29 mar 2006

Tocando Fondo

Agora que ven ó bó tempo (e a alerxia) é cando mais preciso de facer 'algo' por fora da casa pois compreme estares ó sol mais...

Teño unha tendinite (e van 4) mais desta volta pola súa localización e gravidade non me permite nen andar en bicicleta. Padezo dun problema na implantación do tendon peroneo na base do metatarso posiblemente por unha pronación esaxerada (pisar por fora). Eu sempre fun algo pronador pois sempre desgastei o calzado mais por fora (sobor de todo o dereito) o que non me explico é porqué se manifesta agora e non cando facía adestramentos de 2h e media...

Teño que arexuntar toda a paciencia que poda ter comigo mesmo pois non só non debo correr ou andar na bici; mesmo facer eses longos paseos coa familia non me está moi recomendado para recuperarme deste problema.

Ó cabo, toca "mirar dende toriles". E traballar cos números.

25 mar 2006

Rumor con Fundamento

Marathon de Galiza

Curta é a sequía cando a choiva chega...
Por fin se está a organizar unha maratón en Galiza; será para o outono (barallase o 22/10) na xa tradicional zona do baixo miño ainda que cun percorrido 'mais suave'.

Eu téñolle especiales gañas a esta proba por seren a "Nai de tódalas carreiras" e por tratarse da marca que levo clavada... nas pernas.

Espero que para esas alturas do ano xa estarei ben recuperado.

Unha certa discreción me impide enlazares a fonte orixinal da nova xustamente porque é de confianza e da confianza non se debe abusar.

24 mar 2006

Segue a mala racha

Este non vai se-lo ano de ires eu á VIG-BAY... teño que ir pensando en me encomendar a un santiño ou unha meiga poi sempre 'pincho' para esta proba i este ano apetecíame especialmente por diversos motivos.

GZpower


No campionato de españa de duatlon por autonomías a selección galega deu un altísimo rendimento (agás na categoria absoluta) e se proclamou campiona.

Xabi i Emilio estiveron discretos; se cadra algo conservadores no 1º tramo de carreira?, non sei. É tan doado falar e tan dificil facelo ben.

16 mar 2006

Finde de viaxe e Selección Galega.

Namentres moitos aproveitarán estes días de fin de semana para participares até en 4 probas nós imos de 'tourneé' por terras manchegas e valencianas.

Cecais é o que preciso para deixar atrás esta 'seca' de corretear. Cecais é este forte adianto da primaveira para os alérxicos o que me tiña nun 'bioritmo baixo' xa o verei á volta.

Esta fin de seman dispútase o campionato de España de duatlón por autonomías e na selección galega hai 2 dezans; os amigos Emilio Montilla e Xavier Nercellas tra-la boa actuación no IV duatlon de Santiago o pasado día 4 (Emilio 2º e Xavi 4º)



Desexolle moita sorte a tod@s.

11 mar 2006

Galiza Potencia Mundial de Triatlón

A volta de Xabier Gomez Noya á competición e as súas actuacions tanto a nivel local como internacional son a mellor resposta ás dúbidas sobor da súa saude.

No triatlon de Xordania celebrado en Aquaba o Ferrolán quedou segundo (por só 3 segundos) e Ivan Raña quedou sexto poñendo o nome de Galiza no mais alto desta disciplina deportiva.

Desmostrada queda a miña curteza de visión ó pensares que Xabier competiría esta fin de seman no IV duatlon de Santiago ou no autonómico.

foto vieiros foto e artigo vieiros.

Os que non estiveron curtos de miras desta volta foron as autoridades deportivas do pais que dende hai unhas semans anunciaron que o incluiran no programa Galiza - Pekin. E de esperar que non se poñan a face-las estupidas contas das medallas a conquerir...

Edición 11/03/2006

O mais bó do asunto é que na entrevista (en directo) que ofreceu hoxe na TVG -progrma 'en xogo'- Xabier dixo "ainda non estou ó cento por cento"... Ahi lles doe.

9 mar 2006

Lama e auga...

Non cesa esta molestia e xa teño mais que claro que a VIG-BAY vai ser un paseo... Na mentres fago o que non me molesta: Bici de Montaña (se mellorase o tempo collería a de carreiras) e 'chapotear'.

Por riba semella que hai unha alianza para por carreiras ás que non podo acudires: así o fin de seman das fallas pois hai 4 probas (mais o Duatlon de Allaríz) mentres que este 1: O cross de San Miguel de Oia (Vigo). Xa se ve que é o outono o meu tempo para correr.

Xavier Gomez Noya voltou á competición arrasando en Meira e agora tócalle unha dupla en Compostela co IV duatlon cidade de santiago e o campionato de españa por autonomías... Espero que Xabi Ner e Emilio Montilla tamén estén presentes.

Cando correra en Ferreirua xa vos Falara das boas formas que apuntaba Xulio Canda; agora estase confirmando nos duatlhons coido que vai se-lo primeiro deportista da recen estreada sección de triatlon do C.N. Olimpia Lalín que conquira cousas importántes. Ánimo.

3 mar 2006

Mais Paciencia

Dempois de pasar un Entroidazo de medo non era de agardar outra cousa... Sego coa sobrecarga (estiven unha semana sen correr pero NON de reposo); polo menos fun nadar en boa compaña. E, o que é peor, noteime moi lento... Agardar para sufrir.

Campionato Galego de Corta Mato

Reapareceu (para min) Pedro Nimo cunha espectacular actuación no impracticabel circuito de Narón (segundo quen estivo alí). Sego a pensar que a presenza de "vellas glorias" no escalafón non é bon síntoma da forza dunha estructura atlética.

Resumo de prensa.