Mostrando entradas con la etiqueta Resumos mensuais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Resumos mensuais. Mostrar todas las entradas

31 jul 2026

O Xullo dos mil obxectivos entre fume.

 

Pois ainda custou mais acadei as cifras que agardaba.

Chapoteo 31,3 km

Pedaleo 1021,8 km e 12421 de ascenso cunha dureza de 12,16 mts/km.

Estou contento porque probei varios roteiros que tiña no maxín e metín outros na cachola para vindeiras ocasions. Os días xa van minguando, non importa seguimos mentras teñamos forza e as condicions o permitan. 

30 jun 2026

Xuño atascado en Obras.

 

Non é que xuño me cansara moito... foi mais ben que me fartei de esperas...

Chapoteo 32,45

 Pedaleo 527,77 Desnivel positivo 6340 Dureza 11,07

 

31 may 2026

Maio morrer na beira.

 Non me queixo mais Maio foi de morrer na beira; non acacei os mínimos establecidos para o mes mais non me queixo porque a semana e pico de vacacions tiña que deixar este rastro.

 Chapoteo: 30,25 km

Pedaleo: 565,09 km 6371 mts de desnivel 11,27 de "dureza".

Debera estar mais que satisfeito porén, puiden ter feito mais senon for polo frio a mediados me mes.  

30 abr 2026

Abril das circunstancias.

 


Non me debo queixar porén sempre se pode facer mellor mais con 58 anos nin tan mal.

Chapotear 32,95 km

Pedalear 544 km, ascensión 5991 mts dureza 11,01. 

31 mar 2026

Lidiando marzo con Xeito.


 Xa sabedes que tiven un "encontro" cunha vaca vai 2 anos... esta vez pouco lle faltou.

Unha vaca novo co seu cuxiño me sairon ó paso subindo ó castelo de Cornatel... librei porque apretei antes de que a nai me mirase.

 Chapoteo: 34,3 Km.

Pedalear: 507,95 km, ascensión 5578mts. Dureza: 10,98. 

1 mar 2026

Febreiro con retardo.

 


Agardando pola foto esquecin de face-la entrada do mes

Chapotear: 29,15 km

Pedalear: 255,34 km 2675 mts de ascenso, dureza 10,48.

Xa sairon as flores mais ó inverno aínda lle quedan cousas por decir. 

31 ene 2026

A auga de xaneiro


 Foi un mes mollado... e ainda así puiden cumprir obxectivos.

Chapotear 33,75 km

Pedalear: 150,26 km 1367 mts de subida. Dureza: 9,10 

 

31 dic 2025

O resumo do 25

O 2025 tería que ter sido o ano do proxecto lindes mais os lumes de agosto me deixaron moi tocado animicamente e me "apaguei" en Outubro... polo de agora desa idea vos deixo este mapa.


Aínda así conquerín acada-los 5000 km pedaleados por terceiro ano consecutivo cunha "dureza" de 11,10 mts/km. 

Na auga cumprin con sobra o obxectivo dos 365 km... supoño que podo decir que nadei nas bágoas da destrucción.

En fin, non foi un ano "perdido" ainda que sí se perdeu moito transformado en lume.

Que collamos 2026 con forza e podamos teimar en manternos activos e disfrutando de facer o que nos gusta sen perxudicar a ninguén.

Decembro non se deu mal malía que lle collín medo á brétema e cecais non sain tanto na bici como houbera podido.

Chapotear 30,15 km

Pedalear 176,7 km  

  

 

1 nov 2025

Outubro viaxeiro.

 

COSTE DE OPORTUNIDADE.

Facer unhas cousas implica deixar de facer outras; desta volta viaxamos á China e tocou pasar a "modo reserva" e por riba se priorizas un obxectivo pois outras actividades vanse ó traste.

Así pois este outubro non pedaleei case nada (55,09 km) subindo 678 mts (dureza 12,30) así os 5000 km anuais semellan imposibles.

En troques acadei 21,15 km o que mantén as posibilidades de acada-los 365 km no ano...

Xa se verá. 

1 oct 2025

Septembro sen tractores

Non foi do todo mal este mes vindo do baixon de agosto, ainda afectado animicamente decidín explora-los restos da calamidade...

E logo afrontei a triste historia de buscar tractores que adiantar... e que ou non os hai ou saen pola tarde. 

O feito: 

Chapotear: 34,55 km 

Pedalear: 522,7 km ascensión 5298 mts (en Strava faltan 1410 de dúas saídas nos que fallou). Dureza: 10,14. 

 Manteño intactos os obxectivos anuais malia todo porén o difícil virá a final de mes, mentras tanto tratar de aproveitar. 

31 ago 2025

Duas lindes e unha (inmensa) tristura.

Na linde do Selmo 2/8/25 
 
Na Linde do Acebo 8/8/25 

 

Pois iso. Ata o día 8 seguín dando pedais xa con mais gañas que forzas poren disfrutando e imaxinando novas "aventuras" nas que retar a este corpo vello... mais chegou a hidra das mil cabezas do lume, e o bierzo se convertiu nun Mordor de fume e contaminación que amargou a estadía do noso neto... e non sain mais. Aínda menos mal que como a piscina cuberta funcionaba fun quen de completa-lo obxectivo do mes.

Chapotear: 31,25 km.

Pedalear: 325,44 km e 5034 mts (dureza 15,47).

Agora a ver si son quen de mante-lo ritmo na auga e de acada-los 5000 km no ano... porque teño medo de sair na bici e non pola forma física senon por medo ó que vou a atopar. 

Postdata: 31/8/25 21h.

Pola tarde fixen caso ó corazón e fun ver cómo estaban os "pais da patria"... así que engadín 52,54 km e 456 mts de ascenso.

Os castiñeiros están a salvo desta volta grazas ás brigadas e á xente voluntaria; ogallá agoran fagan auténtica prevención e dispoñan ben os medios para que o "monumento natural" non se queime.


 

 

31 jul 2025

Xullo a mil.


 Ter un bó momento e saber aproveitalo; eso foi este mes de Xullo.

Teño 57 anos e fago cousas que non facía con 25... claro que os ritmos non son os mesmos mais... que me quiten o feito.

 Pedalear: 1065,1 km ascensión 12155 mts (estimando 1299 mts o día 29/7 que non funcionou o strava). Dureza 11,41.

Chapotear: 32,6 km Ritmos moi lentos na piscina de 50 mts (2:11/100 mts o mais rápido).

 Nin tan mal 

30 jun 2025

O mes completo non exis.... Xuño completo.

Un ano dempois do "evento costela" non me podo queixar, aquelo deixou unha secuela importante... xa non me poño de pés tanto na bici, vou mais rodado e se nota.

Acadei bós rexistros e completei bastantes km mais dos que pensaba e disfrutanto de boas sensacions. 

Pedaleo: 703,8 km Ascenso 7583mts Dureza:10,77

Chapoteo: 32,11 km 

31 may 2025

Maio superando as espectativas e lamentando as circunstancias.

 Non me vou queixar porque acadei mais do que planeaba mais dadas as sensacions a "parada por necesidades de coidados" da derradeira semana quitou que esto fose aínda mellor... 

 Pedalear: 614,4 km mts ascensión 6985 dureza: 11,37

Chapotear: 33,55 km

 Xa vou nas cifras do ano pasado na bici e moi por riba chapoteando.

A ver si son quen de aproveitar os 3 meses "secos"... ou o que sexa. 

1 may 2025

Condensando Abril

 

Este ano Abril foi cousa "condensada". Para nadar tivemos a condensación por mor do calendario pois había festivos polo medio e unha viaxe. Para a bici engadiuse bastante choiva como corresponde ó mes; ainda e todo nen tan mal... Ou qué?

Chapoteo 32,65 km

Pedaleo: 446 km e 4911 metros de ascenso dureza 11,01

 

31 mar 2025

Tocar fondo con xeito


 Pois este mes me viñen abaixo definitivamente mais vou remontando... semella que tiven unha sinusite que ten precisado tratamento.

 Chapoteo 32,15 km con rendementos irregulares.

Pedaleo 344,8 km e 3583 mts de ascensión. Dureza: 10,39. 

Rescatei o mes na derradeira semana mais ainda así quedei a 90 km do mesmo mes de 2024.

 

31 ene 2025

Xaneiro como nunca.


 Pois si; este Xaneiro non ten paragón na miña historia persoal.

Chapotear: 34 km (novo rexistro persoal nun mes).

Pedalear: 261,5 km 2867mts de ascenso (dureza 10,96). E unha sesión de Rodillo 51'Fec media 128 lat/min.

Nadando moi boas sensacions salvo un día que fun a 2:07 o resto das veces entre 2:04 e 1:59.

Pedaleando acumulei marcas persoais (modestas pero miñas) ata hoxe mesmo que fixen doblete (2º día deste mes).

Non sei como será o resto do ano pero non me queixo para nada.



31 dic 2024

2024 resiliente.


 2024 un lugar para resistir.

Decembro: Chapoteo 29,35 km Pedaleo: 369 km (3978 positivos).

Baixo esa árbore estaba a vaca que se asustou e me fixo caer... unha costela rota e unha luxación no hombreiro foron o prezo, 35 días de baixa (algo mais de inactividade) semellaba que 2024 deixaría unha marca tan grande como 2020 nos meus rexistros... mais pouco a pouco fun recobrando terreo e aínda que baixei as cifras non foi tanto.

Chapoteo: 274,4 km (-10,52%) principalmente porque no verán non fun quen de ir ó mar.

Pedaleo: 5022,18 km (-1,32%) 49963 mts positivos (-8,37%) dureza 9,95 Nin tan mal.

Nos derradeiros 2 meses fixen moitos mais kilómetros dos previstos en con mais desnivel e mellores marcas que nos anteriores 3 meses... 

A 2025 só lle pido sorte e mais resiliencia.



30 nov 2024

Novembro completo

 Non foi un mal mes, conseguin superar-los obxectivos e por moito e con momentos de gran satisfacción como esta do 29/11...



Non é gran cousa mais é o meu esforzo.

Pedalear: 419,8 km ascensión 4168 mts dureza: 9,92 O Novembro con mais Km en bici de tódolos 57 da miña vida.

Chapotear: 32,5 km o mes con mais km nadados dende que teño rexistro.


1 nov 2024

Nen dobrando acado obxectivos

As circunstancias mandan e non vai ser menos a dunha viaxe coa familia e un peche inesperado da piscina (2 semanas)... malia a facer dúas dobraxes non puiden acadar de todo os obxectivos.

Pedaleo: 401,98km desnivel positivo 3.905mts "dureza": 9,71 mts/km

Chapoteo: 19,3 km 

Agora podo subi-la natación ó Strava mais no resumo non me deixa separar as actividades por tipo.