30 jun 2024

O mes truncado

 Bueno pues todo son excusas para quen non da.

Escomencei o mes o día 3 e remateino o día 21. Viña de 15 días de "turismo aerobico" con 30000 pasos/dia e moitas escaleiras subidas pero sen nada de anaerobico. Remato cun suceso que ben puido ser moito peor para min e tamén puido non ser si non tivera tanto reflexo.

Xullo non vai ser para nada o mes que quería que fora, pero hai que se adaptar a facer o que se pode facer e a NON facer o que non se debe.

Chapoteo: 21,75 km

Pedaleo: 473,2 km subida 5291mts Dureza 11,18

29 jun 2024

Relato dun suceso


O pasado 21 de xuño ia eu tan féliz disfrutando da paisaxe do bierzo...

 Non é que fora unha saida de grande rendemento mais como estivera 15 dias sen sair en maio era a 1ª na que me atopaba disfrutando sen arrastrarme... 

Subín o alto de Pobladura de Somoza e comencei a baixar; vin as vacas ó lonxe e baixei a velocidade

era un lugar no que atopara as vacas mais veces e no que hai unha vista fermosa dos ancares...

O tema é que unha das vacas estaba na marxe dereita da estrada pastando no arcén baixo a sombra dunha árbore... eu pegueime á marxe esquerda para pasar tras dela e logo parar porque o resto das vacas ocupaba toda a estrada... mais a vaca asustouse e deu a volta de xeito súpeto cara a min; por reflexos freei con forza e sain despedido da bici ó chan caendo sobre o costado dereito.

O reloxio chamou ó 112... case non daba alentado e institivamente peguei o brazo dereito ó costado porque pensaba ter partido moitas cousas sobor de todo a clavícula. A operadora pasoume cun médico e mentras falabamos vin vir unha C-15 dende paradiña.

Fíxenlle acenos ó coche mentras falaba co 112 que me informaba que unha ambulancia tardaría 1 hora en chegar así que como o conductor ia cara a Cacabelos lle pedín que recollera a bicicleta e me levara.

A baixada foi mais un xogo de nervios por contactar coa miña xente que pola dor, puiden comprobar que non tiña a clavicula rota e que no costado non había signos do temido "volet" costal.

O Médico de Cacabelos me explorou con minuciocidade e consideramos que non pagaba a pena mandarme ó hospital en ambulancia (un recurso escaso polo que se ve) e que si tal me vise o meu médico... así pois me levaron á casa, me duchei e botei antiséptico nas feridas (mais pequenos cortes que abrasions) e fun á consulta do meu médico para xustifica-la ausencia ó turno de tarde e logo xa veríamos.

 Na fin de semana tomei antinflamatorios a punta pala pero conseguin durmir na cama pasando dor ó erguerme de cada silla, sofá ou cama pero podía andar e o hombro só me molestaba nunha posición moi concreta (coller a taza de café e subila cara a boca)... o domingo xantando fixen un movemento reflexo cando caia un vaso e a partir de ahí a dor do costado se incrementou.

O Luns fun ver outra volta ó meu médico e na exploración apreciamos que a dor do costado era significativa e me pediu unha Rx...

Algo ó que estaba afeito do meu traballo en urxencias... hai fracturas que non dan a cara ata 2/3 días dempois.

Bueno, tocaba convalecer un tempo e seguir "sufrindo" ó erguerme da cama e o sofá... co que xa non contaba era con que o tema do hombro fose a peor. Non é que doese mais, o caso é que custaba ata comer; calquer movemento co brazo dobrado e tratar de subilo cara a boca ou mesmo move-lo rato do ordenador era molesto e saiu este hematoma...

Así que pedín cita nunha clínica de fisioterapia e me exploraron con ecografo e diagnosticaron escordadura da articulación acromio-clavicular e rotura parcial do ligamento supraespinoso.

E ahí estamos, dándolle tempo ó tempo, facendo o que podo facer e sobor de todo NON facendo o que non debo facer.