas cores, cabaliños de mar.. me fixo moi levadeiro o traxecto (calculado a golpe de google)

800

23 jul 2012

Pouco valor no Serengueti

Desta puiden cumplir e fixen 4 honrosos km no Serengueti; iso si, á beira do Lodge que sinto aprecio polaiña integridade física e os xabalis que por alí vira e os sons das hienas pola noite non aconsellaban coller esas tentadoras pistas chans de terra que seguian cara ó infinito

16 jul 2012

Derradeira...

Por si acaso volto a estar 15 días "en branco"
150 + 1550

15 jul 2012

A modiño se fai camiño

Só tiña este intre para ir e fun...

11 km 52' Lento, canso pero fun... que non sei si terei ocasión de ir ata Agosto.

14 jul 2012

13 jul 2012

Outra polo camiño

Hoxe había unha boa man de peregrinos na ruta, foi entretido... e non me saiu mal

9.5 km 44'

11 jul 2012

Xullo como Abril

Outro día de Xullo no que a temperatura invita a ir á piscina... cuberta.

150 + 1500

10 jul 2012

Sangue nova

Hoxe era o dia moi propio para adestrar, boa temperatura e brisiña Corrin con ánimo e saiume... 11km en 48'50"

9 jul 2012

Auga recen nada

Onte foi un día moi especial para mín... coñecín á terceira xeración dos Silvos... e eso merecía quedar sen adestrar... malía que as emocions moven o corazón tanto como o exercicio. Hoxe un pouco de natación.

150 + 1550

7 jul 2012

Outra pola freca

Hoxe primeiro día en "sólo alojamiento" pero correndo igual que xa antes viña...

9.5 km en 44'32" Nin ben nin mal; de feito, na recta de columbrianos apreteime un pouco e non houbo atrancos.

5 jul 2012

Nadando corta distancia

Hoxe tocaba chapuzón... pero a radio púxome ó día sobre a proba "Batalla de Rande" na que se cruza DE VERDADE a ría de Vigo de Cies a San Simón co tremendo reto de 27 kilometros a nado, as correntes da ría e do estreito e a fría auga do mar vigués...

Eu coñezo a dous participantes, Basurco e Jecarqui (Jesus Carlos de Esprinters) espero que os dous acaden semellante proeza pola miña banda adícome á curta distancia diaria...

150 + 1250

4 jul 2012

Rodaxe cara a ningures

Salvo que ocurra unha eventualidade e me desprace a Compostela á segunda do CorreSan (a do casco vello) semella que estou a adestrar para a galería... ou para rodar pola sabana... Quen sabe?

Hoxe o mesmo que antonte pero mellor, mellores sensacións e, sin facer un grande esforzo (a falta de motivación nótase) un mellor tempo e iso que por vez primeira o GPS do iPhone fallou e moito Igual tivo que ver ese segundo de mais que tuvo o día...

11km 46'26"

3 jul 2012

Outra de auga ollando pola fiestra

Hoxe fun nadar á piscina pensando no bó día que facía para ter ido correr ou na bici ou sequera ir nadar "en aberto"...

150 + 1500

2 jul 2012

Queimado e arrastrado

A torrada de onte na praia semella que a vou pagar unha boa tempada...

Hoxe, ademais estaba canso pola tensión pero tiven a vontade de sair que é o importante.

11km 52'
semella

1 jul 2012

Unha de augas abertas

Cadrou así e aproveiteino. Sin telo pensado marchamos a Miño e hala alí me botei a nadar... a auga estaba superboa e dou gusto facer os 1000 metros.

3000 puntos, boas vibracions e algun atrancos

Un resumo do circuito "correr en Galicia" 2011 - 2012

Onte desenvolveronse as 3 derradeiras probas puntuables para esta edición do circuito galego de carreiras populares "Correr en Galicia" e coido que por unha vez vou facer balanzo e a mollarme de xeito persoal neste espazo.

Foron 151 probas dispoñibles e ben puideron ser unhas cantas mais de non mediar malos entendidos ou simple descoñecemento e debo destacar que viñamos de 125 probas na edición 2010-2011 e das 79 de 2009 - 2010 (que empezou en Novembro) polo que a mellora é sustancial na cantidade.

Tamén nos inscritos medrou a participación pois dende os 473 da tempada 2009-2010, e os 619 da 2010-2011 saltamos ós 784 nesta xeira.

Pero para as estatísticas haberá o seu espazo e intre; eu agora quero agradecer tódalas boas vibracions que me trasmitiu tanta e tanta xente nas probas nas que participei... a retroalimentación positiva é o que anima a seguir pero as críticas constructivas son as que permiten mellorar e neste aspecto hai que destacar que algunhas medidas tomadas non acabaron de gustar porque as solucions propostas para evitar 'picardías' falseou en certa medida a visión certa da clasificación en cada intre.

Logo está o tema de sempre de si o fomento da participación en probas populares se convirte en "hiperparticipación" e si somos ou non responsables ou cómplices de conductas tan pouco sans como o sedentarismo que tratamos de remediar... e o tema de si "é ou non é" correr facer un trail... ou si unha proba de mais de 42 km é contraproducente... Tantas e tantas precisions como persoas pois todos vemos o mundo polos nosos ollos.

Pero mantemo-la esencia: Participación aberta tanto a todo tipo de proba como de corredor, Motivación para tod@s con clasificacions variadas, escoita activa dos usuarios e varios e variados canles de comunicación.

Agora uns días mais de recibir resultados (ata mediados de Agosto) e para as mesmas datas definición final da tempada que ven e apertura de inscripcions para escomenzar novamente en Septembro.